FEEL VOLEY ALCOBENDAS 1 FISIOMÁSZALAETA 3
Encontro dirixido polos colexiados Julio Alcaraz e Francisco Chamut, que cunha duración de 01 h 49 m, finalizou 1-3 con parciais 25-22; 22-25; 26-28 y 19-25. Adestradores, local Hugo Gotuzzo e visitantes, Jorge Barrero e José M. “Chisco” Sánchez.
Feel Voley Alcobendas: 3 Patricia Rodriguez (L), 5 Carmen Unzúe, 6 Sofía Elizaga, 7 Caludia Gonzalo, 9 Olaya Alonso, 10 Ana Muller, 12 María Álvarez, 13 Leticia Leria, 17 Anna Shermadini e 18 Esther Rodríguez.
FisiomásZalaeta: 1 Marta Fraga, 2 Cristina Bermejo, 3 Sofía Fidalgo (l), 6 Andrea Rivas, 9 Olalla García, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Macarena Corbo, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz e 15 Rocío Durán.
Importante vitoria a conseguida polo FisiomásZalaeta na cancha do Feel Voley Alcobendas onde xogou un bo partido para impoñerse rotundamente cun xogo mais eficaz ante un rival ao que non lle resultou suficiente con xogar na casa.
O primeiro set foi da locais que sempre foron por diante no marcador ante un conxunto que tivo erros en recepción e non puido articular o seu ataque como quixesen.
No segundo set o Feel Voley perdía o control do xogo, xa no primeiro parcial deixábase dominar polas coruñesa, 5-8, que finalizaron gañando a manga e empataban o partido.
O terceiro foi o definitivo, o FisiomásZalaeta realizou o mellor set do encontro non permitindo que as de Alcobendas puxésense por diante e impúxose, de forma apertada, 26-28. E aquí, prácticamente finalizou o partido, aínda que o equipo local comezou o cuarto set logrando un parcial de 8-7, foron perdendo fuelle paulatinamente e entregaron o partido cun 19-25 no set.
Gran encontro o realizado polo equipo de Jorge Barrero para impoñerse ao Feel Voley, que trataba de referendar ante o seu público a vitoria conseguida na Superliga Junior. As herculinas realizaron en conxunto, un partido moi completo, no que destaca o seu xogo na rede cun excelente bloqueo. Patricia Suarez, con 21 puntos, 5 de boqueo, foi como de costume, a máxima anotadora, séguelle a xuvenil Marta Fraga con 16 puntos e a boa actuación da colocadora Cristina Bermejo con 10 puntos, 6 de bloqueo.
Con 9 puntos en sexta posición e coa moral alta, preparan o próximo desprazamento para enfrontarse ao Bestla Finance de Alzira, nunha xornada na os resultados poden ser interesantes dado os cruces que nos depara.
O domingo recibimos no Pabellón do Instituto ao VoleyOurense, que se desprazou con tres equipos. O primeiro en xogarse foi o partido de Segunda División A, que comezou ás 11:00, e dirixido polos colegiados A. Borrás, L. Lago e L. Lago tivo unha duración de 01h 26m e finalizou con resultado 3-1, con parciais 25-21; 25-16; 19-25 e 25-16. Adestradores, local Asier García de Dios, e visitante, Pérez.
CV Zalaeta: 7 Susana N. ©, 18 Paula M. (L) (J), 13 Marga, 8 Patricia (J), 4 Alba (J), 1 Rita (J), 10 Susana (J), e 6 Paula L. (c).
Caldaria Voley Ourense: 3 Rodriguez ©, 12 Oliveira (c), 7 Do Castelo, 4 Dá Silva (J), 13 Ramón (J), 8 Alonso (J), 9 Outeiriño (J), 5 SArdiña (J), 6 Giraldez (c), 10 Dieguez (c), 2 Giraldez G. (c) e 1 González (c).
Partido no que as de Asier García saltaban á cancha como favoritas, e fixeron valer o pronóstico. No primeiro set foron por diante no marcador desde o inicio e soamente no terceiro parcial as visitantes aproximáronse, para finalizar 25-21.
