VER + FOTOS |
Dobre xornada a do fin de semana co partido adiantado desta mañá co
CAEP Soria aproveitando a súa visita a terras galegas. As sorianas viñan
de Vigo onde gañaran 3-0 ao Xuvenil, e polo tanto tamén era o seu
segundo partido en dous días. Bo ambiente no Barrio onde ás 12:00
comezaba o encontro dirixido polos colegiados Martín Rubín e José A.
Borrás e que finalizaba logo de 01h 12 m. cun resultado de 3-0 con
parciais: 25-16; 25-15 e 25-18. Adestradores, local Jorge Barrero e
Sánchez Abruñedo e visitante J. Miguel Serrato e Begoña Saenz.
FISIOMÁSZALAETA: Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene
Lamas, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez,
Tania Cobos, Lydis Alonso, Rocío Portela e Noa Sánchez.
CAEP SORIA: Cristina Pérez, Anna Grima, Andrea Martínez, Clara Barceló,
Paola Martínez, Emma Ordoñez, Ana Escamilla, Raquel Lázaro, Mireia
Alcón, Alejandra Olalla, Lucia Ballvé e Nuria Carmona.
Bo
partido das pupilas de Jorge Barrero que fan doblete este fin de semana
e suman para situarse cómodamente en terceira posición a distancia do
Feel Volley e do Grupo, inmediatos seguidores. O partido ante o CAEP é
unha xornada adiantada aproveitando o desprazamento das sorianas, o que
fai que coincidan o nº de partido xogados na táboa, pero a realidade é
que o FisiomásZalaeta ten un partido pendente co Torrejón, que se xogará
o próximo día 8 de febreiro, mentres a xornada do día 31 descánsase.
Moi centradas as coruñesas desde o comezo realizaron o seu partido sen
deixar que as xóvenes xogadoras da Concentración Permanente se atopásen a
gusto na cancha, “Boa defensa e ben a recepción permitiron un ataque
eficaz por todas as zonas, dinos Chisco Sánchez. Ben ao saque causando
problemas na recepción do rival, as nosas xogadoras atopáronse ben dominado o
marcador en todos os parciais para concluír coa segunda vitoria en dous
días”.
Rocío Durán máxima anotadora do partido con 13 puntos seguida de Alba e
Andrea con 9 puntos cada unha. Polo CAEP, Ana Escamilla con 11 puntos.
Mencionar o debú na presente liga de Oli Taibo, afastada das canchas ata agora por motivos laborais.
“Partido tranquilo o vivido hoxe no municipal do Barrio das Flores, no
que gañamos claramente a un CAEP Soria que chegaba á Coruña logo de endosarlle un 0-3 a Teis na súa casa.
Plantámonos ben na pista, xogando moi ben as nosas opcións de saque de cara a movernos ben en defensa ante un equipo que xoga
pelotas de ataque buscando ser superior aí por envergadura e potencia, e
non tanto por recursos técnicos na rede. Un dos resultados do dano que
estabamos facendo desde a liña de saque foi o feito de que as sorianas
estiveron todo o partido axustando a liña de recepción, axudándose da
oposta ou realizando cambios, algo que lles axudou, pero a nosa presión
foi superior nesa faceta.
Con isto controlado, e limitando así o seu ataque quedábanos un partido
no que para gañalo debiamos marcar nós o ritmo, e así o fixemos, con
saídas coas nosas centrais sempre que foi posible, e cun gran encontro
das nosas ás en ataque. Así puidemos estar máis tranquilas que no
partido da ida, e non vimos perigar o marcador en ningún momento, o que
nos mantén terceiras, a 5 puntos do noso inmediato perseguidor, e
abrindo unha brecha de 7 puntos tanto con Xixón como co CAEP”.
Resumo F. Cueto.