/XORNADA DO 26 DE OUTUBRO

XORNADA DO 26 DE OUTUBRO

   Hoxe comezamos un intenso fin de semana de voleibol no Pavillón do Instituto cun partidazo entre os equipos A e B das categorías base, no que houbo grande animación e todo o mundo gozou dunha xornada mañanera e deportiva.
   
Enfrontáronse ambos os dous equipos, que se coñecen á perfección, no
que é o seu primeiro partido de pretempada, co que o seu respectivos
entrenador@s pretenden ir dándolles a rodaxe oportuna e que vaian
collendo experiencia para a competición.
    O certo é que o resultado
se nos pasou desapercibido, pero o que si vimos, é un xogo ordenado e
con sentido, tratábase de facer ben as cousas e de intentar realizar as
xogadas que indicaban as súas adestradoras dende a banda, ganduxábanse
as xogadas perfectamente.
    Deixáronnos un bo sabor de boca, e ganas de volver repetilo.
    Por certo, moi ben Manuel no seu labor de árbitro. A ter en conta que sen árbitro, non hai partido.
…………………

                      ÚLTIMA HORA.       XUVENÍS:    NOIA  0  ZALAETA  3

     Esta mañá comezaba ás 11:00 no Alonso Rodríguez de Noia o encontro de xuvenís correspondente á terceira xornada, que enfrontaba aos equipos Fisioterapia Cinesia A-Solutions Noia co FisiomásZalaeta, que cunha hora de duración finalizou 0-3 con parciais: 10-25; 17-25 y 10-25. Adestradores, local, Liboreiro e Caamaño, visitante, D. Hermida e T. Cobos.

     FISIOTERAPIA
CINESIA A-SOLUTIONS NOIA
:  4 Vidal, 8
Castro, 3 García, 6 Seijas, 16 Vaamonde, 5 Trillo, 1 Beceiro, 17 Blanco, 7
Martínez, 9 Barreiro, 11 Castro e 12 López.
      FISIOMÁSZALAETA:   8
Patri Santos, 13 Paula Lema, 6 Alba Fernández, 1 Susana Suarez, 10 Ana Calvo, 2
Alba Quirós, 9 Sara R. Amarelle, 4 Elena Sardiña e 7 Inés Rivas.
    Partido resolto pola vía rápida polo Zalaeta ante un Noia
que está a comezar a competición sen ritmo e o paga na clasificación.
Este resultado sérvelle as coruñesas para resarcirse da derrota da
pasada xornada e retomar os postos de cabeza sen deixar oco cos dous
primeiros clasificados. O resultado produto dunha mellora no seu xogo
permítelle ás do Instituto afrontar con tranquilidade a dobre xornada do
próximo fin de semana.
  
TAGS: