VER FOTOS> |
VER FOTOS> |
A continuación, antes do partido de Cadetes, presenciamos, neste mesmo escenario, o partido de Superliga 2 Feminino, que comezou con puntualidade británica ás 18:30, entre os equipos AD Pinguela e GH Ecay Leadernet. Interesante intermedio no que vimos baterse ó líder da CLASIFICACIÓN e o Pinguela que ocupa a parte media da táboa e que finalizou cun resultado favorable ás visitante de 0-3, con parciais 17-25, 23-25 e 23-25. Neste partido, destacar que o cadro do CD Iruña ascendía a Superliga 1 despois de obter a vitoria, un ascenso que culmina unha excelente traxectoria ascendente deste club que en 5 anos logra 5 ascensos consecutivos ate acadar a máxima categoría do Voleibol nacional. Cun bloque moi conxuntado no que que todalas xogadoras parecen estar a un mesmo e gran nivel, son capaces de marcar o tempo do partido a súa medida. Comezou poñéndose por diante o equipo local en todolos sets con gran vontade e concentración por parte das pupilas de Cardozo, pero o seu xogo, ben en defensa e cun gran ataque, estrelábase unha e outra vez coa maquinaria navarra, que da man da súa adestradora, a ucraniana Olena Zalyuboska, non deu opción as monfortinas, conscientes coma eran da posibilidade, materializada, de ascender ó finalizar este encontro. Gran partido o que presenciamos no Municipal de Monforte con gran afluencia de público e gran ambiente de voleibol en toda a xornada. Dende aquí, queremos felicitar ó CD Iruña por este ascenso e esa impactante traxectoria.
VER FOTOS> |
Domingo, 12:30,Pavillón da UDC, emocionante e intenso derbi local de 2ª División A Feminina, entre os equipos Autos Rico UDC A e CV Zalaeta B, no que as visitantes buscaban a revancha do partido xogado na primeira volta no P. do Instituto Zalaeta, no que se impuxo o UDC por 2-3. Nesta ocaison foi devolta a moeda do mesmo xeito: 2-3. Un encontro dirixido polos colexiados FL. Barrallo, D. Borrás e L. Lago. Tivo unha duración de 02H. 03m., e rematou con parciais: 25-18, 25-20, 21-25, 18-25 e 14-16. Adestradores, local, Ennes, e vistante, Fernando Cueto e Asier García de Dios.
Autos Rico UDC A: 3 Simón, 1 Varela, 8 Lago, 10 Pérez, 7 Fernández, 6 Amor, 11 Alcazar, 12 Prieto e 4 González.
CV Zalaeta B: 2 Paula R., 1 Paula M., 3 Lucía, 7 Susana, 10 Jessy, 8 Patri, 9 Rita, 5 Sofi, 4 Amara e 15 Andrea.
Nova vitoria do Zalaeta que deste modo se proclama CAMPIÓN DE LIGA DE 2º A FEMININA a falta de dúas xornadas para finalizar a tempada. Noraboa ás xogadoras e adestradores por esta magnífica campaña e tan bon resultado.