/RESULTADOS LIGA GALEGA 06 DE NOVEMBRO

RESULTADOS LIGA GALEGA 06 DE NOVEMBRO

VER + FOTOS

  Comezaba o enfrontamento co CV Pontevedra ás 10:00 no Pavillón do Instituto co partido correspondente á xornada n.º 9 da Liga Xuvenil. Encontro dirixido polo colexiado A. Ares que en 53 m finalizou cun resultado de 3-0 con parciais. 25-13; 25-13 y 25-18. Adestradores, local D. Hermida e visitante Valcarcel.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea Rivas, Paula Lema, Raquel Rey, Inés Rivas, Noemí Vázquez, Nerea Tabeayo, Susana Suarez e Lidia Gudge.


CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS SA: Abal, Riveiro, Argibay, Gago, García, González, Lariño, Rey, Buceta, Rei, Nuñéz e Pazos.

 Partido de trámite para o Zalaeta que se impuxo claramente ao Pontevedra
a pesar de presentar un equipo minguado pola baixas de última hora. O xoven equipo
visitante deu a cara en todo momento pero non puido resolver ante o
contundente ataque das coruñesas. Esta vitoria permítelle ao conxunto do
Instituto continuar á fronte da clasificación de xeito provisional ante
un triplo empate nos primeiros postos.

…………………………………………………………………………………………………….

VER + FOTOS
   Ás 12:00 iniciábase o partido do Liga Infantil, que dirixido tamén pola. Ares, finalizou despois de 58 m., cun resultado de 3-0, con parciais: 25-13, 25-13 y 25-18. Adestradores, local Cristina e visitante Castro.

C.I ZALAETA: Claudia, Noelia, Ainhoa, Celia, Eva, Alba, Iria, Paula, Lucía, Andrea e Alicia.


CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS: Riveiro T., Limens, García, Riveiro D., Dasilva, Carballo, Vázquez, Nuñez, Vázquez e Rey.

  Bo partido o xogado polo Zalaeta
no Instituto que lle serven para sumar puntos e adiantar un posto na
clasificación. Nótase o efecto dos adestramentos no equipo e os partidos
xogados no transcurso da Liga en que as xogadoras tratan de elaborar as
xogadas con éxito.
   Boa actitude a mostrada na cancha, sen dar un
balón por perdido e excelente rendemento no saque, o que permitiu á
adestradora dar entrada a distintas xogadoras no partido. 

……………………………………………………………………………………………………..
VER + FOTOS

  Pola tarde xogouse o partido de 2ª División A no Barrio das Flores a partir das 16:00. Encontro correspondente á xornada n.º 9, dirixido polos colexiados Natalia Díaz e Marcos Folgar,
tivo unha duración de 01 h 48 m e finalizou cun resultado de 1-3 con
parciais: 13-25; 21-25; 25-19 y 23-25. adestradores, local D. Hermida e visitante Ramirez.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara R. Amarelle, Paula Lema, Elena Sardiña, Noemí Vázquez, Nerea Tabeayo, Susana Suarez, ana Fraga, Inés Rivas, Raquel Rey, Noemí Giudice e Lidia Gudge.


CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS, S.A.: Valcarcel, Hernaiz, Lores, Conzález, Castro, Abeledo, Rodríguez, Abal e Lariño.

 Derrota do Autos Cancela nun
mal partido das coruñesas. Comezaron con moitas dúbidas e cometendo
moitos erros nun primeiro set que foi o peor do partido e que serviu
para que o conxunto de Ramirez enfocase o
partido. No segundo melloraron as prestacións pero non o suficiente para
lograr o empate.   No terceiro foron superiores ás de Pontevedra
claramente, corrixíronse erros e mais centradas realizaron o seu mellor
set para poñer o 1-2 no marcador e poñer en apertos o rival. No cuarto
buscaban que se solucionase o partido no Tie Break, case o lograron pero non souberon pechar ao seu favor e cederon un 1-3 ante un Pontevedra
que fixo o seu partido case sen erros e mantendo o nivel set tras set e
crecéndose en ataque lograron unha vitoria moi valiosa para as súas
aspiracións.

 
TAGS: