XXXVI  CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO 2013

 

   Finalizado o Campionato de España de Voleibol Xuvenil Feminino celebrado en Murcia, no que o Feel Voley Alcobendas proclamouse campión,  cos seguintes resultados nas finais:

     3º e 4º posto:  Universidade de Granada  3   CV Torrejón  0
     Final:              Feel Voley Alcobendas  3      CV CC 7 Palmas GC 2014   1
   

   Parabens ás campioas por este título e excelente tempada.

Clasificación
Final
1
Feel
Volley Alcobendas
13
RGC
Covadonga
2
CC 7
Palmas GC 2014
14
Voley
Ciutat CIDE
3
Universidad
Granada
15
Santo
Domingo CV
4
CV
Torrejón
16
Benejuzar
VB club
5
Zalaeta
17
Playas de
Benidorm
6
Emevé
18
Seguros
Gregorio Palazón
7
Fundación
Vedruna Tecno Office
19
Fustes
Ca´n Vaquer Soller
8
Vall
D´Hebrón
20
CV
Blockout
9
CVB Barça
21
U.
Guadalajara
10
CV Teruel
22
Alhaurín
El Grande
11
Cantabria
Deporte
23
Voleytextil
V. del Campo
12
Vóley Murcia
24
SDC
Ribadesella

                
                     FISIOMÁSZALAETA  3   EMEVE  2
 
   Ás 16:00 daba comezo o encontro que decidiría os postos 5º e 6º entre os dous equipos galegos, e que finalmente se decantaba pola escuadra coruñesa.
   Ambos equipos ofrecéronnos aos espectadores unha inesquecible tarde de voleibol cun partido sumamente igualado e dunha intensidade difícilmente alcanzable.
   As diferenzas eran escasas, o marcador, 25-23; 23-25; 23-25; 28-26 e 15-13, é sumamente expresivo.
   Recuperacións acrobáticas que se convertían en ataques que finalizaban en punto, contundentes ataques que eran contestados con defensas perfectas, os dous equipos tiraron de repertorio para superar ao rival cando as diferenzas eran de dous ou como máximo tres puntos porque non se deixaba escapar ao rival. Todas as xogadoras, incluídos os banquiños, empregábanse a fondo, sen perder concentración, os erros eran escasos.
   Entón, ¿que foi o que decidiu encontro? preguntamos ao adestrador coruñés Jorge Barrero, “é difícil, decidía quen facía o último punto, probablemente sexa o partido máis igualado que xoguei nunca, o resultado total foi de 114-112, iso dío todo. Os dous equipos xogaron a un gran nivel”.
 
   O Zalaeta comezou ben o partido, indo sempre por diante de EMEVE con escasas diferencias e fíxose co set. No segundo, o equipo lucense, que non deixou que as herculinas as superásen, comenza cun primeiro parcial de 0-4, aínda que o Zalaeta reacciona, recorta distancias, pero cede no marcador. O terceiro, na mesma dinámica que os anteriores, manténdose a unha distancia de dous puntos, o gaña o EMEVE, e mételle presión ao partido para chegar a un cuarto set de infarto no que as do Instituto tiran de recursos para aguantar, xogan a un gran nivel e forzan o quinto set cun marcador que parecía elástico, 28-26. O tie-break é máis do mesmo, alternancia no marcador e lévao “o que fai o último punto” neste caso o CV Zalaeta.
 
   Para Asier García, o mellor do seu equipo “estivo, quizais, en que no saque arriscamos para que non recibisen cómodamente, en defensa fixémolo ben, defendendo por onde elas íannos a atacar e o ataque probablemente sexa o máis contundente que fixemos en moito tempo”.
  José Valle, adestrador lucense, “felicito ao Zalaeta pola vitoria nun partido no que os dous equipos xogaron moi ben, e creo que quen gañou realmente con este encontro tan emocionante, foi o Voleibol”.
    Con este excelente encontro, e por caprichos da competición, decidíase o 5º e 6º posto, pero parecía propio dunha gran final.

   Relación de xogadoras que participaron neste partido por ambos equipos, e que tamén disputaron o resto de encontros deste Campionato de España de Clubs 2013:

CV
Zalaeta
: Macarena Corbo, Sofía Hidalgo, Marta Fraga, Andrea Rivas, Patricia
Santos, Sara Díaz, Alba
Quirós, Sara R. Amarelle, Rita Prieto, Antía Rodriguez, Amelia Portero, Lydia Alonso,
Susana Suarez y Paula Martínez.

Adestradores:
Jorge Barrero e Asier García de Dios.

EMEVE:
Irene Yañez, Claudia Rozas, Blanca Rozas, Carmen García, Carmen Carvajal, Lucía
Sánchez, Sara Folgueira, Lúa Bovio, Marina Pérez, Sara Araújo y María Rodriguez.

Adestradores:
José Valle e Bibí Bouzas.


RESULTADOS.

laopinioncoruna.es         http://www.laopinioncoruna.es/deportes/2013/04/28/zalaeta-quinto-nacional-juvenil-murcia/716538.html

  ……….     

                         FUNDACIÓN VEDRUNA  0    FISIOMÁSZALAETA  3

      Ás 09:30 daba comezo no Pavillón Infante o encontro que decidiría o equipo que pasaría a rólda polo quinto posto unha vez que as semifinais xa estaban adxudicadas.

 

 
 

    Impúxose
claramente o equipo galego en tres sets con parciais 15-25; 22-25 e 19-25, xogando relaxadamente e redindo
a medida que o partido o requiría. Non é un rival cómodo o Campión
murciano, equipo correoso ante o que é conveniente non despistarse, con
boa defensa que devolve todos os balóns e ao que non hai que darlles
vantaxes que logo son difíciles de recuperar.
  
Con esta vitoria, a quinta no presente campionato, o equipo do
instituto xógase o quinto posto nun duelo fraticida ante o EMEVE hoxe ás
16:00 de novo no Pabellón Infante.
  
O rival é de entidade, dabondo coñecido e polo que podemos adiantar que
se tratará dun partido intenso e complicado para calquera dos dous
equipos, ante o cal, ao CV Zalaeta viralle ben o espírito de loita
demostrado ao longo deste Campionato para derrotar ás de José Valle.
   Ánimo e moita sorte ¡¡¡¡

      As semifinais, no mesmo escenario, ás 18:00  U. Granada – Feel Voley Alcobendas, e ás 20:00, CC7 Palmas GC 2014 – CV Torrejón.

VER FOTOS…


                   FISISOMÁSZALAETA  3    CV TERUEL 0

 

   Xogábase esta tarde no Pabellón Infante o partido que daba o pase á seguinte eliminatoria no que o equipo coruñés non atopou rival no equipo de Teruel ao que se impuxo cómodamente por 3-0 con parciais 25-20; 25-14 e 25-10. O equipo herculino levou o seu ritmo e foi de menos a máis para alzarse cunha vitoria que lle permite loitar polos postos do 5º ao 8º, serie que comezará, mañá sábado ás 09:30 enfrontándose ao Fundación Vedruna de novo no Pabellón Infante.
   Do resultado deste partido depende que se xogue o 5º ou 6º posto, que sería o mellor resultado que podería alcanzar, mellorando o outros resultados obtidos ata agora nun Campionato de España de Clubs.
   Tamén podería darse a circunstancia que este posto tivese que xogarse contra o equipo lucense do EMEVE, club co que comparte unha gran rivalidad e excelente relación.

VER FOTOS

………………..

                     FISIOMÁSZALAETA  1      FEEL
VOLEY ALCOBENDAS  3  

         
   Partido moi intenso o xogado esta mañá no Pavillón Infante no que ambos equipos xogábanse o pase a semifinais, sendo o de Alcobendas o equipo clasificado con dúas vitorias.

+ FOTOS




          Ás do Instituto quédalles esta tarde outro partido a vida ou morte ante o CV Teruel, coa clasificación para xogarse o posto do 5º ao 9º.
          A vitoria por 1-3 favorable a Feell Voley Alcobendas non foi en absoluto cómoda, no primeiro set, o xogo estivo moi igualado, non cedía ningún equipo, pelexábanse todos os puntos ata que a partir do terceiro parcial as madrileñas fóronse no marcador para poñer o 0-1  cun 21-25.
       Parece que ás xogadoras do CV Zalaeta  non lles sentou nada ben perder este set, que as deixou literalmente fora de xogo, desapareceron da cancha e ata da cidade mentres o Alcobendas facíase cun parcial de 10-0, e con iso levábase un set  sen máis historia, finalmente 10-25.
         Todo parecía decidido ao comezo do terceiro set, que a priori sería o definitivo, pero as coruñesas de volta na cancha, comezan por diante no marcador, e nunha gran mostra de pundonor, mantéñense por diante, con escasas diferenzas, pero sen ceder un ápice, o que fai dubidar ao Alcobendas que non é capaz de asegurar o partido e cede o set: 25-20
         Coa tensión en aumento, ambas afeccións animando ás súas repectivos equipos, ímonos ao cuarto set, no que o Feel Voley adiántase no luminoso, o CV Zalaeta recorta diferenzas e comeza unha alternancia no marcador que parece decidirse polas herculinas que chegan ao último parcial cunha pequena vantaxe que non logran administrar favorablemente, e nun discutido final ceden 25-27.
         Con esta vitoria, o Feel Voley Alcobendas, un equipo conxuntado e de calidade liderado por Ana Muller e a colocadora galega María Álvarez, obtén o pase a semifinais nun partido non exento de controversia e cuxo resultado non aclara o realmente sucedido na cancha.
          Pola súa banda, destacar o ánimo de loita mostrado polas xogadoras do Zalaeta e a súa cohesión para tratar de remontar resultados adversos, perfectamente dirixidas pola xogadora Amelia Portero, que en ningún momento deron o partido por perdido.
           Para Asier García, segundo de J. Barrero, “o mellor foi a capacidade de loita mostrado sen dar un balón por perdido, atacouse moi ben, e non se estivo mal ao saque malia os erros cometidos”.
       Para a discusión quedan as dúbidas sobre a actuación arbitral, en particular en momentos do primeiro set e na parte final do encontro.
       Para finalizar unha intensa xornada, partido ás 20:00 no Pabellón Infante, ante o CV Teruel.

…………………….  

                                    FISIOMÁSZALAETA      3    BENEJUZAR VB CLUB   0 


   Nova vitoria do CVI Zalaeta na xornada de hoxe xoves 24 ante o Benejuzar VB Club.


   O equipo coruñés impúxose facilmente ao campión valenciano por 3-0 nun partido que o confirma como campión do Grupo C, e que pon ao equipo de Jorge Barrero en disposición de loitar polos postos altos da clasificación. Para o adestrador, “estes resultados confirman as nosas opcións e van cumprindo as nosas expectativas. O equipo está respondendo ao que esperabamos, a incorporación das xogadoras procedentes da concentración de Soria ao grupo é importante, no caso de Antía Rodriguez, era de esperar pois é unha xogadora xa previamente integrada no grupo, e a incorporación da almeriense Amelia Portero estase realizando estupendamente, o seu caracter extrovertido é clave, pero a súa actitude integradora na pista e a súa experiencia, son neste caso, o seu principal activo”.
   Este resultado coloca ao equipo herculino no grupo 3, co Feel Voley Alcobendas e o CV Teruel, cos que se enfrontarán mañá venres, ás 12:00 coas de Alcobendas, e á 19:00 coas turolenses no Pabellón Infante. Deste grupo, o primeiro clasificado xogará as semifinais, o segundo xogará os postos do 5º ao 8º, e o terceiro, xogará do 9º ao 12º.
   No primeiro partido deste grupo, o Alcobendas impúxose ao Teruel por 3-0 na tarde de hoxe o a Pista del Carmen.

RESULTADOS

laopinioncoruna.es  http://www.laopinioncoruna.es/deportes/2013/04/26/zalaeta-busca-hueco-alto-nacional-juvenil/715930.html

 
……………………………

                                         CC 7 PALMAS GC 2014  2   FISIOMÁSZALAETA   3

                                         FISIOMÁSZALAETA      3    SCD RIBADESELLA   0 

   Primeiro día de competición en Murcia que lle serve ao FisiomásZalaeta para poñerse á fronte do Grupo C, logo de dúas vitorias en senllos partidos, coas que consegue o primeiro dos obxectivos: pasar ao grupo que vai loitar polos postos do ao 12º. Mañá xoves xogará o derradeiro partido desta primeira fase ante o Benejuzar VB Club, campión valenciano, de cuxo resultado únicamente depende o cruzamento para a seguinte rolda, podendo quedar encadrado no Grupo 2º ou Grupo 4º. En ambos grupos, os rivais virán dos grupos F e B, e con toda probabilidade poderían ser o CVB Barça ou CV Teruel e EMEVE ou Feel Volley Alcobendas.
   O equipo coruñés atópase a tope de moral logo das vitorias obtidas, en particular, coa lograda ante o equipo canario, un rival difícil de bater co que se xogou un partido moi completo. Encontro moi competido, con dúas partes, a primeira para o Zalaeta, que logrou un traballado 2-0 para verse superado polo CC 7 Palmas GC 2014 nos seguintes sets, que logrou empatar e forzar o quinto set. As do Instituto víronse superadas de novo polas canarias na primeira parte do Tie Break, pero tiveron o suficiente aplomo para remontar e impoñerse definitivamente con un apertado 14-16. Vitoria significativa ante un rival de calidade e con aspiracións ao que houbo que superar en xogo e en tranquilidade para ser capaces de remontar un marcador adverso.
   O partido da tarde foi un encontro de trámite, ante un SDC Ribadesella co que existe unha importante diferenza, é suficiente ver o marcador, pero que significou o partido da tranquilidade, cuxo resultado deu o pase á seguinte rolda.
   Mañá , xoves, ás 11:00, ante o Benejuzar na pista nº2 do Pavillón Espinardo.   
RESULTADOS

LEMBRADE TWITEAR O HASHTAG  #AnimacionCoruña42voleipraia !!!!

….

   Queremos traer a este blog un recordo das mais pequenas, que xa finalizaron a Liga regular que xogan en “A Catedral” do Monte dás Moas, pero que continúan adestrando da man dos seus adestradores, María e Manu, que con eles seguen realizando un gran labor, e que nos din:
“No derradeiro partido as mozas demostraron un gran avance, tanto mentalmente como no xogo que realizan, progresaron moito desde o comezo de tempada”.
    Acabada a Liga, e para non quedar todo este tempo en branco e non aburrirse demasiado por ahí, Pepe Díaz “the Boss” continúa organizando algúns partidos con equipos da cidade como o xogado o pasado fin de semana cos amig@s de Calasancias, do que aínda vos debemos unhas fotos.
   Ánimo, voleibol e diversión.