/RESULTADOS DA XORNADA DO 25 DE XANEIRO

RESULTADOS DA XORNADA DO 25 DE XANEIRO

  Derrota do FisiomásZalaeta no seu desprazamento a Sant Boi, por 3-2, nun longo e complicado partido.


   Ás 17:00 comezaba no P. A Parellada o encontro correspondente á 13ª xornada de SF2 dirixido polos colexiados Santana e Palma. Cunha duración de 2 h, finalizou 3-2, con parciais 27-25; 20-25; 27-29; 25-11 y 15-5. Adestradores, local D. Lorente e visitante J. Barreiro e JM Sánchez.

SANT BOI: 2 Andrea Camacho, 3 Claudia García, 4 Eva Montero, 5 Rocío Vázquez, 7 Elena García, 8 Narayet Gil, 12 Silvia Solanellas, 14 Nuria Montero, 15 Stacie Angulo, 17 Nadia Molino e 18 Alba Castejón.

FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 12 Marga Echevarría, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.

   Dende o comezo o equipo de Sant Boi
sae con intención de quedarse os puntos en xogo e adiántase no marcador
a pesar da resistencia das visitantes que apertan ao final pero ceden o
1-0 cun axustado 27-25. No segundo as diferenzas son menores, ata que
as coruñesas conseguen no terceiro parcial, 15-21, unha vantaxe que se
fai insalvable para as locais e empatan o partido.   Melloran o xogo as
xogadoras do FisiomásZalaeta e entramos no terceiro no que superan no marcador e na cancha ás de D. Lorente,
pero estas non se dan por vencidas, reaccionan e poñen en apertos as
rivais que afrouxan, aínda que gañan o set moi apertado. Non estaba todo
decidido, a reacción local continúa e os movementos no banco e o
acertado xogo da colocadora na distribución do xogo levan ao Sant Boi
por diante no marcador, logran un parcial de saída de 8-2 que as leva a
gañar o set cunha avultada diferenza que certifica o empate, e a
solución no tie-break. Era o momento das catalás e non o deixaron pasar, encararon o quinto como o anterior, e cun incio de 8-0 non apareceron dúbidas acerca do gañador: 15-5.
   O conxunto de Jorge Barrero
tráese un punto do seu desprazamento a terras catalás despois dun longo
partido, no que tiveron as súas oportunidades, pero non puideron
decidir ante a reacción do Sant Boi que trataba de dar unha boa impresión ante a súa afección e que necesitaba os puntos en xogo.
Non realizaron un bo encontro, alternado boas fases de xogo con
outras menos boas. Unha boa reacción na parte final do primeiro, que non
foi suficiente, levounas a realizar un segundo e terceiro sets a bo
nivel, pero erros e imprecisións fixéronlles perder a concentración e
cederon ante o pulo local.
   A Sara con 18 puntos máxima anotadora do Zalaeta, síguena Lydia,16 e Sheila con 14. Máxima anotadora do encontro, N. Gil con 19 Puntos. Mencionar a ausencia de Patricia Suarez que non puido desprazarse por motivos laborais, e cuxa achega ao ataque de equipo sempre é destacable.
   Con este resultado continúa a loita polo cuarto posto, agora en mans do Voleibol Is Life, aínda que con escasa diferenza, que se tratará de asaltar na próxima xornada en partido ante o Voley Playa Madrid no Barrio.
 ………………………………….

       Autos Cancela Zalaeta lévase o derby local ante o Universitario nun sufrido e igualado encontro que se decidiu no quinto set.

VER + FOTOS
   

 
  Ás 16:00 comezaba no Barrio un partido de rivalidade que se
presentaba, precisamente por esa rivalidade, incerto, cun prognóstico
aberto a calquera resultado. Dirixido polos colexiados FL Barrallo, A. Borrás e Natalia Díaz
tivo unha duración de 01 h 59 m e finalizou cun resultado de 3-2 con
parciais 25-27; 22-25; 25-9; 25-23 y 15-10. Adestradores, local Fernando Cueto, e visitante Sonia Ennes.

  AUTOS CANCELA ZALAETA: 18 Irene Vázquez, 6 Paula Lema, 12 Ana Mª Ceba, 9 Sara Amarelle, 16 Irene Villaverde, 15 Paula Bermudez, 7 Inés Rivas, 11 Elena Sardiña, 3 Nerea Tabeayo, 4 Alba Quirós, 14 Alba Fernández e 1 Susana Suarez.

  GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC: 7 Ennes S., 1 Varela, 9 Blanco, 2 González O., 10 Simón, 17 Ennes I., 6 Fernández, 3 Prieto e 4 González F.

   Comeza o partido e abre o marcador o equipo local, pero o UDC non se deixa dominar e pouco a pouco se impón para chegar ao a recta final de set cunha ampla vantaxe, 20-15, parece que o Zalaeta
se recupera e trata de igualar o resultado, pero finalmente é o
Universitario o que pecha o set cun apurado 27-25. O segundo set tamén
está moi igualado, ambos os dous equipos despregan un bo xogo tanto de
ataque como en defensa que propicia a igualdade no marcador, pero parece
que é o conxunto visitante o que leva o tempo do partido e o que decide
ao final do set, 2-0.
 Presentábase complicado para o Autos Cancela Zalaeta
superar o líder un resultado adverso, pero a confianza nas súas
posibilidades permitíanlle non decaer e despregando un bo xogo, esperar
a súa oportunidade, e esta chegou no terceiro, no que se impuxeron
claramente coa maior diferenza do partido ante un rival que desapareceu
da pista e que carente de acerto cedeu o set mais rápido do partido.
Balón de osíxeno para as xogadoras de Fernando Cueto
que conseguen alongar o encontro e chegar ao cuarto co mesmo guión que
os primeiros, igualdade no xogo e oportunidades repartidas: a primeira
parte para o Universitario e o tramo final e o set para o Zalaeta que consegue forzar o tie-break.
Asistimos a un partido de calidade, no que a igualdade foi a nota
predominante, ambos os dous equipos tiveron as súas oportunidades e
estiveron a un bo nivel en todas as facetas do xogo. O xogo de ataque do
Zalaeta foi máis eficaz na parte final de partido, o que lle deu seguridade para finalizar o quinto por enriba do UDC
que a estas alturas do xogo quedou sen recursos e cedeu un partido, no
que ambos os dous equipos deixaron unha boa impresión, e se levou un
punto.
Con este resultado o Autos Cancela Zalaeta afiánzase na cuarta posición da táboa, á espera doutros resultados. A próxima xornada será contra o Jealsa Boiro Voleibol.

……………………………………….

  Celebrada a 14º xornada das ligas galegas, nas que en categoría xuvenil, o FisiomásZalaeta se enfrontou ao Fisioterapia Cinesia A-Solutions Noia, esta mañá ás 12:00 no Pavillón do Instituto. Encontro dirixido polo colexiado FL Barrallo, tivo unha duración de 53 m e finalizou cun resutado de 3-0 con parciais, 25-9; 25-10 y 25-14. Adestradores, local Tania Cobos e visitante Moure.

   FISIOMÁSZALAETA: 9 Sara A., 12 Paula, 4 Elena, 10 Ana C., 8 Nerea, 2 Alba Q., 7 Inés, 11 Sara Armesto, 6 Alba F. e 1 Susana.

  FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUTIONS NOIA: 10 Canabal, 8 Castro G., 1 Baceiro, 17 Branco, 11 Castro R., 7 Martínez, 16 Vaamonde e 4 Vidal.

  
Partido sen complicacións para as do Instituto que dominaron
comodamente o marcador ante un rival que foi de menos a máis pero sen
inquietar ás locais en ningún momento. O resultado marca a diferenza
entre os equipos e permite ao Zalaeta un
xogo relaxado no que funciona ben o ataque e hai movemento de xogadoras
no banco. Unha vitoria que serve para seguir sumando puntos e continuar
nos postos de cabeza da clasificación á espera doutros resultados.
   A próxima xornada, a domicilio ante o Jealsa Boiro Voleibol.

TAGS: