/VIII TORNEO VILLA DE AVILÉS 2014

VIII TORNEO VILLA DE AVILÉS 2014

  Onte sábado celebrouse o VIII
Torneo Villa de Avilés
que no seu formato de cuadrangular enfrontou
nunha primeira rolda ao equipo local, La Curtidora co AULE,
que se solucionou cunha vitoria por 3-0 das anfitrionas sobre as de
León, para dar paso ao partido que enfrontaría, na segunda semifinal, ao
CV Torrelavega co FisiomásZalaeta.
  Bo partido o que presenciamos en Los Canapés entre dous rivais de SF2, que finalizou con vitoria das cántabras por 2-3, con parciais: 25-22; 25-21; 22-25; 23-25 y 12-15.
  Encontro
de calidade e igualdade o que presenciamos en Avilés nesta segunda
semifinal, (finalizou cun resultado total de 107-108 puntos), comezou
coas coruñesas por diante no marcador, cun 2-0 que presaxiaba un final
favorable, pero ao que as xogadoras de Alex del Río souberon enfrontarse e superar. A partir do terceiro set lograron inclinar a balanza ao seu favor para chegar ao tie-break e impoñerse no tramo final e lograr o pase para disputar a copa ao equipo anfitrión.

  FisiomásZalaeta: Lydia Alonso, Irene Vázquez, Sara Díaz, Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Tania Cobos, Alba Quirós, Noa Sánchez, Sofía Hidalgo, Sheila Arias, Tere Vázquez, Andrea Rivas e Rocío Durán. Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Para o adestrador F. Cueto, “Ante o Torrelavega
realizamos o mellor partida da pretempada, un equipo da nosa liga,
contra o cal aínda non nos enfrontáramos, e que o ano pasado fíxose
co subcampionato. Un partido no que conseguimos manter o noso ritmo e ao
que nunca lle perdemos a cara, a pesar de ir por debaixo no marcador
moitas veces, un partido moi igualado no que en ningún dos 5 sets
disputados houbo vantaxes maiores de 5 puntos, o cal mostra a igualdade
do encontro. Fomos capaces de diminuír a nosa cantidade de erros de
saque, que noutros partidos nos lastrara, e mesmo en certas fases do
encontro facer dano co saque, cousa que nos estaba a custar moito ata
entón. O quinto set foi un resumo do partido, alternativas en ataque
de ambos os dous equipos. A diferenza, chegados a un 11-11, marcouna a
colocadora do Torrelavega, que dende a linea de saque, foi capaz de facernos dano, sendo incapaces nós de armar un ataque en K-1, e cedemos un definitivo 12-15.
  Pola
tarde presentóusenos un rival dunha categoría inferior, pero que no
primeiro set nos deixou claro que non nos ía regalar nada, e que nos
puxo en apertos en certos momentos. Nos dous últimos sets fomos capaces
de imprimir o noso ritmo, o cal o AULE, non foi capaz de seguir e levámonos claramente o partido por 3-0 (25-22; 25-5 y 25-12).”
 
 Finalmente o CV Torrelavega fixo bo o prognóstico e impúxose na final ao AD La Curtidora por 3-0, levándose o trofeo desta edición. 
Picando aquí, podeis ver os resultados.