/RESULTADOS XORNADA 19 DE XANEIRO

RESULTADOS XORNADA 19 DE XANEIRO

    VITORIA DO FISIOMÁSZALAETA NO DERBI ANTE EMEVE: 3-0
 
    Importante triunfo o logrado esta tarde no Barrio das Flores polo equipo de Jorge Barrero sobre as lucenses do EMEVE que lle permiten asegurar o terceiro posto, provisionalmente, e co que prácticamente asegúranse un posto no play off polo ascenso

+ FOTOS
.
   O partido comezou con puntualidad inglesa ás 18:00, tivo unha duración de 01h 56m e finalizou 3-2 con parciais 20-25; 25-14; 25-21; 14-25 e 15-13. Adestradores, local J. Barrero e JM Sánchez, e visitantes, J. Valle e F. Valle.

   FisiomásZalaeta: 1 Marta, 2 Cristina, 3 Sofía (L), 5 Marta ©, 6 Nancy, 7 Laura, 9 Olalla, 10 Sheila, 11 Patricia, 13 Lydia, 14 Sara e 15 Rocío.
   EMEVE: 2 Sara A., 3 Branca, 4 Irene, 6 Lúa, 7 María Fé (L), 8 Fátima, 9 Claudia, 10 Mariña, 12 Carmen, 13 Irma, 14 Sara F. e 18 Lucía.

   Comezou o partido co EMEVE por diante no marcador ata que as locais reaccionaron para no primeiro parcial superar ás rivais e dominar o xogo de modo que parecía que se farían co set, pero as lucenses, que non o deron por perdido en ningún momento, lograron superar un desfavorable 18-21 e sorprendéronnos a todos levándose o primeiro set.
   Mal comezo para o FisiomásZalaeta, poñíaselle o partido costa arriba cando necesitaban a vitoria para manter as súas opcións na clasificación, con todo, o adestrador Jorge Barrero consegue poñer as cousas no seu sitio, e o equipo local sae no segundo set con intención de gañalo, e sempre por diante en todos os parciais, superan ampliamente ao equipo de José Valle cun claro 25-14. O seguinte set, pon de manifesto a igualdade  no partido, que caracteriza os encontros entre estes dous equipos, e co FisiomásZalaeta por diante en todos os parciais, as lucenses son capaces de pasar dun parcial de 21-14, a finalizar o set 25-21. Era un aviso de que non se entregaban, e no cuarto set, cando parecía que a coruñesas tiñan ao alcance da man o resultado final, o EMEVE logra realizar un gran xogo e non deixa que en ningún momento as rivais se achéguen no marcador, impóñense claramente 14-25, devolvendo a moeda e forzando o tie-break. O quinto set móstranos de novo a tensión do derbi, comeza por diante o EMEVE pero con escasas diferenzas, ata que o FisiomásZalaeta logra a vantaxe dun punto, 7-8, que fai valer para impoñerse nun ajustadísimo final 15-13.
   Emocionante  partido o que presenciamos no Barrio da Flores entre dous equipos que se coñecen moi ben, que xogaban o seu terceiro encontro esta tempada, rompendo a igualdade a favor de FisiomásZalaeta, que con esta vitoria quédase en terceira posición e a un punto da CLASIFICACIÓN matemática para o play off de ascenso a SFV.
   O equipo inicial foi o seguinte: 2 Cristina, 6 Nancy, 7 Laura, 11 Patricia, 13 Lydia, 15 Rocío e 3 Sofía (L). De novo Patricia con 18 Puntos e Rocío con 16, foron as máximas anotadoras, e Sara F. e Carmen polas lucenses con 18 e 17 puntos respectivamente.
   A próxima xornada, desprazamento a Arroyo de la Luz para enfrontarse ao Extremadura Arroyo, líder ata esta xornada na que perdeu claramente co Grupo por 3-0 en Xixón , o que pode converter o próximo partido nunha encerrona para o FisiomásZalaeta, aínda que tamén demostra que o equipo extremeño non é imbatible. 
  laopinioncoruna.es   http://www.laopinioncoruna.es/deportes/2013/01/20/zalaeta-cerca-sueno/684708.html

     
  Derbi local na categoría Cadete entre Liceo A Paz e CV Zalaeta xogado nas instalacións do Liceo ás 12:00, dirixido polo colegiado A. Ares, finalizou cun resultado favorable ás visitantes de 3-0, con parciais 15-25; 27-29 e 19-25 e tivo unha duración de 01h 20m. Adestradores, local R. Pérez e S. Bermudez, e visitante D. Hermida.

    Liceo A Paz: 1 Calvo ©, 4 Piquer, 3 Salguero, 2 Suárez, 5 Santiago, 6 Guerra, 10 Domínguez, 8 Da fonte e 7 Gudge (I).
     CV Zalaeta: 11 Paula L. ©, 17 Ana Mª (L), 13 Nerea, 10 Carla, 12 Sara, 18 Laura, 5 Inés, 14 Paula B., 9 Raquel, 7 Alba, 1 Irene e 6 Lydia.

   Partido con dominio visitante no primeiro set, que desde o comezo distanciouse no marcador realizando un xogo ordenado en defensa e cun bo ataque que non deu opción ao Liceo para acabar impoñéndose cunha ampla diferenza. No segundo set prodúcese a reacción local que dese o inicio adiántanse no marcador decididas a polo empate, neutralizando o ataque do Zalaeta que nestes momentos non atopa o seu sitio na cancha, e logrando un parcial de 16-11, a partir do cal as do Instituto céntranse, empatan, 18-18 e desde este momento o partido é un continuo empate que se decide de forma moi axustada: 27-29. O terceiro e definitivo set, parecido ao primeiro, o Zalaeta sempre por diante, controlando o tempo do partido, non permite ao Liceo que se lle aproxime e imponse claramente 19-25. O equipo de David Hermida tivo boas fases de xogo, en particular en ataque, onde se mostra eficaz en calquera posición, e no xogo na rede, ben en bloqueo e en ataque. O peor, o saque e a recepción e a perda de concentración que lles fai desaparecer da cancha por momentos.
  Con esta vitoria, o CV Zalaeta continúa en 2ª posición provisional na clasificación, e a próxima xornada, recibimos ao Xav Cambados.  




   Pola tarde, desprazamento para xogar no Municipal de Bertamirans o partido correspondentes á xornada nº 14 da Liga Galega de Xuvenís contra o IES Ames. Encontro dirixido polo colegiado D. Borrás, cunha duración de 01h, finalizou cun resultado 0-3 e parciais, 7-25; 10-25 e 10-25.

   IES Ames: 9 Rodriguez ©, 1 Rivas (L), 10 Sánchez, 12 Vaamonde, 11 Rivas, 16 Caamaño (c) e 4 Rodriguez (c).
   FisiomásZalaeta: 8 Maca ©, 7 Paula M. (L), 6 Patri, 11 Rita, 9 Sara A., 17 Susana S., 15 Andrea, 1 Carla (c)    , 10 Paula L. (c) e 12 Alba.

   Encontro fácil para as visitantes que se impuxeron cómodamente a un equipo co que hai grandes diferenzas, que ocupa a 9ª posición na táboa con 5 vitorias, pero que non foi rival para as coruñesas. Resultou un partido entretido no que as locais non puideron opoñerse ao ataque rival  que solucionou rápidamente o enfrontamento.

   A continuación xogouse, no mesmo escenario, o partido correspondente á 14ª xornada de 2ª División A entre os equipos CV Bruxas e CV Zalaeta, que sendo dirixido polos colegiados D. Borrás e S. Veiga, tivo unha duración de 01h 05m, e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais, 22-25; 19-25 e 16-25.

   CV Bruxas: 17 Noya ©, 6 Aboy, 14 Martinez, 13 De Deus, 1 Suarez, 9 gonzalez, 2 García, 10 Rodriguez (j), 12 Vaamonde (j), 11 Rivas (j), e 16 Caamaño (c).
   CV Zalaeta: 7 Susana N. ©, 11 Paula M. (L), 5 Maca, 8 Patri, 7 Rita, 3 Sara A., 10 Susana S., 15 Andrea, 3 Carla (C), 6 Paula L. (C) e 4 Alba.

   A pesar do resultado, o partido non foi fácil para o equipo de Asier García, que tivo que pelexar para facerse coa vitoria ante un rival que non regalou nada.  O equipo visitante púxose por diante ao comezo de todos os sets, sendo o primeiro o máis disputado, no que o CV Bruxas despregou o seu mellor xogo, ben en defensa e logrando puntos en ataque, loitaron por facerse co set apertando ás rivais. A partir do segundo set, as locais perderon fuelle deixaron facer ao Zalaeta, que foi aumentando o ritmo e as diferenzas, para completar un terceiro set moi completo en que obtivo a maior diferenza. A recepción puido ser o hándicap das coruñesas, e a irregularidade no xogo, a característica do partido, O ataque por todas as zonas, o mellor.
   O próximo partido, no Instituto, contra o XAV Cambados. CLASIFICACIÓN.

TAGS: