/FISIOMÁSZALAETA 3 SANT BOI 0

FISIOMÁSZALAETA 3 SANT BOI 0

       Nova vitoria do FISIOMÁSZALAETA na súa presentación no Barrio das Flores.

 O partido daba comezo ás 19:00, e o FisiomásZalaeta impoñíase ao Sant Boi por un cómodo 3-0, con parciais: 25-19; 25-23 y 26-24. Dirixido polos colexiados Diego Rodríguez, Alfonso Ares e Natalia Díaz, tivo unha duración de 01 h 22 m. Adestradores, local Jorge Barrero e JM Sánchez; visitante, David Lorente.
    
FISIOMÁSZALAETA:  2 Cristina
García, 3 Sofí Hidalgo, 18 Noa Sánchez, 15 Rocío Durán, 11 Patri Suarez, 12 Marga
Echevarría, 10 Chey Arias, 5 Maca Corbo, 6 Irene Vázquez, 1 Patri Santos y 7
Andrea Rivas.
  
 7 INICIAL:   Cris, Andrea, Chey, Patri, Sara, Rocío y Sofí.
    SANT BOI
2 A. Camacho, 3 Claudia García, 4 Eva Montero, 5 Rocío Vázquez, 7 Elena
García, 8 Nayaret Gil, 12 Silvia Solanellas, 14 Nuria Montero, 15 Stacie
Angulo, 17 Nadia Molino y 18 Alba Castejón.

   Importante triunfo do FisiomásZalaeta no seu primeiro partido na casa ante as catalás de Sant Boi, que o posiciona en segundo lugar da táboa detrás do Grupo Covadonga, deixando unha boa impresión polo xogo realizado.
Comezaron o partido as xogadoras locais moi concentradas e decididas a
quedar cos puntos en xogo, cun bo ataque, cobran unha diferenza e
dominan o set ante un rival que non logra meterse no partido. Con
administrar a vantaxe obtida nos primeiros compases de xogo, chégalle a
coruñesas para poñer o 1-0 no marcador.
  O segundo set non se parece ao primeiro, o Sant Boi non se deixa sorprender, arma a súa defensa e aprovéitase dos erros locais para distanciarse no luminoso. Pero o Zalaeta,
unha vez máis, demostra a súa capacidade de reacción e no que sería o
seu mellor set do partido, pon a funcionar o seu ataque que se mostra
superior á defensa rival, e nun set moi igualado supera ao contrario nun
emocionante final.
   O terceiro e último set é o máis axustado, póñense por diante as de Jorge Barrero,
pero o equipo visitante recupérase encontrando oco para os seus ataques
e pasa a dominar o marcador, e cando parecía que ían alongar o partido
cun parcial de 16-21, unha vez máis o pundonor da herculinas
lévaas a remontar un set que case se daba por perdido, a eficacia no
saque e en ataque marcan as diferenzas ante un equipo que non soubo
manter a calma e se viu superado.
  Tres puntos que suma o FisiomásZalaeta,
como era a intención do seu adestrador, para o que “o encontro se
desenvolveu como era de esperar, a pesar do 3-0, non foi doado, xogar na
casa e a maior experiencia na categoría foron decisivos. “

   O
equipo funcionou ben, estivo na súa liña de xogo, defendeuse ben, no
saque non se fallou e realizouse un bo ataque no que destacan os puntos
de Sara, máxima anotadora do encontro con 14 puntos, e Patri con 11. Mencionar o gran partido de Cris que estivo moi ben na rede con seis puntos de bloqueo.

    A próxima xornada, desprazamento a Madrid para xogar co VP Madrid.

     CONSULTA O CALENDARIO DE  SF2

    CLASIFICACIÓN    laopinioncoruna.es      DEPORTE CORUÑÉS

    ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 2

TAGS: