FEEL VOLLEY ALCOBENDAS: Sara Mendoza, Adriana Alonso, Andrea De Aranzadi, Ana Corredoyra, Blanca Fernández, Carolina Lería, Mar Calvo, Elsa Van Hulst, Mayra Vázquez, Sacha Byous e Kristina Lavrisha.
FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Sheyla Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.
Nun encontro estraño o Zalaeta deixouse 3 puntos en Alcobendas, realizou un bo primeiro set pero non foi capaz de definir nos últimos puntos e o Feel Volley
superou un 19-21 para poñer o 1-0 no marcador. No segundo, despois dun
fulgurante comezo, as coruñesas de dilúen e non poden parar a remontada
do rival. Co marcador en contra non dan o partido por perdido e levan o
control do xogo no terceiro e último set, onde ao igual que no primeiro
son as xogadoras de Tirini, que realizaron un bo encontro, a que saben pechar ao seu favor o partido, con Andrea de Aranzadi como máxima anotadora con 17 puntos. Por parte coruñesa a máxima anotadora Rocío con 12 puntos
Con
bos momentos de xogo pesaron máis os malos refachos e a falta de
definición para perder un partido que complica as cousas ao FisiomásZalaeta
na clasificación, onde despois dos resultados desta xornada, queda
relegado á quinta posición aínda que empatado a puntos cun grupo de
catro equipos que se disputan a segunda praza detrás do Torrelavega que continúa invicto unha xornada máis.
Empezamos o primeiro set, con bos intercambios entre os dous equipos, mostrando un bo nivel de xogo, cambiando o saque en K-1
con moita eficiencia e no que estivemos sempre por diante no marcador
ata o punto 22, nun set que o dominaramos dende o principio e que
observamos como Alcobendas o leva. O segundo set foi moi raro e condicionado polo desenlace do primeiro set, empezamos gañando 0-6 pero rapidamente o Alcobendas
remonta para estar sempre por diante de nós en todos os parciais deste
set e dominar moi claramente. O terceiro foi un calco do primeiro, un
set dominado enteiramente por nós, pero que chegado un momento,
cometemos un erro non forzado, que lle dá vida ao conxunto madrileño que
saben aproveitar para pechar o partido na primeira pelota de partido da
que dispoñen. Agora toca unha semana para preparar un encontro no que
nos xogaremos 3 puntos moi importantes de cara ao obxectivo da Copa.
Resumo de F. Cueto.