/XORNADA 25-26/02/2012

XORNADA 25-26/02/2012

VER FOTOS>

   Hoxe, sábado, recibíamos a visita do CV Ourense que se desplazaba a cidade herculina con dous equipos, xuvenil e cadete femininos, para xogar sendos partidos correspondentes a Liga Galega de cada categoría, que se saldou con reparto de vitorias.

   Daba comenzo ás 10:30 o primeiro partido entre os equipos xuvenís, arbitrado polos colexiados F.L. Barallo e N. Piñeiro, cunha duración de 58m.e resultado 3-0 con parciais 25-17, 25-15 e 25-15. Adestradores, local Fernando Cueto e visitantes, Pérez e Rivera.
   Fisiomás Zalaeta: 3 Maca, 18 Paula M., 1 Amara, 3 Sofi, 5 Jessy, 11 Rita, 6 Patri, 7 Marta, 15 Andrea, 14 Paula L. e 17 Lydia.
   CVO Ourense A: 9 Outeiriño, 12 Dieguez, 17 Alonso, 4 Sardiña, 3 Del Castillo, 11 Oliveira, 2 Giraldez, 16 Da Silva, 5 Romero, 6 giraldez E., 14 gonzalez C. e 1 Gonzalez E.
   Partido cómodo para as coruñesas, que se impuxeron sin complicación xogando a un ritmo tranquilo, ben no saque e en defensa, e elaborando ben o ataque, en particular polas bandas, o que lles permitía distanciarse no marcador ante un rival que o intentou, pero non foi quen de inquietar ó Zalaeta. Nova vitoria que lle permite ás locais continuar na parte alta da CLASIFICACIÓN.
   A continuación tivo lugar o partido de Liga galega Cadete entre os mesmos equipos, dirixido polos colexiados N. Piñeiro e F.J. Barallo, cunha duración de 01h. 03m. e resultado 0-3 , con parciais 6-25, 18-25 e 17-25. Adestradores, local David Hermida, e visitantes, Pérez e Rivera.
   Fisiomás Zalaeta: 16 Andrea, 3 Ana, 11 Paula, 17 Lydia, 7 Miluska, 13 Irene, 9 Raquel, 14 Laura, 8 Nerea, 1 Lucía, 12 Paula e 6 Inés.
   CV Ourense A: 2 Giraldez G., 3 Gonzalez E., 6 Giraldez I., 10 dieguez, 5 Romero, 16 Da silva, 11 Oliveira e 1 Gonzalez.
   As de Ourense demostraron na cancha de Zalaeta o porqué desa 1ª posición na  CLASIFICACIÓN con tan só un partido perdido. Presentaron un equipo compacto que fixo un xogo moi ordeado, repartindo moi ben os balons de ataque e aproveitando os fallos das locais. O Zalaeta fixo un mal 1º set, cun xogo que en pouco se parecía ó realizado a pasada xornada contra Ames. Recuperouse no 2º mellorando o xogo pero seguía sendo vitima dos seus propios erros que lle impedían remontar.
_______________________________________________________________________________________

VER FOTOS>
   Esta mañá, tamén no Monte das Moas desenrolábase unha nova xornada de Deporte Escolar Alevín, e dentro do Grupo A Coruña-Ferrol competían o CM Voleibol Ferrol e o CV Zalaeta que nos ofreceron un partido moi emocionante que se decidiu no 3º set, logo dun empate. O resultado foi 2-1, con parciais 24-26, 25-11 e 15-9. Os dous equipos decidiron seguir adestrando para poder pasalo ben os días de  partido.
_______________________________________________________________________________________

   Nova vitoria do Autos Cancela Zalaeta no partido contra o AULE na xornada de 1ª División Masculina.
VER FOTOS>
   As 12:00, daba comenzo o partido de 1ª División entre o Autos Cancela e o Universitario de León no Polideportivo da Sagrada Familia, sendo dirixido polos colexiados F.L. Barallo, M. Folgar e T. Cobos e que tivo unha duración de 01h. 11m., para finalizar 3-0, con parciais 25-13, 26-24 e 25-23. Adestradores A. Losada, local e García visitante.
   Autos Cancela Zalaeta: 1 Losada, 6 Martinez, 3 García De Dios, 11 Gomez Reino, 9 Feijoo, 13 Lendoiro, 5 pereira, 10 Porrit, 2 Villa, 16 Espasandín e 12 De Valenzuela.
   AULE: 2 García JL., 12 Fuertes, 7 Herrero, 3 Pérez, 5 García A., 15 Callejo, 18 Rodriguez, 6 Castillo, 4 Turrado, 10 Martín e 1 Jarrín.
   O partido deu comenzo cun Zalaeta convencido das súas posibilidades, ben colocado na cancha e moi metido no partido, dende o primeiro punto, non deu opción a un rival ó que superou en todo para acadar a maior diferencia do encontro, 25-13. O 2º set, casi foi dos visitantes, que melloraron o xogo cunha mellor defensa e menos erros, e puxéronse por riba no marcador. A pesar delo os coruñeses foron quen de remontar e gañar un parcial moi axustado, así coma tamén no derradeiro set. O Autos Cancela é un equipo que vai evolucionando a medida que transcurre a competición, vanse acoplando os xogadores e eso nótase nos partidos. Con unha boa recepción teñen un bon ataque que busca unha e otra vez o erro da defensa rival, e estase mostrándo coma un equipo que non só gaña sets, senon que tamén gaña partidos. CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________

   Complicado compromiso para o Fisiomás Zalaeta na súa visita á cancha do líder Voley Ciutat Cide en Palma de Mallorca.

  O domingo tocaba xirarlle visita ó líder da presente Liga FEV na súa cancha do Polideportivo CIDE, equipo que viña coa moral alta despois de endosarlle un 3-0 ó Xuvenil de Teis o día anterior.
  Para este desprazamento, o adestrador Jorge Barrero, convocou ás seguintes xogadoras: Marta Esperanza, Nancy Campos, Olalla García, Sheila Arias, Rocío Durán, Laura Lago,Cristal Paz, María Galego,Irene Vázquez, Noemí Sánchez,Macarena Corbo e Marta Fraga.
   Saltou a sorpresa neste partido, no que o Fisiomás Zalaeta se impuxo ó equipo local cun resultado de 2-3 e parciais 25-23, 21-25, 25-12, 19-25 e 7-15. foi un partido disputado, con alternancia no marcador, no que o Zalaeta sentenciou sen concesións no “tie-break”, e deste modo ofreceou a mellor cara no que vai de liga. A próxima xornada, contra o Universitario de Guadalajara en A Coruña.CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________ 

TAGS: