FISIOMÁSZALAETA: 9 Patricia, 13 Paula, 4 Elena, 9 Sara R., 11 Sara A., 15 Andrea, 7 Inés, 14 Raquel, 10 Ana, 2 Alba A., 6 Alba F. e 1 Susana.
AD A PINGUELA: 10 Vázquez, 13 López, 2 Nariño, 3 Fernández, 11 Camiño, 6 Díaz R., 18 Díaz S., 9 rodríguez e 12 Cortiñas.
visitante moi serio e decidido, que rapidamente se pon cun parcial de
0-4 ante un rival que non ten concentración e ao que lle custa xogar.
Mediado o set, as diferenzas acúrtanse, aínda que o encontro continúa
moi igualado ata que nos últimos puntos unha serie de acertos seguidos
das do Instituto decanta o marcador ao seu favor e poñen o 1-0.
No segundo set, as de Zalaeta
non se deixan sorprender, e xa mais centradas, cometen menos erros e
funciónalles ben o ataque, as diferenzas sobre as de Monforte amplíanse pouco a pouco e iso
permite ao equipo local mover o banco para ir dando entrada a todas as
súas xogadoras, 2-0.
No terceiro, de novo A Pinguela
toma a iniciativa, quere meterse no partido e preme as coruñesas, que
volven dar mostras de perda de concentración ata que un 12-9 marca as
diferenzas do lado de Zalaeta que consegue o set e o partido.
O equipo local realizou un bo partido, cun ataque efectivo baseado
nunha boa defensa cunha boa distribución do balón, pero o seu xogo
intermitente puido causarlles problemas ante un rival que sabe xogar e
está organizado na cancha, pero ao que lle falta experiencia.
Con este resultado o FisiomásZalaeta
continúa no grupo de cabeza da clasificación á espera dos resultados da
xornada, en particular do partido que enfronta o VoleyOurense e ao EMEVE, en 2º e 4º lugar respectivamente.
Próxima xornada, ante o Calasancias Coruña, o día 21 na cancha das colexiais.
Pola tarde no Barrio das Flores e como previo ao partido de SF2, xogouse o encontro de 2ª Div A correspondente á 10ª xornada entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e EllaEl Vigo Voley, que foi dirixido polos coelgiados A. Ares e N. Díaz. Finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 25-16, 25-23, 23-25 e 25-19. Adestradores, local D. Hermida e visitante Falagan.
AUTOS CANCELA ZALAETA: 8 Tania, 6 Paula Lema, 12 Ana Mª, 11 Ana Calvo, 7 Inés, 2 Elena, 9 Sara, 10 Irene Villaverde, 1 Susana, 4 Nerea, 18 Irene Vázquez e 15 Paula Bermudez.
ELLAEL VIGO VOLEY: 1 Diego, 3 López, 6 Gallidoiro, 7 Martínez, 8 Lorenzo, 11 Abelleira e 13 Niessen.
O primeiro set tivo clara cor local, cun equipo visitante que parecía
que saía sen quentar, aínda que tivo unha tímida reacción no segundo
parcial, o Zalaeta anotouse o primeiro set
cunha ampla diferenza. A continuación non foi do mesmo modo, o EllaEl
reacciona e xoga mellor apertando as rivais e loitando por empatar o
partido, pero as coruñesas remontan na parte final e conseguen o set nos
últimos puntos. Non obstante o equipo de Vigo
non só non afrouxa senón que vai a máis, continúa insistindo e realizan
o mellor set do partido, cun comezo de set moi igualado devólvenlle a
moeda ao Zalaeta e gañan o set nos últimos puntos e de forma moi axustada.
Xa no cuarto de novo é a hora das de David Hermida,
dende o comezo non dan oportunidade ás rivais e sempre por diante no
marcador, pouco a pouco van ampliando as diferenzas e gañan o set e o
partido con 25-19.
Foi un partido que tivo dúas partes ben
definidas, o primeiro e cuarto set foron de control local, nos que o
equipo función ben e coordinado logrou boas xogadas de ataque realizando
ben todas as facetas do xogo, no segundo e terceiro perderon a
concentración xogando de forma intermitente, o que aproveitou o EllaEl
para subir o nivel e despregar o seu mellor xogo cunha mellor defensa e
aplicándose en ataque para superar en xogo ao Zalaeta aínda que non no marcador.
Con este resultado o Autos Cancela Zalaeta
afiánzase na 5ª posición da táboa sen perder de vista a cabeza da clasificación á espera do seu partido da próxima xornada ante o líder, o
Calasancias Coruña o día 21.