VER FOTOS> |
o partido de volta das semifinais da Copa Galicia entre os equipos
FisiomásZalaeta e Xuvenil Teis hoxe domingo as 12:00 no Polideportivo do Barrio
das Flores e que finalizou cun resultado de 3-0 favorable ao equipo local, con
parciais 25-20; 25-18 e 25-13. Cunha duración de 01H. e 09M. foi dirixido polos
colexiados Francisco Barrallo, Alberto Suarez e Laura Lago.
Sofía(L), 6 Nancy, 7 Laura, 9 Olalla, 10 Sheila, 11 Patricia, 12 Maca, 13 Lydia e 15 Rocío.
Cristina, 7 Lilia, 8 Rosana, 9 Natalia, 10 Rebeca, 16 Lucía e 18 Anía(L).
Encontro de trámite, no que o FisiomásZalaeta impúxose claramente as de Teis, e no que as
visitantes soamente opuxeron resitencia
no primeiro set, no que alternaron o dominio no marcador, pero que
acabaron cedendo ante un equipo local que aproveitou a súas oportunidades. A
partir do segundo set, e sin realizar un xogo brillante, pero sin fisuras, as
coruñesas dominaron o partido de forma cómoda e sin apenas cometer fallos,
logrando un marcador cada vez mais amplo. Nesta ocasión o adestrador local,
Jorge Barrero, puido contar por primeira vez coa xogadora internacional Patricia
Suarez, aínda que continúan sendo baixa por lesión Nóa Sánchez e Marta
Esperanza, e nesta ocasión tamén causou baixa Sara Díaz.
rede e boa recepción, o equipo vaise acoplando, o que se reflexa nos resultados,
e deste xeito logra o paso a primeira final da tempada, na que se medirá ao
EMEVE o próximo domingo día 7 en Lugo, actuando así as lucenses de local ao ser
as organizadoras do evento.