/SF2: FISIOMÁSZALAETA 3 REDPISO TORREJÓN 0

SF2: FISIOMÁSZALAETA 3 REDPISO TORREJÓN 0

  Xogábase hoxe domingo o partido de SF2 que fora aprazado no seu día, entre o RedPiso Torrejón e o FisiomásZalaeta. Ás 12:00 comezaba no Barrio dirixido polos colexiados Pidal Otero e Liste Salvado, e cunha duración de 01 h 06 m, finalizou cun resultado de 3-0, con parciais: 25-17; 25-13 y 25-22. Adestradores, local Jorge Barrero e Sánchez Abruñedo, e visitante Canales de la Hoz e Oscar Martín.

  FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Lamas, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.

  REDPISO TORREJÓN: Claudia Maestri, Guadalupe Carrasco, Sonia García, Andrea García, María Revilla, Soledad Balda, Paula Álvarez, Andrea Ochoa, Elena Alberca, Laura García, Claudia Santiesteban e Catherine Da Silva.
  O Zalaeta venceu o Torrejón nun partido doado, nunha xornada de dous partidos na que as visitantes viñan de xogar en Teis
e acusaron o cansazo do seu partido anterior. As coruñesas comezaron
por diante no marcador, cun parcial de 8-2, e sen dar opción ao rival
leváronse os dous primeiros sets comodamente, e foi no terceiro no que
se produciu a reacción das madrileñas, sendo o set no que menores foron
as diferenzas e máis axustado o marcador.
  Non era un equipo de fiar para Jorge Barrero
“están a xogar ben, aínda que non lles favorecen os resultados, na súa
casa gañamos por 3-1, pero non foi un partido doado. O factor cancha foi
fundamental para nós, ao xogar na casa non tiñamos desprazamento, e
elas viñan de xogar cun rival directo en Teis. Xogamos ben, na liña dos nosos últimos partidos, moi centradas, e puidemos darlle entrada a todas as nosas xogadoras. “

  Unha vez máis a central xuvenil Lydia Alonso máxima anotadora do encontro con 17 puntos, 4 bloqueos e 2 puntos directos de saque, convértese así na protagonista do Zalaeta
no fin de semana, alcanzando ademais a primeira posición na
Clasificación por Bloqueo, con 41 bloqueos e un coeficiente de 0,89.  
Séguelle como anotadora, Chey con 8 puntos, 2 de saque. Por parte de Torrejón, máxima anotadora Catherine da Silva con 12 puntos.
  Seis puntos nunha dobre
xornada de fin de semana é un rédito excelente, tendo en conta que tres
deles foron a conta do líder, o que provoca maior presión na cabeza da
clasificación, na que o FisiomásZalaeta
ocupa a terceira praza, comodamente, e dependería para escalar postos,
dos seus resultados e tamén do que fagan os dous primeiros equipos.
 “Partido aprazado correspondente á primeira xornada da segunda volta era o xogado hoxe no Barrio das Flores, ante un CV Torrejón
que se mostrou menos correúdo que no encontro de ida, e que só puxo en
aperto ás locais no terceiro set do partido. Un 3-0 claro ao noso favor,
que nos volve dar outro fin de semana de 6 puntos, e no que poñemos máis
terra a medias cos nosos perseguidores que agora mesmo son o Feel Voley Alcobendas, que será o noso próximo rival dentro de dúas semanas, e o CAEP Soria, que caeu derrotado hai dúas semanas en Coruña, ambos os dous equipos con 25 puntos, aos que avantaxamos en 8 puntos a falta de 4 xornadas para a conclusión da liga.
Polo que respecta ao partido de hoxe, no que interviñeron todas as
xogadoras, aproveitando todas os minutos dos que dispuxeron, podemos
destacar o traballo das centrais en ataque, que foi a faceta onde máis
puntos logramos facer.
O fin de semana que vén toca parón pola
Superliga Júnior que este ano marcha ata Gran Canarias despois de gozala
o ano pasado en Coruña e
vénsenos xa a recta final da tempada, con 4 partidos, dous na casa e
dous fora antes de concluír unha liga que se apertou máis na parte alta
da clasificación grazas a un gran fin de semana das nosas. “
  Resumo de F. Cueto. 
…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

 

 Xornada n.º 16 da Liga Galega Xuvenil na que o Autos Cancela Zalaeta se enfrontou ao CV Santiago no Pavillón do Instituto. Ás 17:00 daba comezo o encontro dirixido polos colexiados A. Suarez e M. Folgar, e cunha duración de 01 h, finalizaba cun resultado de 3-0 con parciais: 25-10; 25-19 y 25-20. Adestradores, local D. Hermida e visitante Zas.

 AUTOS CANCELA ZALAETA: Susana, Paula, Inés, Nerea, Ana C., Raquel, Noemí e Lidia G.

 C V SANTIAGO: Nogareda, Corrales, Suarez, Mariño, Soto, Alvite I., Alvite T., Varela A., Mohamed e Varela T.

  Partido sen complicacións para o Zalaeta
ante un equipo do medio da táboa, que comezou decidido a finalizar
levándose os puntos e realizou no primeiro o seu mellor set do partido
obtendo a maior vantaxe. A partir de aquí, as do Instituto fóronse
acomodando e baixaron o ritmo á medida que o rival xa máis centrado,
melloraba o seu xogo e apertaba mais os marcadores.
  Segue sumando o equipo de David Hermida,
condición necesaria para mandar na clasificación, nunha xornada na que
todos os equipos de cabeza venceron os seus partidos polo mesmo
resultado: 3-0.