/TRES VICTORIAS DE TRES PARA O CVI ZALAETA.

TRES VICTORIAS DE TRES PARA O CVI ZALAETA.

  Xornada de excelentes resultados para o CVI Zalaeta, que conta os seus partidos por vitorias.

  No San Francisco Javier o FisiomásZalaeta impúxose claramente ao Tenerife Santa Cruz por 3-0.
VER + FOTOS

  O equipo de SF2 venceu por 3-0 ao Tenerife Santa Cruz nun encontro xogado no Polideportivo S. Francisco Javier, que deu comezo ás 19:00 dirixida polos colexiados CA Cordeiro e JC Lista, mesa Nuria Mahía, e cunha duración de 01 h 07 m. Parciais: 25-9; 25-21 y 25-15. Adestradores, local, Jorge Barrero e JM Sánchez e visitante, JF Herna e A. Rodríguez.

FISIOMÁSZALAETA: 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 4 Elena Sardiña, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 9 Olalla G. Taibo, 10 Sheyla Arias, 11 Patricia Suarez, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Nóa Sánchez.

TENERIFE SANTACRUZ: 1 Monica López, 3 Sara Rodríguez, 4 Maya García, 6 Liriana Camacho, 7 Laura Juan, 8 Melody Díaz, 10 Melania Hernández, 11 Raquel Hernández, 15 Verónica Álvarez e 18 Marga Picallo.

  Comeza
o partido cun equipo local moi decidido a lograr os puntos en xogo, moi
ordenado e eficiente, deseguida cobran unha diferenza no marcador, 16-6
no segundo parcial, que se converte en insalvable para as tinerfeñas
que en 20 m. ceden o primeiro set. Despois dunha saída irresistible,
vén a calma, e o conxunto coruñés adormécese ao tempo que o Tenerife
Santa Cruz
se centra e busca a súa oportunidade, que chega no último
parcial no que pon contra as cordas ao rival e parece que supera ao FisiomásZalaeta que se ve obrigado a afinar nos últimos puntos(19-21), logrando un parcial de 6-0 para poñer o 2-0 no marcador.
 No terceiro set voltamos aos
inicios, as visitantes soamente aguantan o primeiro parcial, 8-7, a
partir do cal teñen o partido imposible e ven como as de Jorge Barrero incrementan a diferenza no set para finalizar o encontro cun 3-0 e continuar sumando unha semana máis.
  O
bo comezo das do Instituto marcou as diferenzas e abriu o camiño para a
vitoria, realizaron un primeiro set moi serio e eficaz, en todas as
facetas do xogo, para desmotivarse no segundo ante a remontada do
Tenerife, que realizaron o seu mellor set do partido. Recupéranse e
remontan un marcador adverso no terceiro parcial dando a entender que as
herculinas levaban o tempo de encontro e non permiten que no terceiro se lles escape a vitoria.
  O Tenerife Santa Cruz presentou un perfil discreto na Coruña,
viuse desbordado por arranque do rival e cando tratou de remontar
encontrouse cun equipo que levaba o ritmo e non o deixaba facer o seu
xogo.
  O equipo local fixo un bo partido, con algunhas lagoas no
segundo set, boa actuación de todas as súas xogadoras con escasos erros,
ben no saque e na transición ao ataque. Unha vez máis Patricia Suarez con 13 puntos máxima anotadora do partido seguida de Lydia Alonso con 11, 4 de bloqueo. Polo equipo canario, Melody Díaz con 9 puntos. Ausencia de Marga Echevarría e Maca Corbo por motivos laborais, e da xuvenil Patri Santos por lesión, sustituída pola tamén xuvenil Elena Sardiña que é convocada por primeira vez na tempada.
  O FisiomásZalaeta  é o equipo que mais partidos leva xogados, 18, e ocupa a cuarta praza  con 35 puntos, e de momento só mira cara a arriba dependendo dos seus propios resultados para manterse nesa posición.
VER + FOTOS

  O primeiro dos enfrontamentos co XAV cambados foi o de xuvenís, correspondente á xornada 18, comezou ás 12:00 dirixido polo colexiado FL Barrallo, e cunha duración de 01 h 03 m, finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-9; 25-7 y 25-14. Adestradores, local D. Hermida e visitante Ouviña.

  FISIOMÁSZALAETA: 9 Sara Amarelle, 6 Paula Lema, 3 Raquel Rey, 2 Nerea Tabeayo, 4 Alba Quirós, 11 Elena Sardiña, 7 Inés Rivas e 15 Andrea Rivas.

  XAV CAMBADOS: 3 Martínez, 6 Barreiro, 16 Prego, 1 González 10 Padín 12 Pazos, 14 Vidal e 5 Baúlo.

  Partido doado para o equipo de D. Hermida que se enfrontou ao colista. Son dous equipos entre os que hai unha gran diferenza, as coruñesas que veñen de xogar na SLJF
a outro nivel, solucionaron rápida e doadamente o compromiso para sumar
na súa cuadrícula tres puntos máis que lles permiten continuar ocupando
a segunda posición na Liga Regular.

 

VER + FOTOS

  No S. Francisco Javier ás 16:00, e como é costume xogouse o partido de 2ª Div. A como previo ao de SF2, que nesta ocasión, enfrontaba aos equipos Autos Cancela Zalaeta e XAV Cambados. Dirixido polos colexiados JC Liste e S. Lagares, tivo unha duración de 01 h 44 m e finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 25-18; 25-15; 23-25 y 25-19. Adestradores, local D. Hermida e visitante Varela.

AUTOS CANCELA ZALAETA: 14 Irene Vázquez, 17 Ana Mª Ceba, 16 Irene Villaverde, 15 Paula Bermudez,2 Nerea Tabeayo, 7 Inés Rivas, 1 Susana Suarez, 11 Elena Sardiña, 9 Sara Amarelle e 4 Alba Quirós.

XAV CAMBADOS: 7 Oubiña, 6 Silva, 8 López, 4 González, 15 Padín, 1 Vidal, 2 Barreira, 9 Vila 3 Charlín e 15 Gómez.

  Foron
parecidos os dous primeiros sets, as locais foron distanciándose no
marcador a partir do segundo parcial facendo valer o seu mellor ataque
baseado nunha boa recepción, e pecharon ambos os dous sets cunha cómoda
diferenza. Pero as de Cambados non estaban
de acordo, e no terceiro set adiantáronse no marcador dende o comezo,
6-9 no primeiro parcial, e foron mantendo as distancias sen que as do
Instituto puidesen remontar, para finalizar o set ao seu favor nun
apertado e merecido 23-25.
  Era o momento do partido, o Autos Cancela debería de reaccionar se non quería o empate, ao que si estaban dispostas as do XAV,
e despois duns comezos titubeantes, se suceden os empates, no terceiro
parcial do set impóñense as coruñesas e superan as rivais gañando o
partido: 3-1. Suman así tres novos puntos que lle permiten ao Autos Cancela Zalaeta continuar na cuarta praza empatadas co VoleyOurense. Clasificación.

VER + FOTOS

 Tamén o sábado pola mañá houbo actividade en “A Catedral”, Monte dás Moas, onde as categorías base tiveron unha xornada de voleibol e xogaron os partidos correspondentes aos Xogos Escolares, onde o CVI Zalaeta estivo representado por un equipo de Alevines e dous de Infantiles.
O de Infantiles A enfrontouse ao Colexio Santa Mª del Mar, e a nós chegounos esta crónica:

  Zalaeta Infantil A  2-0  Sta. Mª del Mar.

  Polo Zalaeta xogaron: Andrea ©, Salam, Lucía, Paula C., Bea, Cata, María, Blanca, Paula R., Mariña e Inés.

  Nova vitoria para as pupilas de Andrea e Mery, que dirixen un equipo, baixo as supervisión de Pepe, no que os principios básicos do deporte son fundamentais, e a participación de todas as xogadoras, necesaria.
  As
esixencias para este partido eran 3: meter o saque, pedir os balóns e
decatarnos de cando nos mandan un balón doado ou nos atacan.
  Empezan no partido un pouco nerviosas e indecisas. Santa María
simplemente mete o saque e fai puntos. Pero grazas a un bo refacho de
saque da nosa capitá, e que as nenas se ven por enriba, comezan a verse
tímidos esforzos por facer as xogadas adestradas: están máis atentas na
rede e moven os pés en defensa, os balóns que chegan ben, intentan ser
rematados e pouco a pouco imos mellorando. E así conseguimos levar o primeiro set, cunha vantaxe de 5 puntos.
  Para
o segundo set, cambio total do equipo: o banco sae ao campo, e o inicio
é similar ao do principio do partido. Pero a dinámica seguirá o mesmo
curso que no anterior, e mesmo mellor. Outro bo refacho no saque, esta
vez de Blanca, consegue unha vantaxe de 9 puntos.
  Agora
conseguimos estar máis atentas a balóns que veñen ao primeiro ou
segundo toque e gañar os puntos atacando, para pechar o set e o partido:
2-0.
  Obxectivo do saque cumprido satisfactoriamente, tan só 7 erros
en total. A corrixir: a comunicación entre xogadoras no campo e a
reacción ante balóns doados.
  Así a todo, un partido bonito, no que as
nenas o pasaron moi ben e animaron moito, e no que puideron xogar
todas. E como premio polo traballo, unha vitoria.

 

 

TAGS: