/RESULTADOS XORNADA 26 DE XANEIRO.

RESULTADOS XORNADA 26 DE XANEIRO.

   DERROTA DO FISIOMÁSZALAETA EN EXTREMADURA 

     Co aforo completo no Municipal de Arroyo de la Luz e gran ambiente de voleibol, o equipo titular impúxose ao FisiomásZalaeta nun intenso partido por 3-0, de modo que o equipo de Jorge Barrero debe de esperar unha semana máis para lograr a clasificación matemática, para a que falta un punto, ou ben estar pendente doutros resultados para decidir a súa inclusión na fase de ascenso.

  
  No primeiro set o Extremadura Arroyo saíu en tromba, decidas a non deixar escapar nin un punto no partido, non lle deron opción ás coruñesas malia que estas realizaron unha boa primeira manga. O segundo set foi o do FisiomásZalaeta, impúxose con claridade no marcador ata o último momento, no que un fallo de saque deulle a oportunidade ás de Arroyo de la Luz que non desperdiciaron e leváronse o set que non esperaban, no último instante. No terceiro, as visitantes non realizaron un xogo acertado, perda de concentración e erros deron a vitoria no set e no partido ás locais.
   O adestrador Jorge Barrero non puido contar con todas as súas xogadoras, viaxaron nove, á  ausencia de Marta Esperanza, Sheila e Laura, por motivos laborais e a xa coñecida de Noa por lesión, sumóuselles a de Rocío tamén por lesión de última hora.
   Destacar a regularidad de Patricia Suarez que nesta ocasión tamén callou unha gran actuación, con 21 converteuse na máxima anotadora do encontro. Bo partido tamén de Sara Díaz xogando de receptora , unha posición que non é a súa habitual.
   O Próximo partido, contra o RGC Covadonga no Barrio das Flores, partido difícil contra o líder provisional da CLASIFICACIÓN que acaba de ter unha xornada de descanso.

   

    Voleibol na Catedral.
+ FOTOS
 
   Unha vez máis o Polideportivo de Monte dás Moas foi escenario dunha xornada de Deporte Escolar e da Liga Zonal Infantil, categoría na que o CV Zalaeta enfrontouse ao Narón Volea M1 nun partido dirixido pola colegiada Laura Lago que tivo unha duración de 55m e finalizou cun resultado de 0-3 favorable aos de Narón, con parciais 21-25; 19-25 e 19-25. Adestradores, local, Manu e visitante, Breijo.

   CV Zalaeta: 13 Rial ©, 5 Fernández, 8 López, 2 DiPiazza, e Dans, 7 Carbajo (A), 17 Carreya (A), 9 Jáudenes (A) e 3 Vendrell (A).
   Narón Volea M1: 5 Picos ©, 8 Espiñeira, 3 López, 2 Vigo, 18 Benevento, 11 Casal, 4 Díaz e 10 Tembras.

   Partido bastante igualado, o primeiro set comezou con ambos equipos loitando pola vitoria pero con pequenas diferenzas, sen que nin un nin outro se distanciasen, ata que na parte final, os Narón foron adquirindo unha lixeira vantaxe que fixeron valer para gañar esta primeira manga. No segundo set comezaron por diante as coruñesas, pero unicamente foron capaces de manter as diferenzas ata o terceiro parcial no que os de Narón se adiantáron e impuxéronse no set. O terceiro set foi moi parecido ao primeiro, con vitoria tamén para os visitantes. A pesar do resultado, vimos a un Zalaeta moi motivado e moi peleón, que non daban ningún balón por perdido, o equipo de Manu vai logrando avances, logra trenzar boas xogadas e non se vén abaixo en ningún momento. Ese é o camiño. CLASIFICACIÓN.

 Este fin de semana recibimos a visita do XAV Cambados nas instalacións do Instituto Zalaeta onde se xogou ás 10:30 o encontro de Liga Galega de Cadetes, partido dirixido polo colegiado Alberto Suárez que tivo unha duración de 01h 20m, e finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 25-6; 25-9; 23-25 e 25-14. Adestradores, local, D. Hermida e visitante, Leal.

   CV Zalaeta: 11 Paula L. ©, 17 Ana Mª (L), 13 Nerea, 10 Carla, 12 Sara, 14 Paula B., 7 Alba, 18 Laura, 5 Inés, 1 Irene.
   XAV Cambados: 2 Durán A. ©, 1 Durán A o., 6 Martinez R., 12 Gondar, 5 Baúlo, 9 Matínez P., 4 González e 10 Padín.

   Partido, sobre o papel, fácil para as do Instituto ante un equipo asequible, que nos dous primeiros sets non presentou resitencia ao xogo das pupilas de David Hermida que realizaron o seu partido, ben asentadas na cancha e combinando boas xogadas de ataque lograron dominar o marcador de principio a fin. Con todo, o exceso de confianza fíxolle relaxarse e cometer demasiados erros ao CV Zalaeta, algo que sucede con frecuencia, o que unido á remontada do XAV Cambados, que realizou en neste o seu mellor set, as visitantes adiantáronse no marcador facéndose coa terceira manga e con intención de empatar o partido. Con todo no cuarto set as coruñesas tomaron de novo o control do encontro e impuxéronse ante unhas rivais que o intentaron pero non o lograron.
   O próximo partido, na Cachada ante o Boiro Voleibol, servirá para defender a segunda posición á espera doutros resultados. CLASIFICACIÓN. 

   A continuación celebrouse o partido de xuvenís, dirixido polo colegiado A. Suárez tivo unha duración de 01h 05m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais  25-12; 25-12 e 25-14. Adestradores, Asier García e visitante, Bao
.
   FisiomásZalaeta: 6 Patri ©, 18 Paula M. (L), 9 Sara R., 11 Rita, 12 Alba, 7 susana, 8 Carla (c), 7 Inés (c) e 10 Paula L. (c).
   Xav Cambados: 16 Buceta ©, 1 Bao, 3 Prego, 5 Vidal, 7 Cores, 2 Abal An.(c), 4 Abal A o. (c), 11 Ventoso (c), 12 Padín (c) e 7 Martínez (c).

   Partido de trámite para o FisiomásZalaeta, que se impuxo claramente ao XAV Cambados en tres sets. Comezou o primeiro set coa visitantes por diante no marcador, pero no primeiro parcial do set, o equipo local tomara a dianteira e facíase coa primeira manga. A partir de aquí, o equipo dirixido por Asier García non cedeu en ningún momento e impúxose cun rotundo 3-0.
   A próxima xornada, na Cachada para enfrontarse ao Boiro Voleibol, quinto clasificado.

+ FOTOS

  Para finalizar o día, xogouse o encontro de 2ª División A, que foi dirixido polos colegiados FL Barrallo, JC Liste e N Mahía e que cunha duración de 01h 35m, finalizou cun resultado de 3-0, parciais: 25-21; 27-25 e 27-25. Adestradores, local García de Dios, visitante, Oubiña.

   CV Zalaeta: 13 Marga ©, 18 Paula M. (L), 14 Susana B., 7 Susana N., 8 Patri (J), 1 Rita(J), 3 Sara(J), 15 Andrea(J), 4 Alba(J), 10 Susana S.(J), 5 Carla(C) e 6 Paula L.(C).
   XAV Cambados: 7 Oubiña, 2 Cortegoso, 14 Gómez, 5 Falcón, 8 López e 3 Charlín.

   Vitoria para o CV Zalaeta nun encontro moi disputado, no que as locais tiveron que apurar todos os sets ao máximo para impoñerse a un XAV Cambados que non regalou nada na cancha do Instituto. O partido liquidouse en tres sets que foron practicamente iguais, excepto no primeiro, que as do Instituto resolveron con certa vantaxe. Nos seguintes, e cando parecía que o Xav Cambados podería afrouxar, sacou o seu mellor xogo e recibindo ben e logrando bos ataques, puxo en aprietos ás coruñesas e xogaron dous emocionantes sets finais que se resolveron in extremis: 27-25.
   O equipo de Asier García estivo ben no saque, regular en recepción e con dúbidas en ataque, e con este resultado continúa sumando e mantén a posición na TÁBOA.
   A próxima xornada, contra o Voleibol Toffe.

 

TAGS: