/SF2: FISIOMÁSZALAETA 3 CV TORRELAVEGA 1

SF2: FISIOMÁSZALAETA 3 CV TORRELAVEGA 1

  Nova vitoria do Zalaeta, no seu feudo do Barrio das Flores, nesta ocasión ante o líder, o C V Torrelavega.

   O encontro de SF2 comezaba ás 19:00 dirixido polos colexiados P. Pidal, JR Baña e N. Díaz, e cunha duración de 01 h 37 m, finalizou cun resultado de 3-1, con parciais: 25-19; 26-24; 14-25 y 25-20. Adestradores, local Jorge Barrero e Sánchez Abruñedo e visitante Rio Canosa e Piquet.

  FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Lamas, Andea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.


  CV TORRELAVEGA: María Segovia, Ana González, Alba Salazar, Aida Illerías, Ángela Becerril, Cristina S. Cañizo, Aroa Sánchez, Noelia Neila, Lidia Dacuiña, Laura Soto, Isabel Igusquiza e Cristina Hermoso.
  O primeiro set comezou con
igualdade nos primeiros puntos ata que as locais foron abrindo oco para
poñer sen ningún tipo de dúbidas o 1-0 no marcador.       
  Parecía doado, o Zalaeta xogaba ben e con tranquilidade e o Torrelavega cometía erros, dubidaba. No segundo set de novo as de J.
Barrero adiántanse no marcador, ata que a partir do segundo parcial a
reacción das cántabras as pon por diante, buscaban o empate, pero o Zalaeta
demostrou que quería a vitoria e moi centradas as xogadoras remontaron
na parte final do set para pechalo favorablemente cun apertado 26-24.
Insisten as xogadoras de Alex Río, e no
terceiro fan o seu mellor set, sen dar o partido por perdido, logran a
maior diferenza nun set, 14-25. Movemento no banco local e a esperar
unha mellor oportunidade, que chegará no cuarto set, no que o Zalaeta
se adianta dende o principio para pasar apuros no último parcial, no
que lles custa saír do punto 21, e deixan a remontada ás de Torrelavega, que recortan diferenzas, pero finalmente as coruñesas son capaces de pechar o set: 25-20.
 Bon ambiente no Barrio das Flores, e importante resultado o obtido polo Zalaeta ante o Torrelavega
que lle permite continuar imbatido na casa, e seguir na táboa con esa
vantaxe de 5 puntos sobre o cuarto clasificado, comodamente na terceira
praza, á espera do partido desta mañá ante o Torrejón, que onte perdeu, pero deu a cara en Teis: 3-2.
 Lydia Alonso, máxima anotadora do encontro con 15 puntos, 4 bloqueos,seguida de Rocío, con 11 e Alba 10 puntos. Por Torrelavega, máximas anotadoras Ángela Becerril e Aroa Sánchez ambas as dúas con 12 puntos.
 Foron baixa para este partido, Sara Díaz que continúa a súa recuperación e Teresa Álvarez por unha lesión nunha man.
“Era un dos partidos da parte alta da táboa deste grupo A
da Superliga 2. Chegaba o equipo líder da competición ao Barrio das
Flores, e o ambiente vivido no pavillón estivo á altura do encontro ante
un equipo, o CV Torrelavega, que ata entón, só caera en ante o Figaro Haris Tenerife e hoxe caeu por segunda vez na liga no polideportivo coruñés.
Foi
un partido que o levou quen mellor xogou o saque, anulando as opcións
do contrario. Os tres set que gañamos sempre fomos por diante, con
vantaxes máis ou menos cómodas, salvo o 2º no cal deixamos escapar unha
gran diferenza conseguida inicialmente, e estivemos por debaixo no
marcador escasos instantes ata que unha inspirada Sheyla dende o saque nos sacou do apuro.
No primeiro e no terceiro a tónica foi
moi similar, conseguir unha vantaxe xenerosa antes do primeiro tempo
técnico e sabela administrar ao longo do set, traballando ben o complexo
bloque-defensa, o cal nos resultou máis doado debido ao acerto no saque
que nos acompañou todo o encontro.
No correspondente á puntuación,
destacar que as tres xuvenís se encontran entre as 4 máximas anotadoras
do equipo. Como conclusión, encontrámonos un equipo, o CV Torrelavega,
que quizais non foi capaz de desenvolver todo o xogo ao que está afeito
e que soubemos anular. Mañá ás 12 un interesante duelo ante un conxunto
ao que os resultados non  acompañan para o xogo que demostra xornada
tras xornada. “

 Resumo F. Cueto.
…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

2ª DIV A

  Previo ao partido de SF2 xogouse no Barrio o correspondente á xornada n.º 16 de 2ª Div A entre o Autos Cancela Zalaeta e o X.A.V. Cambados, que comezaba ás 16:00 dirixido polos colexiados JR Baña e Natalia Díaz, e que cunha duración de 01 h finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-11; 25-15 y 25-13. Adestradores, local Tania Cobos e visitante Oubiña.

 AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara, Paula, Elena, Ana F., Nerea, Inés, Noemí, Susana, Ana C., Raquel e Lidia G.

 X.A.V. CAMBADOS: Oubiña, Alfonso, Barreiro, Charlín, Cortegoso, Gómez, Prado, Vila e Silva.

 Partido de dominio local no que se impuxeron comodamente as xogadoras de Tania
ante un rival co que hai diferenza na clasificación, que fixo o seu
partido, pero que en ningún momento puxo obxección á vitoria local.
 Dous
novos puntos para manterse na terceira praza cando chega unha próxima
xornada de descanso.