Sorpresa en Los Canapés no encontro da décima xornada de SF2, que comezou ás 19:00, sendo dirixido polos colexiados J. Sotos e E. Tuya e que tivo unha duración de 01 h 20 m. Finalizou con vitoria local de 3-0, con parciais 25-17; 25-19 y 25-22. Adestradores, local, G. Aramendi e G. Berrio, visitante, J Barreiro e JM Sánchez.
AD La Curtidora: 1 Cristina, 2 Patricia, 3 Sara, 5 Elvia, 6 Tamara, 7 Ayelén (L), 8 Beatriz, 10 Miriam, 11 Teresa, 12 Covadonga, 14 Paula e 16 María.
FisiomásZalaeta: 1 Marta F., 2 Cristina, 3 Sofía (L), 6 Nancy, 9 Olalla, 10 Sheila, 11 Patricia, 12 Maca, 13 Lydia, 14 Sara, 15 Rocío e 18 Noa.
Comeza o primeiro set coas coruñesas por diante no marcador, pero no primeiro parcial, La Curtidora xa remontara, e cun bo ataque e eficacia no saque, vanse distanciando dun rival que soamente ten unha tímida remontada na última fase do set para deixalo 25-17. No segundo set, o FisiomásZalaeta viuse obrigado a remontar un 5-0 froito do pulo inicial do ataque asturiano, que combinado con boa defensa e moi ben no bloqueo, dominou o resto do set. As visitantes melloraron neste set o bloqueo e a defensa, pero o seu ataque non foi abondo para dobregar á asturianas. O último set, a pesar do bo arranque local, foi o ao axustado, con diferenzas mínimas, chegouse ao terceiro parcial co FisiomásZalaeta por diante, parecía que aínda habería partido, pero ao final La Curtidora soubo remontar e levouse o set e o encontro.
De novo Patricia Suarez máxima anotadora con 15 puntos.
Deste modo, o equipo de Jorge Barrero finaliza o ano cunha derrota que rompe a sua boa racha, pero que non lle supón perder a posición na CLASIFICACIÓN. Distánciase o Grupo despois da súa vitoria en Lugo mentres a Cantabria Deporte recorta distancias. O próximo encontro, contra EMEVE no Barrio das Flores.
Xa comezou, efectivamente, levamos xa dúas xornadas de Liga das máis pequenas, concretamente as Alevín Feminino, categoría na que compite o CVI Zalaeta dentro do grupo de Deporte Escolar. Así a primeira xornada xogouse, na “Catedral”, Polideportivo do Monte Dás Moas, na que se enfrontaron Calasancias F1 e Zalaeta, con vitoria para as do colexio, e a segunda, no mesmo escenario, medíronse Zalaeta e Liceo C, con vitoria para as “visitantes”.
A conta dos sets e puntos, lévana os árbitros para facer a clasificación desta “Liga das Estrelas”, pois nós imos divertirnos xogando voleibol e pasamos desas cousas, e ademais, eses mozos que nos acompañan, os nosos pais, despois do partido invítannos ao que chaman o “terceiro tempo”, un refresco e patacas, que nolo merecemos logo de madrugar.
Agora que chega o Nadal, imos parar a Liga, para xogar de novo en xaneiro contra Calasancias F1, así que Felices Festas de parte dos nosos adestradores Pepe e Manu e de todas nós.