VOLEIBOL / LIGA FEV FEMENINA
El Zalaeta cierra la temporada con triunfo
VER FOTOS |
Destacar que o vencedor desta categoría, Club Vigo Voleibol, xogará o Play Off polo título cos equipos,San Sadurniño, EMEVE e CV Ourense.
________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________
Para rematar a xornada, enfrontáronse os equipos Cadetes Femininos en partido dirixido polo colexiado Duarte Borrás, que tivo unha duración de 01h. 01m., e rematou con vitoria visitante por 0-3, con parciais 23-25, 14-25 e 14-25. adestradores, local, Fernando Cueto e visitante Lago.
Fisiomás Zalaeta: 11 Paula L., 2 Ana, 14 Laura, 7 Miluska, 12 Paula B., 8 Nerea, 1 Lucía, 9 Raquel, 13 Irene, 17 Lydia e 6 Inés.
Xuvenil Teis: 10 Rodriguez, 1 Lois, 5 Veiga, 3 Dafauce, 4 Larrán, 14 Rodriguez C., 8 Fuentes e 2 Gómez.
Partido de dominio visitante que venceu con comodidade a un rival que tan so plantou cara no 1º set para deixarse levar nos seguintes. Neste encontro non se decidía nada na clasificación , xa que o Zalaeta, logo de gañarlle ó Liceo La Paz, perdeu con AD A Pinguela e con elo, todalas posibilidades de entrar no Play Off polo título galego da categoría, ocupando o 5º posto na CLASIFICACIÓN.
Nesta categoría, os equipos clasificados para a final crúzanse como sigue: CV Ourense – Liceo La Paz; e Xuvenil Teis – AD A Pinguela.
Remata a Liga regular co Zalaeta no medio da táboa, que apunto estivo de acadar un posto na final despois de facer unha 2º volta a un gran nivel. Este equipo que a principio de tempada era unha incógnita e que necesitaba acoplarse debido a distinta procedencia dalgunhas das súas xogadoras, logrou, da man do seu adestrador, David Hermida, facer un conxunto para a 2ª volta na que fixo partidos a un gran nivel, e a piques estivo de
de colarse nos postos de cabeza.