/RESULTADOS DAS LIGAS GALEGAS, 2ª XORNADA.

RESULTADOS DAS LIGAS GALEGAS, 2ª XORNADA.


  A xornada do fin de semana comezou o sábado, no Pavillón do Instituto enfrontábanse a partir das 10:30 os equipos cadetes da 2ª División CV Zalaeta e Voley Dumbría, dirixidos pola colexiada Laura Lago.
  Ambos os equipos protagonizaron un entretido encontro con alternancia no marcador e no que foi necesario un quinto set para romper a igualdade. Aínda que o primeiro set foi para as do Instituto que se impuxeron comodamente, a reacción de Dumbría producíase no segundo, dominado de principio a fin cunha ampla vantaxe. A partir de aquí a igualdade marcou o encontro, un set para cada formación propiciou a disputa dos puntos  a un quinto set en que se impuxo Zalaeta cun apertado marcador: 3-2, con parciais: 25-17; 12-25; 25-20; 21-25 e 16-14.
  Con este resultado o Zalaeta sitúase co grupo de cabeza, 5 equipos empatados a puntos, nunha categoría que comeza con moita igualdade, na que as diferenzas na clasificación son escasas.
  Por CV Zalaeta foron convocadas pola adestradora Raquel Rey: Andrea Rial, Marina Dans, María Orro, Castro, Blanca Orro, Íria Pérez, Salam Fernández, Noelia Carballal, Inés Rúa, Cata López, Lucía Vendrell e Bea Rodriguez.

  A continuación enfrontábanse os equipos de 1ª Div. Infantil CV Zalaeta e Fontán Álvarez X. Teis nun partido de clara cor visitante. Comezaron as pupilas de Rodolfo Lago adiantándose no marcador para esperar a reacción local no segundo set, no que se impuxeron con boa actitude e un bo xogo. Pero no terceiro e cuarto os nervios provocaron imprecisións que Teis non pasou por alto e impúxose cun folgado marcador: 3-1 con parciais: 19-25; 25-18; 11-25 e 17-25.
  Foron convocadas pola adestradora Cristina as seguintes xogadoras: Caludia Carreja, Icía  Álvarez, Alma Carballeira, Lucía Alonso, Eva Jáudenes, Marga Távara, Íria González, Lidia Mareque,Laura Alvedro, Paula Torres, Alba Otero e Andrea Alonso
  Frouxo comezo do Zalaeta nun período de adaptación á categoría, no que polo xogo realizado en distintas fases do partido, deixan pensar nuha mellora, que sen dúbida chegará con adestramento e mais partidos.

  O domingo recibiamos a visita do Boiro Voleibol, que desprazaba a Coruña os equipos de 1ª Div Senior e 1ª Div Xuvenil.

  Ás 10:30 comezaba o partido de 1ª Div Senior dirixido polos colexiados Herrero e Suárez no Pavillón do Instituto. Encontro moi disputado  que empezaban gañando as locais o primeiro set para verse superadas polas do Jealsa Boiro Voleibol nos dous seguintes, nos que presentaron o seu mellor cara e ante a falta de acerto das xogadoras coruñesas. Foi necesario un cambio de actitude do conxunto local para facer posible a remontada, e en dous vibrantes sets o Autos Cancela Zalaeta impúxose claramente e con bo xogo ao Jealsa por 3-2 cos seguintes parciais: 25-18; 21-25; 21-25; 25-16 e 15-7. Resultado que lle sirve para colocarse nuha cómoda terceira posición.
  As xogadoras convocadas por Tania Cobos foron as seguintes: Sara Amarelle, Paula Lema, Xiana Rivas, Noemí Vázquez, Cristal Paz, Ana Calvo, Ana Verao, Valentina Dorta, Laura Vázquez, Raquel Rey, Inés Rivas e Nerea Tabeayo.

  Ás 12:30 comezaba o partido de 1ª Div Xuvenil tamén entre o Autos Cancela Zalaeta e o Jealsa Boiro Voleibol
  Resolveuse con vitoria local nun partido de claro dominio do Zalaeta que se adiantaba no marcador gañando os dous primeiros sets para caer no terceiro vítimas da falta de concentración e o exceso de confianza, situación que soubo aproveitar ben desde a banda o adestrador Andrés Martínez dirixindo un equipo moi novo en busca de experiencia e de partidos na categoría. No cuarto, de novo o Zalaeta toma o control e finaliza pola vía rápida e levándose os puntos cun resultado de 3-1 con parciais: 25-15; 25-18; 16-25 e 25-9. Esta vitoria permítelle ao equipo local situarse na 4ª praza sen perder de vista a cabeza da clasificación.  
  O equipo do Autos Cancela Zalaeta estivo formado nesta ocasión por: Raquel Rey, Paula Lema, Mariña Albaiceta, Valentina Dorta, Laura Vázquez, Inés Rivas, Nerea Tabeayo, Paula Rey, María Romeu, Ana Verao e Ana Calvo.

TAGS: