/RGC COVADONGA 3 CV ZALAETA 2

RGC COVADONGA 3 CV ZALAETA 2

 Primeiro desprazamento da tempada e primeiro encontro de preparación ante o Grupo Covadonga en Gijón na mañá de hoxe domingo.
  Dous equipos coñecidos, ambos os dous de SF2, enfrontábanse esta mañá coincidindo co aniversario do RGC Covadonga, no que era o primeiro partido de pretempada, a primeira toma de contacto co volei en pista despois das vacacións.

 O
equipo local impúxose no quinto set cos seguintes parciais: 22-25;
25-18; 25-21; 20-25 e 15-10, nun partido totalmente de pretempada, no
que ambos os dous mostraron a falta de ritmo de competición e co que
tratan de seguir avanzando na súa preparación. É o típico partido de
adestradores, no que deciden cuestións tácticas e realizan cambios e
probas, alquimia deportiva.
 Jorge Barrero convocou as seguintes xogadoras: Cristina G. Bermejo, Patricia Santos, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Tania Cobos, Irene Vázquez, Sofía Hidalgo, Noa Sánchez, Alba Quirós e Paula Castro.
 Adiantáronse no marcador as coruñesas para verse superadas nos dous seguintes, empatan no cuarto e no tie break, as de Gijón adiántanse dende o comezo e cobran unha diferenza que o CV Zalaeta non pode contrarrestar a pesar de intentalo. Alternancia no marcador é a mellor definición do visto esta mañá no Braulio García,
non houbo grandes diferenzas entre os dous conxuntos, que intentaron
realizar un bo partido pero que aínda acusan falta de rodaxe.
Por parte das do Instituto, mencionar o debut co primeiro equipo da xuvenil Paula Castro, que procedente de Calasancias Coruña, realiza a súa primeira tempada co Zalaeta.
 “Primeira toma de contacto desta tempada 2015/2016, unha saída esta vez contra o RGC de Gijón, equipo que quedou na zona nobre da liga o curso pasado.
  Derrota
3-2 que como todo partido de pretempada é difícil de valorar xa que non
buscas o resultado senón que o equipo se vaia rodando e as
novas formulacións váianse plasmando no campo. Como era de prever este ano coa baixa de Lydia, perdemos un referente en ataque polo que a responsabilidade na faceta ofensiva repártese máis aínda. 
  Destacar o debut co equipo senior, da xuvenil Paula recén chegada esta tempada ao club. Dentro de duas semanas teremos outra toma de contacto en Valladolid nun torneo no cal poderemos ir sacando xa algunha conclusión”.
F. Cueto