Victoria do FisiomásZalaeta no derby galego de SF2 ao vencer ao Secreto Galaico Xuvenil Teis por 1-3 en partido disputado esta tarde no Municipal de Teis.
O encontro dió comezo ás 18:15 dirixido polo colexiado Justo Olea, e cunha duración de 01 h 57 m, finalizou 1-3 con parciais: 25-21; 19-25; 25-27 y 19-25. Adestradores, local Peixoto Miranda e visitante J. Barreiro.
FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Lamas, Andrea Rivas, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.
Con esta vitoria o equipo de Jorge Barrero
cumpre o seu obxectivo de conseguir os tres puntos en xogo e logra a
segunda posición da táboa de xeito provisional despois da derrota do CAEP ás mans do Feel Volley, que mañá se enfronta ao Haris Tenerife nun partido clave, xa que ambos os dous optan á segunda praza que ocupan as coruñesas.
Bo partido do Zalaeta en liñas xerais, deixouse dominar no primeiro set que foi claramente do Xuvenil,
para reaccionar a partir do segundo no que foi de menos a máis, e a
partir de aquí dominou practicamente todos os parciais do partido ata
lograr encadear tres set seguidos. O terceiro foi o máis disputado e o
máis longo, as de Teis non cedían, querían decidir o partido no Tie-Break, pero o FisiomásZalaeta pechou ao seu favor o set cun moi apertado 25-27.
“Moi importante a vitoria conseguida hoxe fronte ao Xuvenil no Municipal de Teis, unha cancha onde sempre foi moi difícil gañar para os equipos visitantes. Encontrámonos un rochoso Teis como de costume, que poñía as cousas moi difíciles ás nosas atacantes. Iso unido á baixa de Sara,
lastraba moito as nosas opcións en ataque, unha faceta que nestes
momentos é a máis frouxa do noso conxunto. Saltamos á pista cun inicio
de partido moi rápido por parte dos dous equipos, con puntos que se
decidían rápido. A partir do primeiro tempo técnico, as viguesas foron
abrindo oco no marcador, cun traballo moi constante da súa defensa, e
aproveitando as habilidades das súas centrais, que son a súa mellor arma
ofensiva, só fomos capaces de achegarnos no marcador cun refacho de
saque de Rocío, pero que non foi suficiente para igualar o marcador, polo que Teis
se apuntaba así o primeiro set. O segundo comezou algo parecido ao
primeiro pero con peor nivel pola nosa banda, reaccionamos a partir do
primeiro tempo técnico, onde chegaramos por debaixo con moita diferenza,
8-3. A partir deste momento cambia a actitude das xogadoras e desta
forma logramos poñernos por primeira vez no partido por diante do
marcador, 8-9 ao noso favor, posición que non perderiamos en todo o set,
igualando así o encontro.
O terceiro set foi o máis igualado e puido
caer para calquera dos dous equipos, pero a fortuna quixo que fose noso,
cun punto larguisimo cando elas dispoñían
de pelota de set. O cuarto set foi de claro dominio visitante, dende o
primeiro punto ata o final, isto unido ao infortunio dun dos seus piares
en ataque, Rebeca, que ao parecer sufriu unha picada no xemelgo que o
obrigou a abandonar o encontro antes de tempo.
Ao final 3 puntos moi
importantes que nos manteñen con opcións de poder alcanzar a Copa, para a
cal estamos 5 equipos para unha soa praza, o fin de semana que vén
sairemos de dúbidas ante un moi difícil rival, o RGC Covadonga“.