Contundente vitoria do FisiomásZalaeta sobre o Fígaro Haris Tenerife por 3-0 esta tarde no Barrio das Flores ante a súa afección.
VER + FOTOS |
Nun encontro moi traballado, as de Jorge Barrero
superan con nota o seu segundo enfrontamento da tempada ante un rival
do que se esperaba algo máis, pero que só puxo en apertos ás locais ao
final do primeiro set.
As xogadoras do equipo do Instituto saltaron á
pista coas ideas moi claras, facer o seu partido e non deixarse
intimidar polas insulares, que “nunca encontraron o seu sitio na cancha,
dinos a capitá Cristina, e déronnos facilidades para facer o noso partido. O noso inicio de partido parece que as desarborou por completo”.
Un disputado final do primeiro set, no que as locais nunca cederon a pesar da presión das xogadoras de David Martín que conseguían empatar, pero non foron capaces de pechar o set, pasou factura favorable ao FisiomásZalaeta
que a partir de aquí controlou e levou o tempo do partido para facerse
cos puntos en xogo.
“Fixemos un partido moi bo,
que dominamos claramente, sendo o aspecto máis negativo pola nosa banda
os numerosos erros de saque, se ben foi unha arma importante, pois o
rival tivo problemas de recepción en todo o partido, explica Barrero.
A destacar, a boa defensa do equipo, que controlou bastante ben ás atacantes do rival, especialmente ás xogadoras de zona 4, e o dominio da
rede por parte das nosas centrais”.
Bo ambiente nas bancadas do Barrio nun partido que comezou ás 19:00 dirixido polo colexiado Cordeiro Fervenza, e que tivo unha duración de 01h. 32m. finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 30-28; 25-17 y 25-19.
Adestradores, local Jorge Barrero e Fernando Cueto e visitante, David Martín.
FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Sofi Hidalgo, Alba Quirós, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Sheila Arias, Tania Cobos, Lydia Alonso, Sara Díaz, Rocío Durán e Noa Sánchez.
FÍGARO HARIS TENERIFE: Patricia Suarez, Martina Rojas, Ruth Oliver, Melody Díaz. Patricia Velasco, Anna Ladygin, Melania Hernández, Amalur Solaeche, Laura Naranjo e Nuria Meilán.
Máximas anotadoras locais, unha vez máis Lydia con 12 puntos, 4 de bloqueo, e Rocío e Andrea con 9 puntos cada unha. E, como, non Patri Suarez, máxima anotadora do encontro con 18 puntos.
“Gran primeiro partido como
local no Barrio das Flores da tempada 2014-2015, enfrontámonos ante un
dos equipos con mellor equipo da liga, e un dos chamados a estar na
parte alta da táboa. Despois dunha semana dun nivel máis baixo do normal
no que se refire aos adestramentos, o equipo entrou na cancha con
moitas ganas a polo partido, sabedor de que teriamos que aproveitar os momentos baixos do Haris para poder ter opcións de puntuar esta xornada. Saímos moi centradas en K-1 onde pensabamos que iamos sufrir moito máis, pero que solucionamos con grande eficacia.
Un
primeiro set no que a pesar de fallar 9 saques, nos puidemos levar
grazas a non perder nunca a cara ao partido e cun final onde os dous
equipos dispuxeron de varios puntos de set, pero que pechamos
favorablemente nun final de infarto.
O segundo set comezamos moi
centradas e con Rocío moi acertada dende a liña de 9 metros, o que nos
permitiu levar unha vantaxe durante todo o set de entre 5 e 12 puntos, e
no cal nunca vimos perigar a vitoria no set, o cal xa nos aseguraba
sumar 1 punto. No terceiro set seguimos moi centradas, sabedores da calidade das xogadoras do Haris, Patricia Suárez ou Laura Naranjo,
xogadoras que disputaron varias tempadas en Super Liga-1, en calquera
momento nos podían meter en problemas. Neste set seguiuse a tónica do
primeiro, indo sempre por diante no marcador, pero solucionando o final
dun xeito moito máis efectivo.
En resumo, tratouse dun partido que nos
requiría moita intensidade e concentración e ante o cal respondemos
positivamente de tal xeito, que seguramente demos unha das sorpresas da
xornada”.
Resumo de F. Cueto.