/CVI ZALAETA PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO

CVI ZALAETA PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO

           

David Hermida, Ana Calvo, Nerea Tabeayo, Lydia Alonso, Susana Suarez, Alba Quirós, Andrea Rivas, Tania Cobos, Alba Fernández, Patricia Santos, Paula Lema, Elena Sardiña, Sara R.Amarelle e Raquel Rey.

   O Zalaeta proclámase Campión de Galicia Xuvenil Feminino 2014 despois de vencer na final ao EMEVE de Lugo nun emocionante e disputado encontro por 3-1 con parciais: 25-21; 16-25; 25-18 y 25-15.

  VoleyOurense clasifícase en terceiro lugar ao derrotar o Xuvenil Teis no tie-break: 3-2, 25-8; 18-25; 25-27; 25-21 y 15-9.

 Ás 16:30 comezaba no Pavillón San Francisco Javier a final do campionato, que enfrontaría, polo terceiro e cuarto posto, aos equipos VoleyOurense  co Xuvenil Teis para dar paso á final entre os conxuntos do EMEVE de Lugo e o CVI Zalaeta da Coruña.
  Unha fase final que dirixida polos colexiados Fco. Luis Barrallo, Alfonso Ares e J. Luis Herrero e con Natalia Díaz como delegada federativa, respondeu ás expectativas creadas e que se viu avalado polo numeroso público que se deu cita nas instalacións do S. Fco Javier.
  Nas semifinais xogadas pola mañá na Sagrada
xa tivemos un adianto do que serían as finais, non houbo lugar á
sorpresa, e os dous equipos favoritos solucionaron os seus compromisos
pola vía rápida en busca dun enfrontamento no que puidesen dirimir a súa
diferenzas como é debido, cun título en xogo.
  O partido polo terceiro e cuarto posto enfrontou viguesas e ourensanas coas seguintes aliñacións:

  VOLEYOURENSE: 9 Outeiriño, 12 Oliveira, 6 Giraldez I., 2 Giraldez G, 8 alonso, 10 Dieguez, 1 González e 13 Estatuet.

  XUVENIL TEIS: 14 Larrán, 15 Rodríguez C., 3 Rodríguez L., 4 Veiga, 8 Pereira, 9 Fernández, 2 Araujo, 12 Lois, 10 Verez-Praguela e 18 Fontes. Adestradores, Cruz e Veloso.

  Dous equipos diferentes, un teoricamente superior, o Xuvenil,
comezou con mal pé o partido deixándose dominar polo rival, que non
tivo piedade e lle endosou un 25-8, a maior diferenza do encontro, para
poñer o 1-0. Pero as cousas non eran así, e no segundo o Xuvenil
saltou á pista con decisión e adiántase no marcador cun parcial de 1-8
en busca do triunfo, e dominando o xogo, pon o empate marcador. O
terceiro é de loita, ambos os dous equipos queren o partido e non
dubidan en empregarse a fondo nun set longo que se levan as de Teis nun axustado 25-27, para chegar ao cuarto no que as das Burgas reclaman o empate para decidilo todo no tie-break.
O desempate parece que está claro, comeza cun 0-7, pero é un partido no
que cabe a épica, e o VoleyOurense protagoniza unha remontada incrible
que lle leva a dominar as rivais para superalas por un 15-9 que lle dá o terceiro posto do campionato. 
 Dous conxuntos distintos, o Xuvenil
con máis prestancia e a priori con máis calidade, pero que non se
encontrou a gusto en ningún momento e que non foi capaz de realizar o
seu xogo máis que a refachos, e iso non se pode permitir ante un
VoleyOurense fiel ao seu estilo, que non regala nada, que pelexan todas
as bólas, e que a pesar de desprazarse case en cadro non se veu abaixo nin a
causa da lesión da súa xogadora Patricia, á que un incidente no segundo
set deixou no banco. Coraxe e unha defensa numantina deulles vitoria.

  

  Este preámbulo deu paso á
final, era unha mostra do que sería o seguinte encontro. Lucenses e
coruñesas enfrontábanse nun partido no que as primeiras trataban de
reeditar o triunfo do pasada edición, e as segundas queríanse desquitar de dúas derrotas sufridas na liga, cun triunfo na final.

VER + FOTOS

  Presentaron as seguintes aliñacións:

 
  CVI ZALAETA: 8 Patricia Santos, 6 Paula Lema, 1 Susana Suarez, 2 Nerea Tabeayo, 4 Alba Quirós, 7 Ana Calvo, 9 Sara R. Amarelle, 11 Elena Sardiña, 13 Raquel Rey,14 Lydia Alonso, 15 Andrea Rivas, e 18 Alba Fernández. Adestradores, David Hermida e Tania Cobos.
 
  EMEVE: 9 Rozas, 3 Lorenzo, 10 Mourelos, 1 Rodríguez, 4 Rodríguez A., 11 Uriz, 2 Arias, 8 Novo, 14 Folgueira, 6 Gancedo, e 16 Saa. Adestradores, José Valle e Fátima Valle.
 
  Comeza a final co EMEVE por diante, facendo camiño cara ao título, vese bo xogo, pode ser un bo partido. O Zalaeta
por detrás, cústalle pero vai recortando diferenzas, remontar o
marcador é algo que ultimamente parece o habitual, e esta é unha ocasión
que paga a pena. 16-15, as locais toman a iniciativa mediado o set e
pechan poñendo o 1-0 no marcador. O segundo set ten os mesmos comezos
que o anterior, pero parece que as de D. Hermida perden fol e as de Lugo
adiántanse e non se apean, empatan o partido cunha gran diferenza:
16-25. No terceiro as cousas comezan a estar máis igualadas, alternancia
no marcador, e agora é o EMEVE o que afrouxa e cede vantaxe no marcador: 2-1.
  No cuarto set, o Zalaeta
ve que o equipo que remonta é el, que se se adiantan, ao rival lle
custa, que o segundo set xa é historia e que son capaces de superar o EMEVE e fulmínano cun ataque moi efectivo alcanzando a maior diferenza do partido: 25-15.
 Excelente partido o da final na que os dous equipos demostraron porque se xogaban eles o título. O EMEVE viuse superado polo rival que non lle deixou xogar como lle gustaría,
cun ataque intermitente cometeu máis erros dos que se podía permitir
ante un Zalaeta que realizou, probablemente
o partido máis completo da tempada, ben ao saque estivo moi ben en
recepción, o que lle permitiu lucirse en ataque, a súa principal arma, e
controlando moi ben o xogo na rede.