/FIGARO HARIS TENERIFE 3 FISIOMÁSZALAETA 0

FIGARO HARIS TENERIFE 3 FISIOMÁSZALAETA 0

VER + FOTOS

   Derrota do Zalaeta ante o Haris
por 3-0 no Islas Canarias de Tenerife. Ás 18:00, hora local, comezaba o
partido correspondente á xornada n.º 11 de SF2 e cunha duración de 01 h 15 m
finalizaba cun resultado de de 3-0 con parciais: 25-16; 25-12 y 26-24.

  FIGARO HARIS TENERIFE: Suarez, Carazo, Díaz, Ladygin, González, Hernández, Kvasnytsia, Naranjo, Meilán, Dubinina e Delgado.

   FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Lamas, Andrea Rivas, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán, e Noa Sánchez.

   Grande
ambiente nas bancadas, para homenaxear o equipo local no seu primeiro
partido na casa despois de proclamarse brillante vencedor da Copa Princesa, que levou en volandas ao Haris na súa vitoria ante as coruñesas.
Comeza o encontro coas tiñerfeñas dispostas a quedarse cos puntos e dominando o marcador e sen dar opcións ao Zalaeta
lévanse o primeiro set para encarar o segundo logrando a maior
diferenza do partido, 25-12, ante un rival que non acerta a encontrarse
na cancha, que comete erros e non está ben en recepción, o que lle
complica as cousas. Buscando o equilibrio no marcador o adestrador Jorge Barrero move o banco e dá entrada a todas as súas xogadoras e no terceiro set vemos a outro Zalaeta
que comeza dominado o marcador cun parcial de 0-5, bo xogo e mais
acerto na recepción e no ataque, leva ás do Instituto a recordarnos o
equipo da primeira volta e parecen decididas a buscar o empate, pero o Haris
insiste en non querer deixar escapar os puntos e chégalle con superar
unha vez no marcador ao adversario no punto 25 para definir
perfectamente e gañar o o set e o partido cun apertado 26-24.
  Gran partido de Patricia Suarez, unha vez máis, máxima anotadora do encontro con 20 puntos. Por parte visitante, Sheila Arias con 9 tantos, máxima anotadora do Zalaeta.
  Frouxo
partido das coruñesas que acusaron o parón do Nadal e non foron capaces
de alcanzar o nivel doutros encontros ante un equipo local que comeza
competindo a segunda volta a tope, que festexou o final do partido
compartindo coa súa afección o triunfo na Copa Princesa.
  Mencionar que no equipo coruñés continúa de baixa por lesión Sara Díaz á que o desexamos un rápida recuperación.
TAGS: