/RESULTADOS LIGAS GALEGAS

RESULTADOS LIGAS GALEGAS


  Hoxe luns xogábase no Instituto Zalaeta o partido correspondente á xornada n.º 11 de Liga Galega Xuvenil entre o Autos Cancela Zalaeta e o EMEVE. Comezaba ás 19:00 dirixido polo colexiado FL Barrallo e finalizaba despois de 02 h 02 m cun resultado de 3-2 con parciais 17-25; 25-14; 26-24; 24-26 y 15-9. Adestradores, local D. Hermida e visitante Valle e Bustos.

  AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea, Paula, Noemí, Susana, Lydia, A., Raquel, Nerea, Inés, Ana C., Alba e Lidia G.

  EMEVE: Folgueira, Mourelos, Barrasa, Araújo, Rodríguez, Cuadros, Gancedo, Lorenzo, Saa, Fernández, Prol e Carreira.

  Primeiro duelo entre ambos os
dous equipos que ao comezo da xornada ocupaban a primeira e segunda
posición da táboa e que saltaban á cancha con intención de desfacer o
empate.
  Non fallaron e cumpriron as expectativas, esperábase un
partido moi competido e de calidade no que poderiamos ver as xogadoras
xuvenís de ambos os dous equipos que xogan o SFV
e SF2 respectivamente, e asistimos a un gran partido de Voleibol no que
houbo alternancia no marcador e os dous equipos tiveron as súas
oportunidades e non escatimaron esforzo no enfrontamento.
  No primeiro set as locais levaron o ritmo os dous primeiros parciais ata que as de Lugo
superaron un parcial de 17-12 deixando fóra de xogo literalmente as
suas rivais que non foron capaces de reaccionar e ceden o 0-1. O segundo
foi diferente, o Zalaeta vai por debaixo
nos primeiros compases para remontar con forza, adiantarse no segundo
parcial e obter a maior diferenza do partido, 25-14 e o empate. O
terceiro é novamente de dominio local ata o terceiro parcial no que lles
custa finalizar e pasan apuros para impoñerse cun marcador axustado, ao
igual que o cuarto, pero que nesta ocasión é o EMEVE o que pecha ao seu favor certificando a igualdade do partido que debe resolverse no quinto.
  No Tie Break o Autos Cancela Zalaeta amósase decidido e dende o comezo non dá oportunidades ao EMEVE e imponse cun contundente 15-9.
  Ofrecéronnos
un voleibol elaborado no que vimos grandes xogadas de ataque e
incribles defensas con puntos de longa duración e unha entrega total de
todas as xogadoras.
  Interesante esta xornada na categoría xuvenil na
que se decidía a orde dos equipos á fronte da clasificación. O
VoleyOurense non fallou no seu enfrontamento de rivalidade local ante o
Doma Gestión e impúxose por 3-0 erguéndose ao primeiro posto da táboa
superando ao Zalaeta que a pesar de vencer o seu encontro ante o EMEVE, cede a cabeza e sitúase en segundo lugar empatado a puntos coas de Ourense, e o EMEVE pasa a terceiro lugar e Calasancias Coruña ocupa a cuarta posición.

………………………………………………………………………………………………………………………………………………

  Ás 16:00 xogábase no Barrio o partido de 2ª División A correspondente á xornada n.º 11 entre o Autos Cancela Zalaeta e o EMEVE, que dirixido polo colexiado A. Ares tivo unha duración de 01 h 06 m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-15; 25-18 y 25-15. Adestradores, local D. Hermida e visitante Chao.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara R. Amarelle, Paula Lema, Elena Saridña, Nerea Tabeayo, Andrea Rivas, Susana Suarez, Lidia Gudge, Noemí Vázquez, Ana Calvo, Inés Rivas, Raquel Rey e Ana Fraga.

EMEVE: Chao, Barrasa, Lorenzo, Alonso, Rodríguez L., Rodríguez F., Lojo e Lorenzo.

…………………………………………………………………………………………………..

 

  Ao mesmo tempo xogábase tamén o primeiro dos partidos programados de Liga Galega Infantil, que enfrontaba a vos equipos C.I Zalaeta e EMEVE, que dirixido polo colexiado A. Borrás finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 11-25; 16-25 y 19-25. Adestradores, local Cristina e visitante F. Valle.

C. I. ZALAETA: Claudia, Noelia, Alba, Paula, Iria, Inés, Ainhoa, Eva, Celia e ALma.

EMEVE: García, Gómez N., Martínez, Gandoy, Ares, Gude, Ares, Barandela, Neira, Pena, López, Díaz e Gómez C.

  Para finalizar a xornada enfrontáronse os equipos infantís do Instituto co Noia, dirixido pola. Ares e con 01 h 15 m de duración finalizou cun resultado de 1-3 con parciais 25-16; 17-25; 14-25 y 15-25. adestradores local A. Rivas e visitante Liboreiro.

C.I ZALAETA: Claudia, Noelia, Ainhoa, Celia, Eva, Alba, Paula, Íria, Inés e Alma.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA: Mourís, Campos, Ínsua, Paz, Castro, Liste, Ferro, Rey e Rey.

 Despois do partido contra EMEVE
xogábase inmediatamente o encontro correspondente coa última xornada da
primeira volta de Liga antes do parón do Nadal, no cal o CVI Zalaeta se enfrontaba ao Cv Noia.

   No
primeiro set entran enchufadas as do Instituto, mantendo un bo ritmo de
xogo e mandando o servizo dende os nove metros. Pero non son capaces de
manter o nivel, e os seguintes sets mostrarán a outra cara da moeda:
déixase de xogar, caen balóns por falta de comunicación, aumenta o erro
de saque e ata un saque de abaixo causaralles problemas en recepción. Os
nervios unidos ao cansazo causan un baixón de concentración que os
levará a perder o partido.

   Difícil encontro para as nosas infantís,
non tanto a nivel técnico-táctico, como mental, xa que é a primeira vez
que se ve na situación de afrontar dous partidos seguidos, arrastrando
unha derrota do primeiro, e un novo sistema de xogo cunha soa colocadora
pola ausencia de Lucía.

   Rematan así a
primeira volta, situadas en penúltima posición na táboa. Un equipo
novato na categoría que pouco a pouco comeza a coller experiencia e ao
que lle falta aínda unha boa dose de confianza, que á volta das
vacacións de Nadal espera sumar algúns puntos máis para escapar dos
postos de descenso.