VER + FOTOS |
FisiomásZalaeta: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 4 Alba Quirós, 7 Andrea Rivas, 9 Olalla G. Taibo, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Marga Echevarría, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 1 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.
cvleganes.com: 1 Noelia Tejero, 2 María Martín, 4 Almudena Montalvo, 5 Paula Gabín, 6 Clara López, 7 Judith García, 9 Laura Monzón, 10 Laura Ballesteros, 11 Verónica Marugán, 13 Raquel Díaz e 15 Natalia Asensio.
Victoria local nun partido sen moitas complicacións, o primeiro set foi disputado, co Leganés por diante dende o comezo ata que no segundo parcial, 16-15, o Zalaeta
se mete no encontro e supera as madrileñas no terceiro parcial poñendo o
1-0 no marcador. No segundo intercámbianse os papeis e é o equipo
coruñés o que domina os inicios do set, cunha diferenza que se vai
recortando ao mesmo tempo que o FisiomásZalaeta se vai esvaecendo ante a eficacia do saque do rival e cede o set cometendo demasiados erros.
No terceiro set é de novo o equipo titular do Barrio das Flores o que leva a inciativa, se adianta no marcador, comete menos erros e cun ataque eficiente non permite que o Leganés
poña en dúbida o seu dominio para chegar ao cuarto e rematar o partido
ante un equipo visitante que deu por vencido e cedeu a maior diferenza
do partido.
O conxunto de Jorge Barrero
fixo o xusto para gañar, ante un rival que tivo o seu mellor momento no
segundo set para tratar de remontar o partido, pero que non foi capaz de
superar as coruñesas cando estas apertaban o acelerador. O FisiomásZalaeta superou claramente en ataque e no xogo na rede ao cv leganes.com, e iso foi suficiente a pesar de cometer mais erros.
Gran partido de Sara Díaz
que con 27 puntos, 21 de ataque, 5 de saque e 1 bloqueo, tivo unha boa
tarde coa que contribuíu de forma destacada á vitoria do equipo,
séguelle Cristina G. Bermejo con 10 puntos, 5 de bloqueo. Por parte do Leganés, Laura Ballesteros con 14 puntos.
Tres
puntos que se suman e que serven para defender a cuarta praza, agora do
acoso da Curtidora despois do triunfo das de Aviles ante o Grupo,
terceiro, o que lles permite superar ao Volley is Life que caeu derrotado ante o Sant Boi. O EMEVE ponse ao mando da clasificación despois dos resultados favorables do fin de semana.
Próxima xornada desprazamento a Gijón para xogar co RGC Covadonga.