/RESULTADOS DA XORNADA 23-24 DE FEBREIRO

RESULTADOS DA XORNADA 23-24 DE FEBREIRO

   Hoxe sábado celebrouse o primeiro encontro da segunda fase de SF2, do grupo que pelexa polo ascenso, no Barrio das Flores entre os equipos FisiomásZaleta e CV Vall d’Hebrón, 3º do grupo A e 1º do grupo B respectivamente.

 

+ FOTOS

   O partido foi dirixido polos colegiados Mª Isabel Álvarez e J. Carlos Liste, e cunha duración de 01h 39m, finalizou con vitoria visitante por 1-3, con parciais, 16-25; 10-25; 27-25 e 19-25. Adestradores, local J. Barrero Amor e JM Sánchez Abruñedo, e visitante, M. Singer e N. Díaz Giralt.

   FisiomásZalaeta: 1 Marta Fraga(J), 2 Cristina Bermejo, 3 Sofía Hidalgo (L)(J),6 Andrea Rivas (J), 7 Laura Costoya, 9 Olalla García, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Macarena Corbo (J), 13 Lydia Alonso ©, º14 Sara Díaz (J) e 15 Rocío Durán.
   CV Vall D’Hebrón: 1 Laura Montero, 2 Anna Albesa, 3 Lucía Bregar, 5 Laura Aldea, 7 Mar Pérez,  8 Elena Arán, 9 Laia García, 10 Mar Arranz, 11 Mabel Caro, 15 Anna Martínez(L).
  
   Vitoria merecida do equipo visitante nun partido tenso que tivo dous partes ben diferenciadas.
Nos dous primeiros sets lle Vall D’Hebrón púxose por diante no marcador desde o comezo con idéntica puntuación nos dous primeiros parciais, 4-8 e 9-16, para acabar impoñéndose cómodamente a un equipo local que en ningún momento atopou o seu sitio na cancha e que non foi capaz de ofrecernos o xogo ao que nos ten afeitos. Cun xogo moi flojo, con erros en todas a facetas do xogo, parecía que as coruñesas entregaban o partido a un equipo visitante que tampouco o merecía, cuxo  maior acerto foi aproveitar os erros do contrario.
   Dous sets tardaron as pupilas de Jorge Barrero en meterse no encontro, e cando o fixeron puidemos ver un emocionante terceiro set no que as herculinas tomaron a dianteira desde o comezo, concentradas no xogo, corrixiron erros, melloraron a recepción e foron capaces de construír un eficaz ataque que ás catalás custáballes parar. Con todo, as do Vall d’Hebrón deron a réplica, ao mesmo tempo tamén aumentaron o nivel do seu xogo, e ofrecéronnos un final de set de infarto, cometeron moi poucos erros e no terceiro parcial lograban empatar no marcador e meter presión ao FisiomásZalaeta que soubo aguantar ben e facerse co set nun apertado final, 27-25, e así lograr unha oportunidade  mais no partido.
   Bo comezo no cuarto set das coruñesas, aínda que no primeiro parcial xa tiñan a desventaxa dun punto, foron mantendo o tipo, pero as rivais ían ampliando a diferenza aos poucos, e a partir do terceiro parcial de novo foron vítimas do seu propios erros.
   Non foi un partido de gran calidade o presenciado hoxe no Barrio, no que o mellor logro das visitantes foi a súa conxunción e concentración, decididas a manter a súa imbatibilidade na presente competición. Por parte do FisiomásZalaeta, dous primeiros sets para esquecer, e unha vez recuperadas, destacar o pundonor do grupo que arrastra algunhas baixas importantes, e destacar a entrega e eficacia en ataque da oposta Patricia Suarez, de novo máxima anotadora do encontro con 19 puntos, perfectamente secundada por Marta Fraga con 10 puntos, e a central Andrea Rivas con 6 puntos, 3 de bloqueo no seu debú en SF2.
CLASIFICACIÓN.

   Destacar esta semana de novo a xogadora de Sada, Patricia Suarez, volve a aparecer, como xa nos ten habituados, nas estatísticas da xornada da RFEVB e no “sete ideal da xornada”, e coma novidade nesta ocasión, ven acompañada de Sofía Hidalgo que fai a súa primeira aparición como terceira mellor líbero.

   O sábado pola mañá o equipo de cadetes desprazouse a Dumbría para xogar o encontro correspondente á xornada 19 de Liga Galega co Voleibol Dumbría, partido que foi dirixido pola colegiada Laura Lago, e que cunha duración de 01h 02m finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 14-25; 17-25 e 13-25. Adestradores, local, Larrañaga e visitante D. Hermida.

   Voleibol Dumbría: 1 Quinteiro ©, 14 Lado (J), 10 Caamaño, 7 Castiñeira, 2 González,  3 Prol, 11 Romeu, 9 Sixto, 6 Toba, 8 Vigo e 4 Cespón.
   CV Zalaeta: 11 Paula L. ©, 17 Ana Mª., 9 Raquel, 5 Inés, 14 Paula B., 7 Alba, 18 Laura, 1 Irene, 12 Sara e 13 Nerea.

   Partido de trámite para o Zalaeta, que se impuxo cómodamente a un equipo de inferior nivel, cuxo resultado era de prever, e que serve para que o equipo de David Hermida vaia probando algunhas alternativas á espera da finalización da tempada regular. O equipo do Instituto continúa ocupando o segundo posto da clasificación , coa vista xa no  Play off polo campionato galego e na xornada do próximo día 2 na que se enfrontará ao líder, o VoleyOurense, que visitará a cancha coruñesa en partido que pode ser decisivo para ver quen se alza co título de campión da Liga Regular

   O domingo tocaba desprazamento a Ourense para disputar dous partidos co IES As Lagoas San Martiño e o Dompa  Xestión Ourense, de Liga Galega de Xuvenís e 2ª División A. O partido de xuvenís comezou ás 10:15 sendo dirixido polos colegiados A. Vázquez, P. Alonso e V. Martín, que cunha duración de 01h, finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 5-25; 19-25 e 13-25. Adestradores, local, Fernández e González, e vistante J. Barrero.

   IES As Lagoas S. Martiño: 6Fernández ©, 9 González A., 5 González L., 12 Guitián (c), 3 González N. (c), 11 Ezquerro (c), 4 Lorenzo (c) e 10 Ezquerro M. (c).
   FisiomásZalaeta: 3 Sofía, 18 Paula, 14 Sara, 6 Patri, 17 Susana, 12 Alba, 9 Carla, 15 Andrea e 1 Inés.

   Un partido máis entre dous equipos con grandes diferenzas, as coruñesas con 17 partidos gañados na presente competición, e as de Ourense con 2 vitorias. O encontro sempre tivo cor visitante, no primeiro set impuxéronse holgadamente, para relaxarse no segundo, que foi o mellor das locais. No terceiro, o IES As Lagoas S. Martiño intentouno pero soamente aguantou o ritmo o primeiro parcial para ir cedendo paulatinamente ata finalizar 13-25.

   A continuación xogouse o partido de 2ª División A, que rematou cun marcador favorable ás xogadoras herculinas de 3-0, con parciais 13-25; 21-25 e 19-25. Dirixido polos colegiados A. Vázquez, B. Trillo e V. Martín tivo unha duración de 01h 05m. Adestradores, local González e visitante J. Barrero.

   Dompa Xestión:3 Fernández ©, 14 Quintas, 7 Vázquez, 6 Bodaño, 12 Rivas, 4 Marcos, 8 González A.(J), 5 González N. (c) e 11 Ezquerro (c).
    CV Zalaeta: 3 Sofía, 18 Paula, 14 Sara, 6 Patri, 17 Susana, 12 Alba, 9 Carla (c), 15 Andrea e 1 Inés (c).

   Partido entretido no que o CV Zalaeta comezou adiantándose no marcador e levou o ritmo ao longo do primeiro set no que obtivo a maior diferenza do encontro realizando un bo xogo en todas as facetas, en particular en ataque que foron netamente superiores. A partir deste momento a coruñesas afrouxaron e acusaron unha perda de concentración, situación que aproveitou o Dompa Xestión para mellorar o seu xogo e conseguir co ataque polas ás poñer en aprietos ao rival no segundo set, no que soamente ao final do terceiro parcial lograron impoñerse de novo as de Zalaeta. O terceiro e último set foi parecido ao anterior, moi igualado ata o terceiro parcial no que o equipo visitante logrou despgarse e facerse co set e o partido. 
   CLASIFICACIÓN. 

 

 

TAGS: