GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0
Derby local no partido ante o UDC,
campión e subcampión da pasada tempada fronte a fronte. Esta mañá ás
12:00 comezaba o encontro entre estes dous equipos, que sería dirixido
polos colexiados Alfonso Ares, Duarte Borrás e José L.
Ferreiro. Tivo unha duración de 01 h 34 m, e finalizou cun resultado de
3-0, con parciais: 25-13; 26-24 y 27-25. Adestradores, local, Sonia Ennes e visitante, David Hermida.

GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC: 7
Ennes, 14 Constantini, 13 Prieto, 8 Lago, 17 Ennes I., 4 González, 12
Fernández, 2 González P., 9 Blanco e 15 Faccio.

AUTOS CANCELA ZALAETA: 3 Patri Santos, 18 Paula Martínez, 8 Tania Cobos,
15 Paula Bermudez, 14 Alba Fernández, 13 Paula Lema, 1 Susana Suarez, 4 Alba
Quirós, 7 Inés Rivas, 9 Sara Amarelle, 2 Elena Sardiña e 12 Ana Mª Ceba.

Xogábase un partido importante
para ambos os dous equipos, no que á marxe da rivalidade existente, os
dous necesitaban a vitoria para non perder o ritmo de cabeza.
Comeza o encontro coas universitarias moi concentradas, decididas a
todo, logran un parcial de 16-8 ante un equipo rival que non encontra o
seu sitio no campo e que cede o primeiro set con moitos erros e sen
realizar nada positivo.
A segunda manga toma outro cariz, as locais
vense sorprendidas pola reacción das do Instituto que parecen non ser
as do set anterior, adiántanse no marcador mellorando radicalmente o seu
xogo, funciona o seu ataque e defenden ben o do adversario, logrando
unha ampla diferenza na primeira metade. Pero o UDC non se deixa dobregar, e co seu xogo vai restando diferenzas e consegue impoñerse por un axustado 26-24. No terceiro, o Autos Cancela Zalaeta
continúa insistindo, non dá o partido por perdido en ningún momento,
son conscientes de que o seu xogo pode estar á altura e realizan o
mellor set do partido, entretido e vibrante, no que as diferenzas son
escasas e nos brindan bonitas xogadas, pero unha vez máis a veteranía do
equipo universitario imponse e demostran que saben pechar un set
axustado e en apuros.
Sensible melloría do Zalaeta, que para o seu adestrador, David Hermida,
“xogamos mellor que a xornada pasada, estivemos máis metidos no partido
e melloramos en todas as facetas, non obstante, non levamos ben a
presión de ter que gañar cando o set está axustado, aí impúxose a
experiencia do UDC que no segundo e terceiro set superounos in extremis”.

A próxima xornada, partido no Barrio ante o Jealsa Boiro Voleibol, que se impuxo ao Xuvenil e se coloca no grupo de cabeza.