Ás 17:00 comezaba o partido de xuvenís, que dirixido polas colexiadas Natalia Díaz e Nerea García e cunha duración de 54 m, finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-10; 25-7 y 25-19. Adestradores, local D. Hermida e visitante Valcarcel.
FISIOMÁSZALAETA: 8 Patricia Santos, 3 Paula Lema, 6 Raquel Rey, 15 Andrea Rivas, 13 Ana Calvo, 4 Alba Quirós, 1 Susana Suarez, 12 Sara Armesto, 10 Alba Fernández, 2 Nerea Tabeayo, 9 Sara Amarelle e 7 Inés Rivas.
DIARIO DE PONTEVEDRA CVP: 1 Moledo, 17 Vila, 8 Gago, 13 Lariño, 10 Cancela, 7 Rey e 6 Abal.
Nos
dous primeiros sets impúxose o equipo local cunha gran diferenza, unha
boa recepción que permitía un ataque eficaz por todas as zonas que non
lograba ser neutralizado polas de Pontevedra,
a pesar de que non lle perderon a cara ao partido e que tiveron no
terceiro set o seu mellor momento. Na última manga as visitantes
trataron de lograr unha vitoria parcial e realizaron o seu mellor xogo,
as diferenzas eran escasas, non deixaron que o Zalaeta abrise oco ata o terceiro parcial no que se foi no marcador e pechou o set e o partido.
……………….
A continuación celebrábase o partido de 2ª División A, que dirixido polas colexiadas Natalia Díaz e Nerea García, tivo unha duración de 01 h 04 m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-13; 25-23 y 25-16. Adestradores, local Hermida e visitante Ramirez.
AUTOS CANCELA ZALAETA: 8 Patricia Santos, 5 Paula Lema, 7 Inés Rivas, 4 Alba Quirós, 1 Susana Suarez, 18 Alba Fernández, 2 Nerea Tabeayo, 9 Sara Amarelle, 13 Andrea Rivas, 18 Ana Mª Ceba e 15 Paula Bermudez.
CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN: 5 Valcárcel, 18 Hernaiz, 10 Castro, 3 Rodríguez, 4 El Drubi, 1 Abeledo, 14 Besada, 8 Pérez, 2 Neira, 13 Lariño e 6 Abal.
Partido entre o sexto e o
terceiro clasificado, equipos que foron mantendo as súas prestacións ao
longo da liga, e que se presentaba con aires de revancha xa que o Pontevedra gañara o seu partido na primeira volta e as do Instituto non querían deixar pasar a oportunidade de devolver a moeda.
O primeiro set levouno claramente o Autos Cancela Zalaeta, que saltou á pista moi motivado para dominar o marcador de principio a fin. No segundo foi o Comercial Durán de Pontevedra
o que dirixiu o xogo, comezou por diante no marcador aproveitando os
erros das locais e realizando o seu partido ata que cun 20-21 favorable,
se lles escapou o set ante a reacción das coruñesas que mais centradas
non lles deixaron pechar o set e impuxéronse cun moi axustado 25-23. O
terceiro set de novo tivo cor local, as pupilas de D. Hermida
non estaban dispostas a deixar escapar os puntos en disputa, e moi
centradas, funcionaron ben en todas as facetas do xogo, e os movementos do
banco tamén encaixaron perfectamente no ritmo que levaba o equipo de
modo que se levaron o set e o partido. Non resultou doado, a pesar do
resultado, o Pontevedra opuxo resitencia,
realizou o seu xogo, moi equilibrado, pero encontrouse cun rival que
cando quixo xogar, o fixo a un gran nivel e que lle superou en ataque e
que no xogo na rede foi superior.
Mencionar que foron baixas por parte do Autos Cancela Zalaeta, Irene Vázquez, por motivos persoais, e que Elena Sardiña e Tania Cobos continúan recuperándose das suas respectivas lesions.