/RESULTADO DA 6ª XORNADA, LIGAS GALEGAS

RESULTADO DA 6ª XORNADA, LIGAS GALEGAS

     LIGA ZONAL CADETES GRUPO A


     Partido da 5ª xornada entre os equipos As Mariñas Oleiros e o C.I.Zalaeta A.   Ás 10:00 comezaba no P. M. de Oleiros o encontro dirixido polo colexiado M. Folgar e que despois de 01 h 31. finalizou cun resultado de 3-1, con parciais: 17-25; 25-17; 25-18 y 25-16. Adestradores, local Villanueva e Fernández e visitante Mery.
 
  ÁS MARIÑAS OLEIROS: Rouco, Pedreira, Florez, Correia, Couceiro, Riveiro, Chouciño, Arjona, Bernat e García.

  C.I ZALAETA A: Andrea, Noemí, Mariña, Salam, Sara, Cata, Bea, Natalia, Paula, Inés e Lucía.

  Victoria local por 1-3 nun partido ben formulado no seu comezo polo Zalaeta que nun gran primeiro set se impuxeron ao equipo de Oleiros, pero que non souberon manter o ritmo de xogo e a partir do 2ª set víronse superadas. “Empezamos ben o partido, dinos Mery,
cousa que nos estaba a custar en encontros anteriores, recibimos e
defendemos ben, aínda que nos faltou máis seguridade en ataque”.

  Dende
o segundo set presenciamos outro partido, “estiveron descolocadas,
continúa a adestradora, e perderon a concentración, falta madureza no
campo e iso nótase. Cando nos fan dous puntos de saque, cáese a
recepción, empezan os erros non forzados e os regalos de puntos. En
defensa faltou mobilidade. Apenas houbo bloqueos, Candela foi a mellor neste aspecto. Fáltanos traballo e comunicación”.

  A continuación xogouse o partido tamén de liga entre as locais de As  Mariñas e o Zalaeta B, que finalizou cun 3-1 con parciais: 25-19; 25-11; 25-27 y 25-16.


  Por C.I Zalaeta B xogaron: Branca, María, Ana, Xoana, Ecarri, Sara, Alejandra, Claudia, Eva e Iria.
  Bo
partido das do Instituto, que a pesar de perder mostraron boa
actitude na cancha, e o mellor, ese terceiro set no que se impuxeron ás
de Oleiros de forma apertada.
  Mery
explícanos como viu ela o partido: “Non xogamos mal, falta mellorar en
moitas cousas, pero hai tempo, é un equipo máis inexperto, fáltanlles
moitos partidos, posto que hai xogadoras que é o primeiro ano que
xoga. Estivemos ben en defensa, ao contrario que en recepción (falta
entendemento). Estivemos preto nos dous primeiros sets, houbo moitos
fallos en servizo, e o terceiro gañámolo xustamente por fallar menos
saques, sendo decisivos nos últimos puntos os saques de Claudia e Branca. Claudia foi a mellor do partido, con diferenza, en defensa moi ben, lendo en xogo de Oleiros e anticipándose ás xogadas”.

 
…………………………………………………………………………………………………………………………………………..

 LIGA GALEGA INFANTIL

 
  Hoxe recibimos ao Caldaria VoleyOurense que se desprazou para xogar os partidos de liga correspondentes á 6º xornada.
 Ás 13:00 comezaba o partido de infantís, que dirixido polo colexiado M. Folgar
tivo unha duración de 01 h 25 m e finalizou cun resultado de 1-3 con
parciales:17-25; 18-25; 25-21 y 19-25. Adestradores, local Cristina e visitante Pérez.

C.I ZALAETA: Claudia, Lucía, Paula, Iria, Noeliz, Eva, Daniela, Celia e Inés.

CALDARIA VOLEYOURENSE: López, Losada, Fernández, Lanzós, Barreira, Pérez, Carneiro e Dosantos.

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

LIGA GALEGA XUVENIL

 

  Ás 16:00 comezaba o partido de xuvenís, que dirixido por M. Folgar finalizou en 01 h 47 m cun resultado de 2-3, con parciais: 18-25; 25-15; 14-25; 14-25 y 11-15. Adestradores, local D. Hermida e visitante Pérez.

 AUTOS CANCELA ZALAETA: Susana, Paula, Nerea, Noemí, Ana Mª, Inés, Alba, Raquel, Ana, Sara e Lidia.

  CALDARIA VOLEYOURENSE: Giraldez G., Giraldez I., Mariño, González, Dasilva e Oliveira

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

2ª DIV. A

 

VER + FOTOS

  
  Para finalizar enfrontáronse os equipos de 2ª Div A en partido que dirixiron os colexiados Alfonso Ares e Tania Cobos.
Ás 17:45 comezaba un encontro que despois de 01 h 45 m finalizaba cun
resultado de 1-3 con parciais: 21-25; 21-25; 27-25 y 16-25.
Adestradores, local Hermida e visitante Pérez.

   AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara R. Amarelle, Elena Sardiña, Paula Lema, Nerea Tabeayo, Noemí Vázquez, Inés Rivas, Ana Fraga, Ana Calvo, Lidia Gudge, Romina Riveiro, Noemí Giudice e Susana Suarez.

  CALDARIA VOLEYOURENSE: Outeiriño, rodriguez, Kruse, Alonso, Giraldez G., Giraldez I., Mariño, González, Dasilva e Oliveira.

TAGS: