/DESPRAZAMENTO A BOIRO.

DESPRAZAMENTO A BOIRO.

  Desprazamento a Boiro do Autos Cancela Zalaeta para xogar ante o Jealsa Boiro Voleibol o partido correspondente á xornada n.º 15 da Liga Galega Xuvenil. O encontro comezou ás 17:00 dirixido polos colexiados González, Vázquez e Blanco e cunha duración de 59 m, finalizou cun resultado de 0-3, con parciais: 12-25; 13-25 y 6-25. Adestradores, local Martínez e visitante D. Hermida.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL: Bugallo, Outeiral, Galbán, Novoa, Segade, Triñanes, Tubío, Vázquez, Gatbache, Oliveira, Moledo e Villar.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea, Paula, Alba, Noemí, Inés, Raquel, Ana, Susana, Nerea e Lidia.

  Partido doado para o Zalaeta
que se impuxo con facilidade ao equipo local,  e que serven para sumar
os puntos que lles permiten seguir mandando na clasificación á marxe
doutros resultados.

  A continuación xogouse o partido de 2ª Div A,
que dirixido polos mesmos colexiados e cunha duración de 01 h 10 m,
finalizou cun resultado de 0-3, con parciais: 18-25; 20-25 y 17-25.
Adestradores, local Igrexas e visitante D. Hermida.


JEALSA BOIRO VOLEIBOL: Díaz, Outeiral, Galbán, rivas, Martínez, Triñanes, Sampedro, Díaz, Pouso, Bugallo, Novoa e García.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara, Paula, Lydia A., Andrea, Inés, Nerea, susana, Alba, Noemí, Ana C. e Lidia
 
  O partido foi disputado, pero as coruñesas notaron a achega das xogadoras habituais de SF2, e o equipo de Hermida
definiu ben os sets sen dar oportunidade ás locais para impoñerse e
lograr uns puntos que lle permiten ao equipo do Instituto continuar sen
sobresaltos na terceira posición da táboa.

  Partido moi serio do equipo xuvenil como reflexa o marcador.
  Aproveitando el paron
de SF2 desprazáronse todas as xuvenís dispoñibles co obxectivo de
sumar minutos para a mellor compenetración do equipo xuvenil. A falta de
adestramentos conxuntos polos compromisos do equipo de superliga fai
que estás xornadas de descanso permítannos adestrar e competir con todas
as xogadoras. Ésto será moi importante de cara ao grande obxectivo marcado no campionato galego do mes de Abril.
  A formulación do dobre enfrontamento ante Boiro
era precisamente ese. O peso do partido xuvenil levaríano as xogadoras
que están a competir habitualmente na categoría e que seguen mantendo ao
equipo na cabeza da clasificación. No terceiro set estaba previsto dar
entrada ás xogadoras de superliga. Deste modo irían entrando en
competición para disputar o partido de segunda contra o equipo sénior de
Boiro, reforzadas ademais con Lydia Alonso e Sara Amarelle ( a capitá e única sénior desprazada).
  O partido xuvenil, sempre con dominio do Zalaeta,
foi ben resolto con saque regular e ben dirixido e unha recepción tamén
constante. No segundo set tivo que entrar antes do previsto Noemí en substitución de Raquel por lesión desta última. Pero os obxectivos marcados para o partido foron alcanzados.
  Xa no encontro de Segunda e ante un Boiro
que non deu el partido por perdido en ningún momento, disputáronse tres
sets nos que entraron as xuvenís non habituais coa intención de buscar
sensacións de xogo.
Xogouse coa intensidade necesaria para controlalo na maioría de momentos, soamente o comezo de segundo set no cal
as locais lograron un 8-1, houbo que pedir un tempo morto para esixir
máis concentración en recepción, que estivera funcionando bastante ben
ata este momento. Tras este tempo morto volvemos entrar no partido, e
cun parcial de 0-6 igualamos o marcador e a partir de aí sempre fomos
por diante.
  Conclusións positivas deste desprazamento.
   Bo traballo de todas as xogadoras e sensacións de ir facendo grupo de cara a futuros compromisos.
  Resumo de David Hermida.

 

Lidia Gudge

  
 A destacar que este fin de semana a FGVB convocaba en Noia unha Xornada de Adestramento
das categorías base, infantís e cadetes, con participación daquelas
xogadoras que son seguidas polos técnicos da Federación de cara a
conformar as seleccións galegas que no seu día xogarán a competicións
oficiais.
  Na concentración de Noia, á presenza dos adestradores Cristina G. Bermejo e Fernando Cueto, ambos os dous no organigrama do C.I Zalaeta, únense a colocadora infantil Claudia Carreja, e na categoría cadete a receptora do equipo xuvenil Lidia Gudge, despois de estar a realizar unha boa campaña no equipo que manda na clasificación da Liga Galega Xuvenil.
 


TAGS: