/RESULTADOS DA XORNADA DE LIGA GALEGA.

RESULTADOS DA XORNADA DE LIGA GALEGA.

VER FOTOS
  Na tarde do sábado na Sagrada Familia xogábase un interesante partido de 2ª Div. A que enfrontaba ao primeiro clasificado, o Calasancias Coruña e o quinto, Autos Cancela Zalaeta, que daba comezo ás 18:00 dirixido polos colexiados J. Liste e L. Lago tivo unha duración de 01h. 44m. e finalizou cun resultado de 1-3, con parciais: 25-11; 18-25; 18-25 y 24-26. Adestradores, local Suarez e visitante Hermida.

  CALASANCIAS CORUÑA: 1 Guimarey, 2 Quintas, 3 Piñeiro, 9 Lojo, 8 Caínzos, 4 Rumbo, 10 Lago, 5 Oliveira, 14 Gil, 1 García, 11 Buján e 17 De Souza.

  AUTOS CANCELA ZALAETA: 8 Tania, 12 Ana Mª, 6 Elena, 16 Irene, 9 Sara, 4 Alba, 7 Inés, 8 Andrea, 1 Susana, 18 Irene Vázquez, 15 Paula B. e 13 Patri.

   Esperábase con interese este partido entre estes dous equipos coruñeses da categoría, un Calasancias Coruña que está a realizar un grande tempada e que cun grande equipo ocupa a primeira posición da táboa nunha enconada loita co Universitario da Coruña, e un Autos Cancela Zalaeta que está a realizar un irregular primeira fase da Liga, pero que loita por non se afastar dos postos de cabeza.
 
Comeza o partido coas locais a tope, moi concentradas, impóñense
claramente cun gran xogo en todas as facetas a un rival que parecía que
aínda non saíra do vestiario cando se encontrou co 1-0 e unha avultada
diferenza.
   Así as cousas, o líder na súa liña dominando o xogo,
parece ter encarrilado o encontro xa que a intermitencia do equipo do
Instituto mostra a súa peor cara neste comezo de partido, pero o segundo
set gardábanos unha sorpresa: a reacción do Zalaeta
non se fai esperar e dende o principio saen decididas rectificar e
mandan no marcador, movementos de banco, concentración e eficacia no
xogo de ataque lévanlles a superar ao Calasancias e empatar o partido. No terceiro, o Autos Cancela Zalaeta
non afrouxa, continúa na mesma liña do anterior, e aínda que empezan
por debaixo no marcador, mediado o set xa teñen unha vantaxe que
manteñen ata o final e vencen co mesmo resultado que o 2º: 18-25.
   O cuarto set é a derradeira oportunidade do Calasancias
de evitar a sorpresa remontando o partido, e saen a iso realizando un
gran xogo nun set moi igualado con escasas diferenzas, no que a actitude
das de Zalaeta logra impoñerse e gañan o set e o partido cun resultado moi axustado.
   Bonito partido o que presenciamos na Sagrada,
con excelentes xogadas de ataque e boas defensas, xogadas longas, os
dous equipos se empregaron e deron o mellor para satisfacción dos
espectadores. O Calasancias cun equipo moi completo e con xogadoras procedentes doutras categorías, e o Zalaeta
cun equipo novo en busca de experiencia, duas formulacións diferentes
con obxectivos distintos, realizaron un grande encontro nunha categoría na que podemos esperar unha segunda volta mais competida que esta
primeira, con todos os equipos con maior rendemento e mais emoción.

………………………………………….

VER FOTOS

  O primeiro encontro deste dobre derby local, foi o de categoría xuveníl, entre o Calasancias Coruña e o Zalaeta, comezaba ás 12:20 do sábado no Pavillón de Calasancias, e dirixido polo colexiado V. López,
tivo unha duración de 58 m e finalizou cun resultado de 0-3 con
parciais 9-25; 10-25 y 18-25. Adestradores, local Rumbo e visitante Hermida.

  CALASANCIAS CORUÑA: 13 Romero, 1 Canalda, 8 Pérez, 16 Dopaz, 15 Rodríguez, 18 Espiñeira, 10 Picado, 12 Dorta, 2 Salgueiro, 4 Souto, 7 Castro e 5 Nogueiras.

  FISIOMÁSZALAETA: 8 Patri, 18 Paula, 1 Susana, 10 Ana, 14 Raquel, 13 Nerea, 11 Sara A., 2 Alba, 7 Inés, 15 Andrea, 9 Sara R. e 4 Elena.
  Partido rápido no que o equipo visitante se impuxo comodamente a un rival que non tivo nada que facer ante un FisiomásZalaeta que se mostrou superior dende o principio, e que non permitiu a reacción dos colexiais. 
  As xogadoras de D. Hermida
realizaron un partido completo, comezando forte para non perder opción
dende o primeiro set, no que obtiveron a maior diferenza. Este resultado
serve para paliar o obtido o día anterior de cara á clasificación e
continuar á espera doutros resultados.

…………………………………….

  
  O venres xogábase na cancha do Instituto o partido aprazado correspondente á oitava xornada de categoría xuvenil entre os equipos FisiomásZalaeta e EMEVE Elide de Lugo e que finalizou con derrota local por 0-3 con parciais 24-26; 13-25 y 20-25. Empezaba ás 19:30 dirixido polos colexiados Folgar e Cobos. Adestradores, local D. Hermida e visitante J. Val e F. Pena

  FISIOMÁSZALAETA: 8 Patri, 13 Paula, 15 Andrea, 3 Nerea, 2 Alba, 7 Inés, 9 Sara R.., 10 Ana, 1 susana, 14 Raquel, 4 Elena e 11 Sara A.

  EMEVE ÉLIDE: 9 Rozas, 10 Mourelos, 1 Novo, 4 Rodríguez, 2 Arias, 8 Uriz, 12 Carvajal, 14 Folgueira, 7 Saa, 18 Gancedo e 3 Lorenzo.

  Presentábase un partido
interesante entre dous equipos aspirantes aos postos altos da táboa,
esperábase que fose competido e que as locais aproveitasen a súa
oportunidade de xogar na casa para impoñerse a un rival difícil, ao que
se lle coñece moi ben o seu potencial.
   Bos comezos para o Zalaeta
que xa dende o inicio se adianta no marcador, funciónalle ben o ataque o
que lle permite ir abrindo oco pouco a pouco dominando as rivais. Cun
parcial de 23-18 parecía que o set estaba decidido, pero non quixeron as
de Lugo que fose así, de modo que ante as
dúbidas locais para pechar o marcador ao seu favor, remontan nun
espectacular final de set e impóñense cun axustado 24-26.
   Parece que as do Instituto quedaron fóra de combate, sen reacción e ante un EMEVE que en alza e recuperado, non afrouxa, ceden o set rapidamente e coa maior diferenza do partido. David Hermida
puxo a funcionar o banco e parece que fai efecto, o terceiro é de novo
un set igualado, con alternancia no marcador no que parece que pode ser o
da reacción local, pero as xogadoras de José Valle non permiten a que pode ser a perigosa remontada do FisiomásZalaeta e apertan ao final para gañar o set e o partido.
  
Partido complicado para as coruñesas, que non souberon ofrecer a súa
mellor cara para vencer un rival de entidade, comezaron moi ben cun
ataque efectivo avalado nunha boa defensa, pero que non foron capaces de
manter cando o contrario apertou, e que as dúbidas se manifestaban
claramente. Despois de perder o primeiro set que case se contaba como
gañado, os erros aumentaron, fallos no saque cortaban as remontadas
cando podían producirse e os erros en recepción non permitían xerar o
ataque, pouco a pouco perderon a fe nas súas posibilidades e entregaron
un partido que esperabamos que fose doutro xeito.
   Pola súa banda
as lucenses realizaron o seu partido equipo de gran nivel con xogadoras
experimentadas en categorías superiores, xogaron ben en todas as facetas
do xogo, levando o tempo do partido sobre todo no segundo e terceiro
set, sen fallos e tirando proveito dos erros do rival, foron xustas
vencedoras.
……………………
  
TAGS: