Vitoria do FisiomásZalaeta nun vibrante partido no Barrio das Flores, que lle vale para conseguir a clasificación para a fase de ascenso sen ter que depender doutros resultados.
+ FOTOS |
FisiomásZalaeta: 1 Marta F., 2 Cristina, 3 Sofía (L), 5 Marta E. ©, 7 Laura, 9 Olalla, 10 Sheila, 11 Patricia, 13 Lydia, 14 Sara e 15 Rocío.
RGC Covadonga: 1 Covadonga, 2 Marta (L), 3 Carmen, 6 Paula, 7 Ángela E.(L), 9 Alba, 10 Cristina L., 13 Ángela I., 14 Cristina Ch., 15 Beatriz e 17 Vitoria.
Gran encontro o que presenciamos esta tarde no Barrio da Flores entre o segundo e o terceiro clasificado do Grupo A no que as locais saíron decididas a gañar partido e xa no primeiro cuarto poñíanse por diante no marcador, 8-6. Moi concentradas, e despregando un gran xogo, van cobrando distancia aos poucos para finalizar o set 25-15. No segundo set o FisiomásZalaeta aínda apertou mais, e realizou a mellor manga do partido, imparables en ataque e cun gran bloqueo, obtiveron a maior vantaxe do encontro. Encontro que tivo dúas fases, a primeira xa a vimos, e a segunda daba comezo. No terceiro set o RGC Covadonga adiántase no marcador e cando parecía que as do Instituto se dispoñían a rematar o partido, as gijonesas aparecen na cancha e defendendo ben plantanlle cara ás rivais e aproveitándose do seu erros, a partir do terceiro cuarto comezan unha remontada que as leva a finalizar ao seu favor un interminable set, 28-30. O cuarto é como o anterior, o Grupo non se deixa dominar, e mediado o set, superan ao FisiomásZalaeta e manterán a vantaxe para finalizar gañando e forzando o Tie-break. O desempate é de cor local, desde o comezo o FisiomásZalaeta adiantese no marcador e faise coa vitoria no set e no partido.
O equipo de Jorge Barrero xogou un gran encontro, moi completo no que destaca o excelente rendemento todas as súas xogadoras. Xogouse ben en recepción, o que permitía elaborar ben o ataque, ben na rede e no bloqueo e moi ben en ataque desde calquera posición. Nesta faceta cabe destacar nesta xornada á receptora Marta Fraga que realizou un gran partido que con 24 tantos convertese na mellor anotadora do encontro e a Patricia Suarez con 21 puntos. Bo partido de Cristina, moi activa e distribuíndo ben, e atención aos oito bloqueos de Lydia Alonso.
No aspecto negativo, mencionar as lesións de dúas xogadoras do Grupo pouco antes de finalizar o encontro, ás que lles desexamos un pronta recuperación.
Con este resultado o FisiomásZalaeta, consolida a terceira posición na Táboa ante o descanso da próxima xornada, e poñendo a vista nos cruces cos equipos clasificados do Grupo B.
laopinioncoruña.es https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2013/02/03/zalaeta-cumplir-suenos/689088.html
O resto da xornada liquidouse en senllos desprazamentos a Rianxo e a Boiro. No Municipal de Rianxo enfrontáronse a partir das 16:45 e en partido correspondente á 16ª xornada de Segunda División A no Municipal de Rianxo, entre os equipos Voleibol Toffe e CV Zalaeta, sendo dirixido polos colegiados A. Ares e A. Branco. Cunha duración de 01h 15m finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 11-25; 9-25 e 10-25. Adestradores, local Igrexas e visitante, García de Dios.
Voleibol Toffe: 13 Díaz ©, 15 Calvo(L), 8 Rial, 10 Díaz, 4 Bustelo, 7 Mato, 5 Fernández, 9 Castiñeiro, 11 Otero e 6 Vidal.
CV Zalaeta: 6 Paula R. ©, 18 Paula M.(L), 8 Patricia, 1 Rita, 15 Andrea, 10 Susana S., 3 Sara e 4 Alba.
No primeiro set o Zalaeta adiántase no marcador desde o comezo, e con bo rendemento no saque conseguen aumentar a diferenza gañando cómodamente a primeira manga. Os dous sets restantes foron unha copia do primeiro, as visitantes impuxeron o seu xogo cunha boa recepción e alternando a súa contundente ataque por todas a zonas con poucos erros, fanse cos sets e o partido.
Bo xogo o do CV Zalaeta nun partido de trámite, no que o adestrador Asier García non puido contar con todos o seu efectivos, que lle permiten conservar a segunda posición na TÁBOA á espera de recibir na próxima xornada no Instituto ao CVP Comercial Durán.
Mentres tanto na Cachada de Boiro comezaba o encontro de Liga Galega Cadete que enfrontaba a os equipos Ingeniería Trazos Boiro Voleibol e CV Zalaeta, e que finalizou con vitoria visitante de 0-3, con parciais 18-25; 9-25 e 19-25.
Partido fácil para as herculinas ante un rival da parte baixa da clasificación que se presentaba con algunha baixa importantes, tratando sen conseguilo, neutralizar o xogo do CV Zalaeta. Unha vez máis a característica do equipo de David Hermida foi a alternancia de bos momentos de xogo con outros lastrados pola perda de concentración que lles fan cometer erros.
Con este resultado, o CV Zalaeta conserva a posición na TÁBOA provisionalmente empatado a puntos co líder e á espera do partido da próxima xornada co CV Pontevedra na casa.
Ás 19:00 daba comezo o partido de Liga Galega de Xuvenís, na Cachada de Boiro entre o equipo titular, O Secreto Boiro Voleibol e o FisiomásZalaeta, que dirixido polos colegiados Ares e Branco, e cunha duración de 01h 10m, finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 12-25; 13-25 e 6-25. Adestradores, local, Abalo e visitante, García de Dios.
O Secreto Boiro Voleibol: 15 Novoa ©, 4 Outeiral(L), 15 Pouso, 16 Galbán, 3 Bugallo S., 7 Gómez, 9 Bugallo A., 11 Sampedro e 18 Pinaque.
FisiomásZalaeta: 6 Patri ©, 18 Paula M.(L), 11 Rita, 15 Andrea, 17 Susana, 9 Sara, 12 Alba, 10 Paula L., e 8 Inés.
Encontro rápido e cómodo para o FisiomásZalaeta que non atopou rival no Secreto Boiro Voleibol e levou o tempo do partido en todos os sets. Estiveron ben en todas as facetas do xogo e sobre todo cun ataque variado lograron facer dano a un equipo que non opuxo moita resistencia e do que se esperaba algo máis dada a súa posición na TÁBOA.
Unha vitoria máis que permítelle ás coruñesas manter a segunda praza. A seguinte xornada contra o CV Pontevedra na cancha do Instituto.
Finalmente, mencionar que a Liga Zonal Infantil Feminina, continúa o seu curso, e nela en partido xogado o sábado pola mañá, enfrontáronse os equipos de Sta. Mª del Mar B e o CV Zalaeta nun partido que resultou interesante. Estivo moi reñido en todos os sets, e impúxose o Zalaeta por un 3-0, con parciais: 22-25, 18-25 e 22-25.
Este encontro supón a primeira vitoria de Zalaeta, resultado co que están moi contentas as xogadoras, posto que comezan a ver avances e que foron capaces de aguantar ben a presión con resultados moi axustados. O próximo partido, en Monte dás Moas, contra o Xiria, que ocupa a cuarta posición e leva tres partidos gandos.