VER + FOTOS |
FISIOMÁSZALAETA: 1 Patri Santos, 2 Cristina G Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheyla Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Marga Echevarría, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.
AD LA CURTIDORA: 1 Carrol Weston, 2 Patricia Franco, 3 Claudia Rodríguez, 4 Sarai Vieites, 7 Celia Flórez,9 Carlota García, 10 Cristina Imargues, 11 Vanessa Murray, 12 Covadonga Busto, 14 Paula García, 15 Paula López e 16 María Martínez.
volta, na casa, ante o inmediato seguidor co que conviña abrir oco.
Parece que non foi suficiente o quentamento para as locais, que saíron á
pista no primeiro set para deixarse dominar polas de Aviles que
impuxeron o seu xogo doadamente, por diante en todos os parciais, e
finalizaron cunha gran diferenza que facía presaxiar o peor. Pero fora
moi doado, e no segundo set cambiaron as cousas, inverteuse o guión e
agora eran as de J. Barrero as que
dominaban claramente, funcionaba o ataque e a defensa e sobre todo
cometíanse menos erros, e gañaron o set coa mesma facilidade coa que
perderan o anterior.
Esta foi a tónica do partido, dominio alterno
que fixo que o terceiro e cuarto sets fosen unha repetición dos
anteriores, para decidir no tie-break. No quinto comezaba o FisiomásZalaeta adiantándose no marcador para ceder posteriormente o control a La Curtidora que logra un 12-11 que poñía emoción no momento final, pero as locais finalizan ben e resolven o set e o partido.
predominante do partido, un primeiro partido do ano para ambos os dous
equipos que parece que acusan certa falta de tensión despois de descanso
do Nadal e que xogaron por debaixo do seu nivel alternando eficacia e
deixando facer ao rival.
O mellor para FisiomásZalaeta ” o resultado e a incorporación de Patricia e Lydia, que xa están para xogar e ás que só lles falta ritmo, di Jorge Barrero, para o que o partido non foi o mellor da tempada, pero finalmente soubemos resolver e levámonos dous puntos. “
Dous puntos que serven para remontar na clasificación e ocupar de novo a cuarta praza ao superar o Volley Is Life que perdeu (0-3) ante o Grupo.
Destacar a actuación de Sara Díaz, máxima anotadora do encontro con 21 puntos (17 en ataque), seguida de Patricia Suarez con 16 e Cristina G Bermejo con 13, 6 de bloqueo, o que nos obligará a estar pendentes das estísticas desta xornada.
VER + FOTOS |
A primeira vitoria do día veu
da man das xuvenís, o sábado pola mañá (11.30 h) en encontro
correspondente á Xornada 13 da Liga Galega Xuvenil Feminina, enfrontando
no Pavillón do Instituto ao equipo de FisiomásZalaeta co Xuvenil Teis.
O encontro, de 1 h e 14 m de duración e dirixido pola colexiada Laura Lago, resolveuse 3-0 con parciais 25-23, 25-6 e 25-21. Adestradores, local, David Hermida, e visitante, Cruz e Veloso.
FISIOMÁSZALAETA: 8 Patri, 3 Paula (L), 1 Susana, 7 Inés, 13 Nerea, 10 Ana, 2 Alba, 11 Sara A., 9 Sara R., 15 Andrea, 14 Raquel, 16 Lydia.
XUVENIL TEIS: 14 Larrán, 16 Canón, 18 Rodríguez, 2 Araujo, 9 Fernández, 15 Rodríguez, 12 Lois, 11 Pereira, 6 González, 5 Fontes.
No primeiro partido do equipo xuvenil ao completo (recuperamos a baixa de Lydia), viviuse no Pavillón do Instituto un intenso encontro contra un dos rivais máis directos na clasificación, o Xuvenil Teis, que vén de finalizar como líder da primeira volta.
O primeiro foi un set moi competido, no que destacou a alternancia constante no marcador, e no que as do FisiomásZalaeta
desaproveitaron a vantaxe conseguida nos primeiros parciais, para ter
que remontar e gañar ao final, levándoo pola mínima (25-23);
conseguen, no segundo set, un xogo confiado e serio, sen erros, que os
leva a gañar por unha ampla diferenza (25-6). No terceiro e último set
parece que as do Xuvenil de Teis saen á cancha con intención de non rematar aquí, pero as pupilas de David Hermida non llelo permiten, e lévanse o set e o partido (25-21).
É
de resaltar que xa non só polo resultado, se non polo xogo realizado,
este foi un dos mellores partidos xogados polo novo equipo xuvenil, que
conseguiu realizar un encontro tranquilo, sen moito erro, no que
destacou a confianza e a seguridade en si mesmas.
Agora a intención é continuar por esa liña, de cara a chegar á competición da Superliga Júnior (A Coruña, 13-16 de Febreiro) nas mellores condicións posibles, tanto en actitude coma en técnica.
………………………….
Pola tarde, no Barrio, como previa ao partido de SF2, xogouse o partido de 2ª Div. A correspondente á xornada n.º 13 entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e Xuvenil de Teis. Solucionouse cun resultado de 3-0 para as locais, con parciais 25-15; 25-22 y 25-8.
Partido cómodo para as do Instituto que solucionaron rapidamente, unicamente no segundo set contaron coa oposición do Xuvenil que pretendía darlle a volta ao marcador. O equipo de D. Hermida
continúa nun bo momento, realizando un xogo moi completo e sen fisuras,
o que lle permite situarse nunha cómoda cuarta posición na táboa á
espera de recibir na próxima xornada ao líder, o UDC, ocasión propicia para tratar de reducir distancias coa cabeza da clasificación.