No segundo set comezaron as do Voley Ourense con moitas ganas e adiantáronse logrando unha diferenza en segundo parcial de 9-11 a partir da cal as do Instituto comezaron a remontada que as levou a gañar o set coa maior diferenza do partido. O terceiro set foi das ourensás, realizaron a súa mellor manga no encontro, cun parcial inicial de 1-10 e impuxéronse no marcador a un Zalaeta que non se atopou na pista e cedeu un 19-25, para entrar en cuarto e definitivo set sen contemplacións. O comezo deste set foi unha alternancia no marcador, no que as coruñesas non puideron despegarse ata o segundo parcial, a partir do cal non deron opción e leváronse o set e o partido.
O mellor do CV Zalaeta, é como sempre, o seu ataque, cun bo xogo de rede cuxo bloqueo neutraliza o ataque do rival, e o peor, a perda de concentración nalgúns momentos do partido. Pola súa banda o Voley Ourense é un equipo difícil, con boa defensa, moi peleón, pero non logrou que o seu ataque callase. CLASIFICACIÓN.
+ FOTOS |
A continuación, xogouse o partido de cadetes correspondente á xornada nº 20 da Liga Galega dirixido pola colegiada Laura Lago, cunha duración de 01h 04m, finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 10-25; 15-25 e 19-25. Adestradores, local, D. Hermida, e visitante, Pérez.
CV Zalaeta: 11 Paula L. ©, 17 Ana Mª (L), 12 Sara, 13 Nerea, 1 Irene, 18 Laura, 5 Inés, 9 Raquel, 7 Alba e 14 Paula B.
Voley Ourense: 2 Giráldez G. ©, 6 Giraldez I., 10 Dieguez, 1 González F., 11 Oliveira, 7 González C. e 3 Estatuet.
Este era un partido no que a priori ningún dos dous equipos non decidía o sua clasificación para o Play off polo campionato galego, pois os dous teñen a súa praza asegurada, pero si era un partido importante para decidir o campión da Liga Regular. Probablemente o CV Zalaeta non se proclamaría campión, pero gañando podería facer que o Voley Ourense tivese que esperar outros resultados , e ademais devolveríalle a moeda xa que perdera o partido de ida en Ourense. Pero todo quedouse en meras especulacións, pois o Voley Ourense veu a resolver e resolveu favorablemente o encontro ao seu favor. Para o Zalaeta este será un partido para esquecer, pois o seu xogo distou moito do que realmente pode realizar, as súas xogadoras saíron á pista agarrotadas e os nervios puideron máis que nada sen permitirlles situarse dentro do partido en ningún momento. Os fallos foron constantes e en todas as facetas do xogo, soamente houbo algún atisbo de mellora no terceiro set, no que por momentos pensamos que era posible, que poderían gañalo para obter unha prórroga e serenarse para poder dar batalla, pero as de Ourense non o permitiron. As da cidade das Burgas fixeron o seu xogo, estiveron sobre todo centradas, e acertadas tanto en defensa como en ataque e leváronse merecidamente os puntos.
Agora a este equipo quédalle adestrar e relaxarse para preparar o partido da próxima xornada en Teis contra o Xuvenil e sacar o bo que levan dentro.
Para finalizar a xornada, pola tarde celebrouse o encontro nº 20 da Liga Galega de Xuvenís, que dirixido polas colegiadas L. Lago e L. Lago, finalizou con vitoria local por 3-0 con parciais 19-25; 11-25 e 12-25, cunha duración de 01h. Adestradores, local J. Barrero e visitante, Pérez.
FisiomásZalaeta: 8 Maca ©, 18 Paula (L), 14 Sara D., 3 Sofía, 2 Alba, 6 Patricia, 17 Susana, 9 Sara R., 1 Marta, 11 rita, 13 Lydia (c) e 15 Andrea.
Caldaria Voley Ourense: 9 Outeiriño ©, 12 Oliveira (L)(c), 16 Dá silva, 5 Ramón, 8 alonso, 4 Sardiña, 14 González C. (c), 13 Estatuet (c), 1 González F. (c), 2 Giraldez G. (c), 6 Giraldez I (c) e 10 Dieguez (c).
Encontro entre o segundo e cuarto clasificados no que ás do Instituto custoulles meterse no partido, ao contrario que os seus rivais, que fixeron neste o seu mellor set. Foi unha primeira manga moi igualada ata o terceiro parcial no que as locais reaccionaron para poñer o 1-0 no marcador. A continuación o Voley Ourense afrouxou, e ao FisiomásZalaeta resultoulle suficiente con elaborar un bo ataque e ser eficiente no saque para facerse cos dous sets restantes cunha ampla diferenza, e con eles levarse os puntos do partido.
CLASIFICACIÓN.