Ás 11:00 comezaba en La Habana Vieja o encontro que ía decidir o líder do Grupo A, dirixido polo colexiado Pidal Otero
e cunha duración de 01 h 35 m, finalizou con vitoria local por 3-1, con
parciais: 25-18; 25-11; 23-25 e 25-21. Adestradores, local Alex Río e visitante Jorge Barrero.
CV TORRELAVEGA: María Segovia, Ana G. Cillero, Alba Salazar, Aida Illerías, Ángela Becerril, Cristina Sanz, Aroa Sánchez, Noelia Neila, Lidia Dacuiña, Laura Soto, Isabel Egusquiza e Cristina Hermosa.
FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Teresa Álvarez, Sheila Arias, Lydia Alonso, Sara Díaz, Rocío Durán e Noa Sánchez.
Ambos os dous equipos
referendaran a súa posición na táboa con senllas vitorias o día
anterior, e enfrontábanse co deber de decidir ineludiblemente cal deles sería
o primeiro clasificado en solitario do Grupo A.
Comeza o partido e o Zalaeta
adiántase no marcador logrando unha pequena diferenza, pero as locais
logran remontar apoiadas nun bo saque e o bo xogo da súa colocadora Sanz,
e poñen o 1-0. O segundo set, continuidade no xogo local e pouco acerto
visitante producen un aumento da diferenza local no marcador, 2-0. O
terceiro é o máis efectivo das coruñesas que non dan o partido por
perdido, superan ás de Alex Río e optan ao empate nun cuarto set no que dominan ata o punto 21 para ceder un parcial de 5 puntos que pechan o encontro para o Torrelavega.
De novo catro xogadoras por enriba dos 10 puntos: Sara 16, Andrea 14 (suma 6 bloqueos), Rocío 11 e Lydia 10 (5 bloqueos) certifican a actuación da escadra coruñesa. A. Becerril máxima anotadora do encontro con 17 puntos.
“Primeira derrota da tempada 2014 -2015 ante un Torrelavega
que demostrou porque quedou subcampión de liga o ano pasado. O partido
empezámolo ben e durante todo o primeiro set ata o punto 10-14 estivemos
por diante do marcador, facéndolles dano co saque e conseguindo evitar
que xogasen coa súa mellor arma ofensiva que son as centrais, nese
momento, o 10-14, chegou Cristina Sanz ao saque por parte das cántabras, e cun saque floting
de 1 a 1, conseguiu facernos moito dano e darlle a volta ao marcador,
unha vez que nos superaron no luminoso, custounos moito volver ter o
xogo que tiveramos ata entón, sendo esta nosa pero parte do partido.
O
segundo set a pesar da gran diferenza que reflectiu o marcador, xogamos
un bo nivel defensivo, pero con pouco acerto en ataque, o que lles a
elas permitía armar a saída de K-2 con
grande efectividade. No terceiro, e a pesar do revés anímico que se
levaron as xogadoras, conseguiron repoñerse nun set moi disputado,
volvemos ser efectivos dende o saque, o que unido ao ritmo defensivo que
tiñamos nos deu a chave para anotarnos o 2-1.
O cuarto set foi moi
parecido ao anterior, pero a diferenza volveuna marcar a colocadora
cántabra dende a liña de saque. Chegabamos con vantaxe 20-21 ao último
parcial, e co empate chega ao saque a colocadora, 21-21, conseguindo 2
puntos directos, que unido ao gran traballo das súas centrais con dous
bloqueos nos últimos puntos do partido conseguiron decantar a balanza a
favor das de Torrelavega”.
Resumo de F. Cueto.