/RESULTADOS DA XORNADA DO 9 DE MARZO

RESULTADOS DA XORNADA DO 9 DE MARZO

              BESTLA FINANCE    3             FISIOMÁSZALAETA  1

     Derrota do FisiomásZalaeta no seu desprazamento a Alzira para enfrontarse ao Bestla Finance nun encontro no que o ataque coruñés non respondeu ao seu nivel habitual.

 

    O Bestla Finance de Alzira impúxose ao FisiomásZalaeta no encontro nº 3 da Fase polo Ascenso disputado no Palau D´Esports por 3-1 nun apertado partido que se resolveu cos seguintes parciais: 26-24; 25-17; 26-28 e 25-21.
   No primeiro set as coruñesas impuxeron o seu xogo nos dous primeiros parciais nos que se adiantaron no marcador, pero na parte final as de Alzira recuperáronse  para impoñerse no set aproveitando unha serie de erros visitantes nos puntos finais que lles custou a primeira manga. Esta recuperación serviulle ao equipo local para comezar o segundo set moi metidas no partido e superar ao FisiomásZalaeta coa maior diferenza do encontro.
   No terceiro set as herculinas recupéranse e realizan a mellor manga do encontro, afinan en ataque e logran superar ao Bestla Finance cun axustado 26-28, co que conseguen alargar o partido e con iso unha oportunidade máis. Pero no cuarto set volven  de novo a caer nun xogo con erros en ataque que permite ás rivais superalas no marcador e facerse cos puntos.
   Non foi dos mellores partidos do FisiomásZalaeta, malia estar ben en recepción e en defensa non foron capaces de lograr un ataque efectivo que lles permitise, aínda habéndoo intentado,  despegarse no marcador.
   Para o adestrador Jorge Barrero, a clave puido estar en que “ non xogamos ben en ataque, cometemos numerosos erros, erros que demasiadas ocasións significaban punto para o rival, que ao mesmo tempo estiveron ben no xogo na rede, en especial cun  bloqueo que lles permitía anular os nosos ataques sobre todo por catro. A lesión de Sara tamén puido influír, a partir da cal tamén nos descentramos”.
  A nota negativa  nesta xornada foi a lesión sufrida pola xogadora de O Saviñao, Sara Díaz, cun problema de xeonllo que a priori parece non revestir demasiada importancia, pero que a poderá manter fóra da cancha con toda probabilidade un par de semanas. Desde aquí os nosos desexos de que teña unha boa recuperación.
   Con esta derrota o equipo afástase dos postos de cabeza, pero continúa empatado co Alzira ao que supera por mellores estatísticas e sen afastarse da quinta posición que ostenta o Grupo de Xixón que tamén perdeu o seu partido co líder Vall D´Hebrón.
   O FisiomásZalaeta continúa xogando fóra de casa, e a próxima xornada toca desprazamento a San Cugat del Vallés, Barcelona.

 

 
+ FOTOS

 O sábado en Monte dás Moas na Liga zonal Infantil xogouse o partido entre o Narón Volea F1 e o CV Zalaeta, que dirixido pola colegiada Laura Lago, tivo unha duración de 01h e finalizou con resultado de 3-0, con parciais 25-22; 25-15 e 25-21. Adestradores, local santalla e visitante Díaz.

   Narón Volea F1: 2 Benevento ©, 1 Galego, 7 López, 4 Castro, 16 Córdoba, 5 Leira, 3 Serantes e 8 López-Brea.
   CV Zalaeta: 13 Rial ©, 2 Dei Piazza, 5 Fernández, 8 Lópes, 3 Vendrell (a), 15 Rúa (a), 19 Rei (a), 4 Rodriguez, 6 González, 17 Carreira (a), 1 Dans e 7 Carbajo.

   Partido entretido o que xogaron ambos equipos no que no primeiro set comezaron por diante as de Narón pero que a partir do segundo parcial as de Zalaeta apertaron, e aínda que non gañaron o set puxeron en apretos ao rival e acabaron cun marcador moi axustado. No segundo set as do Instituto  despistaronse un pouco e perderon claramente, para no último set comezar por detrás no luminoso pero recuperaron e superarban ao Narón, para poñerse 9-11 no segundo parcial ata que unha serie de fallos propiciou a vitoria para o Narón Volea.
   Estupendo partido no que vimos ás Narón como un equipo mais veterano e mais seguro e a un Zalaeta que mellora o seu xogo cada semana da man dos seus adestradores, elaboran xogadas, reciben e finalizan ben.
   Nesta ocasión queremos despedir á xogadora nº8 Lisa, que xogou este o seu derradeiro partido co CV Zalaeta, xa que por razóns familares deixa a cidade. Desexámoslle o mellor e que lembre que este sempre será o seu equipo.


TAGS: