/RESULTADOS DAS LIGAS GALEGAS

RESULTADOS DAS LIGAS GALEGAS

  Onte sábado recibimos a visita do Dompa Gestión de Ourense para xogar os partidos correspondentes á xornada n.º 21 tanto de 2ª Div A coma de Liga Galega de Juveniles.
  En horario pouco habitual, ás 14:30, comezaba no Barrio das Flores o encontro de xuvenís, que dirixido polos colexiados Natalia Díaz e Alfonso Ares e cunha duración de 50 m finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 6-25; 3-25 y 8-25. Adestradores, local D. Hermida e visitante Fernández.
 AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea Rivas, Paula Lema, Susana Suarez, Noemí Vázquez, Ana Calvo, Raquel Rey, Lydia Alonso, Inés Rivas e Nerea Tabeayo.

DOMPA XESTIÓN: Santos, Cortiñas, Rei, Saco, Currás, Vázquez, Freire e Jimenez.

  Partido
de neta superioridade local no tramo final de Liga regular ante un equipo moi xoven, que serven
para sumar os puntos en xogo e continuar en 2ª posición empatado a
puntos co primeiro clasificado. Próxima xornada, desprazamento a Lugo para xogar no EMEVE, partido que decidirá a clasificación final toda vez que o Voley Ourense xoga na casa e é de esperar que non cederá a primeira posición, e o Teis, cuarto, aínda gañando o seu partido non ten opción de escalar ningunha posición.
 
……………………………………………………………………………………………………………………………………………..

  A continuación xogábase o partido de 2ª Div A, que dirixido polos colexiados A. Ares e N. Díaz finalizou cun resultado de 3-0 e con parciais: 25-13; 25-10 e 25-10.entrenadores, local Hermida e visitante Fernández.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea, Paula, Noemí V., Ana C., Raquel, Lydia A., Inés, Nerea, Ana F., e Noemí G.

DOMPA XESTIÓN: González, Chao, Santos, Cortiñas, Rei, Saco, Currás e Vázquez.

 Con esta suma 13 vitorias o
equipo do Instituto, e sérvelle para continuar nunha cómoda terceira
posición, onde non está ao alcance do cuarto nin ten tiro ao segundo.
Próxima xornada para pechar a Liga Regular, desprazamento a Lugo para xogar ante o EMEVE.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

  Tamén xogaron o sábado as Cadetes do C. I. Zalaeta A, que tiveron a xornada final da 2ª Fase. Na Casa do Deporte de Lugo, enfrontáronse pola mañá ao EMEVE Voleibol Lugo ao que derrotaron, non sin dificultades, por 3-0 con parciais 25-23; 25-18 y 25-23.
  Pola tarde obtiveron a segunda vitoria do día ante o CV Narón Volea,
nesta ocasión moi axustada e con remontada de ambos os dous equipos ao
longo do partido que se solucionou a favor das xogadoras de Mery no quinto set que as do Instituto pecharon claramente: 15-25; 25-16; 25-12; 15-25 y 6-15.
 Con estes excelentes resutados
confirman a segunda posición, que lles dá o pase á seguinte rolda na
que se enfrontarán ao 10º clasificado da Liga Galega de Cadetes, o X.A.V. Cambados.
………………………………………………………………………………………………..

  A Liga Galega Infantil celebrou hoxe a súa xornada nº21 que enfrontaba os equipos C. I. Zalaeta e Calasancias Coruña. Ás 17:30 comezaba o encontro no Pavillón do Instituto dirixido polo colexiado FL Barrallo, que cunha duración de 01 h 48 m finalizou cun resultado de 3-1 e parciais: 25-23; 24-26; 25-11 y 25-20. Adestradores, local Cristina e Andrea e visitante Carracedo.

C. I. ZALAETA: Claudia, Lucía, Inés, Alma, Paula, Noelia, Ainhoa e Íria.

CALASANCIAS CORUÑA: De La Rocha, Buján, Otero, Sánchez, Merelas, Paz, San Miguel, Suarez, Pena, Otero, Álvarez e Pisos.

 Bo partido e emocionante o que
presenciamos esta tarde no Instituto. No primeiro set impúxose o equipo
local, que despois dun mal comezo foi collendo confianza pouco a pouco
ata lograr superar o rival no marcador nunha boa remontada. O segundo
parcial é parecido ao primeiro, o Calasancias non se entrega e busca o empate que logra nun apertado final. Unha boa saída no comezo do terceiro set permite ás xogadoras de Cristina logar unhas diferenzas importantes que se volven imposibles de superar para as Calasancias,
poñendo así o 2-1 coa maior diferenza do partido. Ímonos ao cuarto, as
do Instituto tiñan claro que non tiñan que deixar pasar a oportunidade e
pechar o encontro, e o partido volve ser como nos primeiros sets,
igualdade e bo xogo por ambos os dous contendentes ata que finalmente se
distancia o Zalaeta e cun 25-20 finaliza o partido: 3-1.
 Bo xogo do Zalaeta
que ao final de Liga vai recollendo os resultados dos adestramentos de
toda a tempada e chega ao final da Liga callando os mellores encontros.

TAGS: