/RESULTADOS DA SEGUNDA XORNADA COPA GALICIA

RESULTADOS DA SEGUNDA XORNADA COPA GALICIA

  
  Nova vitoria do EMEVE no Municipal de Teis na tarde do sábado nos dous encontros disputados ante o FisiomásZalaeta e o Xuvenil,
que o sitúan de líder na clasificación da Copa Galicia e que deste
modo se alza como favorito, a para reeditar o título na última xornada a
celebrar o próximo día 4 en Lugo.
  O Xuvenil impúxose ao Zalaeta empatando coas coruñesas na clasificación, que superan as de Teis por unha pequena diferenza de puntos. Os resultados dos partidos xogados foron os seguintes:

              EMEVE 2 – FisiomásZalaeta 1           (23-25; 25-21 e 25-20).
              Xuvenil Teis 1 – EMEVE 2                 (21-25; 17-25 e 25-23).
              FisiomásZalaeta 1 – Xuvenil Teis 2  (22-25; 18-25 e 25-21).
FisiomásZalaeta:  Sara Díaz, Lydia
Alonso, Cristina G. Bermejo, Andrea Rivas, Alba Quirós, Tania Cobos, Patri
Santos, Sofi Hidalgo, Noa Sánchez,  Irene
Vázquez, Sheyla Arias, e Tere Vázquez , adestradores: Jorge Barrero e Fernando
Cueto.


  Segunda
xornada de Copa Galicia na que non mostramos a nosa mellor cara, dous
partidos ante dous rivais cun xogo moi distinto, pero nos que caemos nos
mesmos erros.
  “A falta de ritmo e constancia, coméntanos Fernando Cueto, custounos o primeiro partido, no que chegamos a dominar a EMEVE
19-10 no primeiro set, grazas en parte a numerosos fallos das lucenses,
que tardaron moito en entrar no partido. No segundo set e terceiro,
cometemos numerosos fallos, ao igual que posteriormente contra o Xuvenil,
o rival dominounos cun xogo ao que non logramos adaptarnos, o cal
púidonos mais psicoloxicamente, que técnica e tacticamente e que nos
fixo sentirnos incómodos na cancha e nos levou ao punto no que o rival
quería ternos.
  Isto tennos que facer comprender que imos ter que
competir moi concentradas nunha liga regular de SF2 que se prevé moi
igualada, e na que calquera pode gañar a calquera.
  O fin de semana seguinte será o máis intenso da pretempada, xogaremos en Lugo
e o Torneo Villa de Aviles, e teremos máis oportunidades de vernos
contra outros rivais tamén de SF2 e teremos novas oportunidades nas que
probar a nosa evolución”.

 

   Copa Federación.

  Nova xornada da Copa Federación celebrada esta mañá no Polideportivo da Sagrada Familia, no que o Autos Cancela Zalaeta obtén unha vitoria e unha derrota, resultados que lle serven para colocarse en segunda posición da táboa detrás do Caldaria VoleyOurense, empatado a puntos co CV Pontevedra, co XAV Cambados en cuarta posición.

   Estes foron os partidos xogados e os resultados:

   Caldaria VoleyOurense 3 – XAV Cambados  0     (25-28; 25-15 e 25-11).
   CV Pontevedra A  2 – Autos Cancela Zalaeta  1  (25-9; 25-23 e 21-25).
   Autos Cancela Zalaeta 3 – XAV Cambados  0      (25-12; 25-15 e 25-17).
   Caldaria VoleyOurense  2 – CV Pontevedra A  1  (25-11; 25-17 e 22-25).

Autos Cancela Zalaeta: Ana Calvo, Raquel Rey, Nerea Tabeayo, Lidia Gudge, Inés Rivas, Ana Mª Ceba, Susana Suarez, Paula Lema, Sara R. Amarelle e Elena Sardiña. Baixa por lesión na xornada de hoxe, Noemí Vázquez, adestrador, David Hermida.

Copa Promesas

 
  A competición de Promesas tamén xogou os seus partidos en xornada matutina de domingo. No Barrio das Flores da Coruña déronse cita os equipos encadrados no Grupo Vermello que disputaron os seus partidos cos seguintes resultados:

     EMEVE 3 – CV Pontevedra B 0                           (25-5; 25-6 e 25-2).
     Caldaria VoleyOurense 3 – CI Zalaeta 0              (25-8; 25-9 e 25-21).
     EMEVE 3 – Caldaria VoleyOurense 0                   (25-11; 25-12 e 25-10).
     CV Pontevedra B 0 – CI Zalaeta 3                       (14-25; 25-27 e 19-25).
     Caldaria Voley Ourense 3 – CV Pontevedra B 0  (25-11; 25-9 e 25-15).
     CI Zalaeta 0 – EMEVE 3                                       (3-25; 6-25 e 5-25).

  Con estes resultados, o EMEVE encabeza o Grupo Vermello e métese na final A, o VoleyOurense en segunda posición logra o pase á final B e o CI Zalaeta pasa á final C na que se medirá co Narón Volea A e o XAV Cambados B.
 

Polo CI Zalaeta xogaron: Cata López, Salam Fernández, Natalia Di Piazza, Paula
Crespí, Andrea Rial, Xoana, Noemi e Marina Dans. Adestradora, María Martínez.

  

TAGS: