Partido adiantado da xornada 10 de 2ª Divisón A, que tivo lugar no Instituto Zalaeta esta mañá entre o CVI Zalaeta e o ELLAEL VIGO VOLEY, que cunha duración de 02h 06m e dirixido polos colexiados FL Barrallo e T. Cobos, finalizou 3-0, con parciais 25-21; 20-25; 25-22 e 25-23.
CVI Zalaeta: 11 Cristal ©, 18 Paula M., 13 Paula R., 7 Susana N., 14 Susana B., 5 Maca, 8 Patri, 1 Rita, 3 Sara, 10 Susana S. e 6 Paula L.
ELLAEL VIGO VOLEY: 1 Diego ©, 18 Niessen, 6 Gallidoiro, 9 Fandiño, 13 López, 8 Lorenzo, 2 Vázquez, 11 Abelleira e 5 De Alcantara.
Presenciamos un bo partido, no que o equipo de Vigo viña decidido a levarse os puntos e empregouse a fondo desde o principio, comezando o primeiro set cun parcial a favor de 0-6 practicando un xogo de ataque moi eficaz, que as do Instituto non puideron parar.
Aos poucos vaise producindo a reacción do equipo local que logra un 9-9, e a partir de aquí conseguen que as diferenzas non sexan grandes, ata que de novo outro bo momento da o viguesas lévaas a poñerse por diante, e cando todo parecía ao seu favor para facerse co set, unha nova remontada do Zalaeta fai o que parecía imposible, 25-21.
Esta foi a tónica do partido, ambos equipos alternándose no dominio do marcador, no segundo set, o dominio inicial foi das coruñesas, que ao cabo cederon ante o bo facer do Vigo Voley. No terceiro e o cuarto set tampouco houbo grandes diferenzas, parece que a presión inicial das visitantes decaeu e iso permitiu ao CVI Zalaeta facerse, de modo moi axustado, co partido.
O equipo de Asier García de Dios mantén a racha de vitorias e as súas opcións na clasificación, cun xogo eficaz. Hoxe estiveron na súa liña, con boa defensa, ben en recepción, e na rede, e quizais con algún fallo de máis en ataque, pero sobre todo, souberon soportar a presión e foron capaces de remontar ante un equipo que non regalou nada, que veu gañar e a punto estivo de facelo despregando un xogo eficaz e con recursos, distribuíndo ben o xogo para o seu potente ataque polas ás.
O CVI Zalaeta, pasa a ocupar a segunda posición provisional na TÁBOA, e a próxima xornada, descansa. Mencionar a recuperación das xogadoras Susana Naveira e Sara Amarelle, así como as baixas de Alba, Andrea, Amara, Marga e Sara Doolitte.