/SF2: VOLEY PLAYA MADRID 1 FISIOMÁSZALAETA 3

SF2: VOLEY PLAYA MADRID 1 FISIOMÁSZALAETA 3

+FOTOS

   Nova vitoria do FISIOMÁSZALAETA no desprazamento a Madrid a cancha do VOLEY PLAYA por 1-3 con parciais 19-25; 20-25; 33-31 y 20-25.
   Encontro dirixido polo colexiado Soto Grande, tivo unha duración de 01h 48m, adestradores, local F. Manso, visitante, J. Barrero e JM Sánchez.

   VOLEY PLAYA MADRID: 2 Saucedo, 3 Romina Balda, 4 Ruth Oliver, 5 Rocío Molina, 6 Cristina García, 7 Raquel Sáez, 8 Patricia Varón, 9 Blanca Izquierdo, 10 Carmen Muñoz, 11 Vanesa Rubio e 13 Ana Berriatúa.

   FISIOMÁSZALAETA:  1 Patricia Santos, 2 Cristina G.Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Margarita Echeverría, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noemí Sánchez.

   Triunfo importante do equipo de Jorge Barrero fora da casa que o coloca en segunda posición empatado a puntos co Grupo Covadonga e o EMEVE.
   Foi un partido no que unha vez mais as coruñesas saíron moi centradas e confiadas nas súas posibilidades, de modo que comenzaron o primeiro set adinatándose no marcador, e dominando o xogo, sen dar opción ás madrileñas, puxeron o 1-0.
   O segundo, parecido ao anterior, o FisiomásZalaeta continuaba levando o tempo do partido, superou a vantaxe inicial das madrileñas cun gran xogo na rede, e púxose por diante no marcador en todos os parciais, en impúxose no set a pesar do pulo das locais.
   O terceiro foi o set do Voley Playa, decididas a darlle a volta ao partido, apertaron e foron superiores en atque ao bloqueo galego, aínda que moi axustado o marcador, o Zalaeta desperdiciou dúas bolas de partido, as locais sonseguiron un emocionante e longo set.
   No cuarto e último, as coruñesas saíron con intención de finalizar o encontro, e aínda que o VP mellorou o ataque polas ás e apertou no bloqueo, as do Instituto, por diante no marcador, ainda que con escasas diferenzas, non deixaron escapar o set e levaron o partido.
    Para o adestrador coruñés, ” o equipo estivo moi ben en ataque e foi superior ás madrileñas no xogo na rede. E sobre todo fomos mais regulares que as nosas rivais para lograr continuar invictos cunha nova vitoria que nos achega tranqulidiade e confianza”.
   Destacar o ataque coruñés con Patri Suarez como máxima anotadora do encontro con 23 puntos, e achega de Rocío, Chey e Sara, así como destacar en conxunto a boa recepción e a eficiencia no saque.

   Coa moral alta, a descansar e preparar o próximo desprazamento a Lugo para xogar co EMEVE, rival directo e primeiro derby da tempada.
   
  SF2   RFEVB     VER COMENTARIOS E CLASIFICACIÓN.

 CONSULTA O CALENDARIO DE SF2 

TAGS: