/RGC COVADONGA 3 – 0 FISIOMÁSZALAETA

RGC COVADONGA 3 – 0 FISIOMÁSZALAETA

  Victoria por 3-0 do RGC Covadonga sobre o FisiomásZalaeta esta tarde no Braulio García de Gijón.
   
  Ás 17:00 daba comezo o encontro de SF2 dirixido polo colexiado Guijarro Hernández, que cunha duración de 01 h 09 m finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-21; 25-20 y 25-19. Adestradores, local Saúl Pérez e visitante Jorge Barrero e José Mª Sánchez.

  RGC COVADONGA: 1 Miriam Diéguez, 5 Alexandra Mendoza, 6 Paula Sánchez, 7 Marta Rodríguez, 9 Alba Hernández, 10 Cristina López, 11 Sarai Delgado, 12 Andrea Lorenzana, 13 Ángela Iglesias, 14 Cristina Chamoso e 15 Beatriz Vázquez.

  FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 4 Alba Quirós, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.

  Partido de dominio local, o
Grupo que xogaba na súa casa, unha cancha difícil para o visitante,
impúxose nun encontro do que tiña que levarse os tres puntos se quería
continuar tendo opcións ao ascenso. Non se deixaron dominar a gijonesas, levaron o tempo do partido e sempre por diante no marcador e cun saque moi eficaz lograron impoñerse a un FisiomásZalaeta que cometeu máis erros que o rival. As coruñesas intentárono, pero non tiveron o seu día.
  Bo partido de Patricia Suarez que con 15 puntos foi a máxima anotadora das visitantes seguida de Lydia Alonso, con 8 puntos, cinco de bloqueo. Polo RGC Covadonga, Beatriz Vázquez, con 16 puntos, máxima anotadora do partido.

  O próximo partido, no Barrio ante o Xuvenil de Teis.
 

TAGS: