____________________________________________________________________________
O sábado continuaron os partidos, con unha nova visita de Calasancias Coruña, nesta ocasión na categoría Cadete Feminina Liga Galega, cun encontro que comenzou ás 10:30 sendo dirixido pola colexiada Laura Lago, e que tivo unha duración de 01h. 55m.e finalizou cun resultado de 3-2, con parciais 28-30, 24-26, 25-20 25-21 e 15-4. Adestradores, local David Hermida, e visitante, Calic.
Fisiomás Zalaeta: 16 Andrea, 3 Ana, 14 Laura, 7 Miluska, 1 Lucía, 9 Paula L., 8 Nerea, 11 Raquel, 13 Irene, 17 Lydia e 12 Paula.
Calasancias Coruña: 1 Fernández, 2 Cordal, 13 Romero, 7 Canalda, 10 Picado, 2 Babarro, 8 Espiñeira, 14 Pérez, 9 Castro e 4 García.
Partido moi intenso e completo o que nos ofreceron ambos equipos, moi disputado e que practicamente no se resolveu ata o “tie-break”. No primeiro set, as locais non estiveron a súa altura, e permitiron que Calasancias levara o tempo do partido, e ainda que o parcial rematou moi axustado, non foron as de Zalaeta capaces de reaccionar, cedendo este set e o seguinte. Con esta diferencia no marcador, favorable ás visitantes, comenzaba o 3º set, que este sí que foi o da reacción das do Instituto, que tomaron a dianteira impoñéndose no marcador neste set e tamén no 4º, provocando un empate, para resolvelo ó seu favor contundentemente no “tie-break”. CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________
Ó mesmo tempo, no P. Monte das Moas, tiña lugar unha xornada de Voleibol, no que entre outros, xogábase o partido de Liga Zonal Infantil que enfrontaba ós equipos Zalaeta Mixto e Franciscanos. Dirixido polo colexiado A. Borrás, tivo unha duración de 01h. 17m., e rematou cun resultado de 1-3 e parciais, 25-16, 18-25, 16-25 e 22-25. Adestradores, local, Noa Sánchez e visitante, Rodriguez.
Zalaeta Mixto: 5 Inés, 15 Víctor, 11 Amanuel, 10 Marina, 6 Salam, 1 Akalu, 7 Blanca, 14 María e 13 Andrea.
Franciscanos: 7 Trillo, 12 Hermida, 9 Villaverde, 1 Costa, 2 Gómez E., 11 Gómez M e 3 Costa.
Puxéronse por diante ás de Zalaeta neste primeiro set, xogando ordeadamente e con poucos erros tanto en saque coma na recepción. Pero axiña comenzou a reacción das Franciscanos, que presentan nestas categorías, equipos mais conxuntados e efectivos, e que unido a relaxación de Zalaeta, supuxo a remontada e a vitoria no partido deixando así a CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________
O seguinte partido, enfrontaba ós equipos Cadetes Femininos de Liga Zonal Grupo A CV Zalaeta B e Bertamirans FC Voleibol, dous conxuntos que se atopan igualados na parte baixa da taboa, que disputaron un encontro entretenido que rematou cun resultado de 3-1 con parciais 25-20, 25-20, 20-25 e 25-18.
As xogadoras de Noa Sánchez, fixeron un encontro moi ordeado e con poucos fallos, que lles fixo ir por diante no marcador controlando o partido, agás no 3º set, no que coa mesma vantaxe que o Zalaeta nos anteriores, neste impúxose Bertamirans, para de novo no 4º parcial, ás coruñesas decidiron o partido. CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________
O enfrontamento con Calasancias, continuou pola tarde coa disputa do encontro de Liga Galega Xuvenil Feminino, tamén no P. Zalaeta as 16:00, que dirixido polos colexiados JL. Herrero e N. Piñeiro, tivo unha duración de 52m. e finalizou cun resultado de 3-0, con parciais 25-14, 25-9 e 25-7. Adestradores, local, Fernando Cueto, e visitante, Rumbo.
Fisiomás Zalaeta: 9 Maca, 18 Paula M., 1 Amara, 3 Sofi, 5 Jessy, 11 Rita, 7 Marta, 6 Patri, 15 Andrea, 14 Paula L. e 17 Lydia.
Calasancias Coruña: 1 Buján, 16 Bravo, 10 Morales, 4 García, 9 Alonso e 7 Vidal.
Partido de trámite para Zalaeta, no que Calasancias , nesta ocasión, non foi rival para ás do Instituto, que gañaron cómodamente e cunha ampla vantaxe. con esta vitoria, continúan, provisonalmente, na 2ª posición da CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________
No Pavillón do Instituto Zalaeta, recibía o CV Zalaeta B ó Dompa Gestión A en partido correspondente a Xornada nº 19 da 2ª División A Feminina. Daba comenzo o encontro ás 17:30, dirixido polos colexiados JL. Herrero e N. Piñeiro, tendo unha duración de 57m., e cun resultado de 3-0, con parciais 25-9, 26-24 e 25-11. Adestradores, local, Fernando Cueto e visitante, Crespo.
CV Zalaeta B: 2 Paula R., 1 Paula M., 3 Lucía, 7 Susana, 4 Patri, 5 Sofi, 10 Jessy, 9 Rita, Amara, 15 Andrea, 11 Paula L. e 12 Lydia.
Dompa Gestión A: 5 Gonzalez, 8 García, 7 Vázquez, 2 Quintas, 10 Fernández, 12 Rivas, 11 Ezquerro e 1 Gonzalez.
Nova vitoria do Zalaeta B sobre o equipo ourensan, na sua liña de sempre nesta tempada, cun xogo ben ordeado sin dar opción ó rival e sin encaixar un set. De novo volve aparecer a perda de concentración no equipo local, que, nesta ocasión , no 2º parcial faille pasar apuros e facilita a remontada das contrarias ate finalizar nun apretado 26-24. No 3º set, volve o Zalaeta á cancha e finaliza o partido dominando cunha ampla vantaxe.
Deste xeito, queda a clasificación desta División, pendente do partido que disputarán a próxima xornada co Autos Rico UDC A 2º CLASIFICADO.
____________________________________________________________________________
A continuación, na cancha do Instituto, celebrábase o partido correspondente a Xornada nº 15 de 1ª División Masculina, entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e Mexillón de Ouro Vb Rianxo. Dirixido polos colexiados D. Borrás, L. Lago e T. Cobos, tivo unha duración de 01h. 46m., e finalizou cun resultado de 2-3, con parciais 21-25, 25-20, 25-15, 23-25 e 12-15.
Autos Cancela Zalaeta: 1 Losada, 6 Martinez, 3 García de Dios,
11 Gómez-Reino, 12 De Valenzuela, 9 Feijoo, 2 Villa, 16 Espasandín e 5 Pereira.
Mexillón de Ouro Vb Rianxo:9 Abuín M., 17 rodriguez, 1 Martinez, 2 Conde, 12 Caamaño, 4 Gomez, 16 Iglesias, 10 Mantilla J., 15 Mantilla H. e Abuín JM.
Partido importante para ambos equipos que transitan pola parte baixa da CLASIFICACIÓN e están necesitados de puntos na parte final da competición. Comenzou por detrás o Zalaeta que non foi capaz de remontarlle este 1º set a Rianxo, para levar o 2º e 3º con claridade e bon xogo. Parecía que deste xeito os locais tiñan o partido na súa man, pero a boa defensa de Rianxo unido ós erros de Zalaeta forzaron o “tie-break”. Este derradeiro parcial iniciouse con vantaxe para os do Instituto, 8-4 na primeira parte, que non souberon administrar, e a intensidade defensiva do rival e o bon xogo na rede, deulle o partido ós visitantes. Para Ángel Losada, “foi un partido froxo, despois do repunte que experimentamos a raiz da entrada no equipo de Villa e de encadear una racha de vitorias. Tivemos intres moi bos, alternando con baches nos que non eramos capaces de superar simplemente o bloqueo visitante”. Un lastre importante que ten este equipo, son as reiteradas baixas, nesta ocasión non puidemos contar con Lendoiro, que sería un recambio solvente en recepción por 4, co que quizais se marcase a diferencia.
___________________________________________________________________________
Mentres tanto, na cancha do P. Sagrada Familia, o Fisiomás Zalaeta de Liga FEV Feminina, recibía ó Universitario Guadalajara en partido correspondente a xornada nº 14. Dirixido polos colexiados N. Iglesias, A. Borrás e N. Mahía, tivo unha duración de 01h. 12m. O resultado foi de 0-3, con parciais de 23-25, 23-25 e 17-25. Adestradores, local Jorge Barrero e visitante, Vicedo.
Fisiomás Zalaeta: 5 Esperanza, 17 Sánchez, 10 Arias, 11 Vázquez, 2 García, 1 CuVeira, 3 Durán, 13 Fraga, 6 Campos, 7 Lago e 12 Corbo.
Universitario Guadalajara: 5 Hernández, 4 Ortas, 10 Castro, 11 Tolón, 13 Fernández, 7 Martinez, 14 Kilic, 6 Crlowska e 12 Vásquez.
As visitantes comenzaron dominando o partido ante un Fisiomás Zalaeta que tardou en entrar en xogo, e cando o fixo, foi para ir remontando un set complicado ante o Guada que ocupa o 3º posto da CLASIFICACIÓN. O parcial rematou moi axustado, e ainda que as coruñesas se meteron no partido, non doblegaron a un rival ben asentado e compacto na cancha, con poucos erros. No 2º set, o Zalaeta tivo un mellor rendemento, pero sin lograr imporse no marcador, para no derradeiro parcial deixar o partido na man das Universitarias que xa ían decididas a gañar . Probablemente, a vantaxe inicial das visitantes, pasoulle factura ó Fisiomás Zalaeta que se viu incapaz de gañar remontando.
El Zalaeta tarda en arrancar y lo paga ante el Guadalajara https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2012/03/04/zalaeta-tarda-arrancar-paga-guadalajara/586549.html
___________________________________________________________________________
VER FOTOS> |
A continuación, xogaban os equipos de Xuvenil Masculino de Liga Galega o partido que tiñan pendente. Encontro dirixido polos colexiados Rial e Vidal que tivo unha duración de 01h., e finalizou cun 3-0 e parciais 25-21, 25-10 e 25-13. Adestradores, local, Valin, e visitante Borja.
AUTOS CANCELA ZALAETA: 9 Espasandín, 16 Martinez, 7 García, 6 Muñiz, 15 Pérez e 5 Gómez-Reino.
Partido dominado polo EMEVE que tan so contou coa oposición do Zalaeta no primeiro set que fixo un parcial moi bon logrando poñer en apuros ós locais cun marcador apretado. A partires do 2º set, o equipo mais completo de EMEVE fixose notar na cancha e impúxose a un visitante que se desprazou cunha plantilla reducida. Este é o principal problema dos do Instituto que por diferentes razons o longo da tempada as baixas mermámlle ás posibilidades. A pesar delo, e un equipo que foi mellorando e conxuntándose co paso do tempo e os adestramentos.
Mencionar, tamén, que esta foi unha fin de semán dobre para eles, cun partido contra C Vigo Voleibol no Municipal de Coia. Desprazáronse os mesmos xogadores que a Lugo: Espasandín, Muñiz, Gómez-Reino, Martinez, Pérez e García. Encontro complicado contra os de Vigo que ocupan a 2ª posición provisionalmente na CLASIFICACIÓN, e teñen un equipo realmente completo e conxuntado. O partido rematou cun 3-0 con parciais 25-7, 25-18 e 25-12.
_____________________________________________________________