CV Pontevedra:1 Moledo, 15 Durán, 7 vila, 8 Hernáiz, 5 Abeledo, 6 Vázquez, 14 Ramirez, 13 Cariño, 11 Varela e 14 Gonzalez.
Fisiomás Zalaeta: 9 Corbo, 18 Martinez, 7 Fraga, 3 Hidalgo, 5 López, 11 Prieto, 6 Santos F. e 15 Santos P.
O encontro foi favorable ás coruñesas dende o principio que cun xogo ordeado e elaborando a xogada a partir dunha boa defensa, impuxéronse facilmente ó Pontevedra, que no 2º set, reaccionou poñéndo en apretos ás rivais, pero, ainda que de xeito axustado, non conseguiron superar ás de Zalaeta. O derradeiro foi un calco do primeiro, e o Zalaeta rematou comodamente cun 7-25. Con este resultado o Fisiomás Zalaeta sitúase, provisionalmente, no 2º posto da CLASIFICACIÓN.
CV Pontevedra:5 Valcarcel, 18 Castellano, 3 Rodriguez, 9 Borra, 6 Simòes, 10 Castro, 8 Pérez e 2 Neira.
CV Zalaeta B:3 Gonzalez, 1 Rodriguez, 7 Naveira, 8 Santos F., 15 Fraga, 10 López, 2 Corbo, 9 Prieto, 5 Hidalgo e 4 Santos P.
VER FOTOS> |
O equipo de Cadetes A Feminino de Liga Galega, tiña a súa cita no Municipal de Ames ás 18:30 para enfrontarse ó IES Ames A, en partido da 15ª xornada. Encontro dirixido polo colexiado J.R. Baña, tivo unha duración de 02h. 29m., e finalizou 2-3, con parciais 20-25, 25-23, 23-25, 28-26 e 14-16. Adestradores, local, Bouza, visitante, David Hermida.
Emocionante e intenso partido de Voleibol o que nos ofreceron estes dous equipos,que cunha duración pouco habitual, 2h. e 29m., xa nos indica que se disputaron todolos puntos sen concesions. O 1º set foi para as visitante que lograron imporse distanciándose nos últimos puntos de set. A partir de 2º set, os dous equipos, ben dispostos na cancha, con boa defensa, disputábanse todolos balons alternándose no marcador ate o derradeiro punto do “tie-break”. Ames estivo moi ordeado ben en defensa e en ataque quizás superado na rede polas visitantes que tamén fixeron un partido moi completo. A diferencia, quizais puido estar no orde no que se cometeron determinados erros. Con esta vitoria, o Fisiomás Zalaeta sitúase no medio da CLASIFICACIÓN. con dous partido menos.
O remate do partido Xuvenil, comenzaba o encontro de 1ª División Maculina que enfrontaba os mesmos clubes, Autos Cancela Zalaeta e Auria Vella Voleyourense, os dous na parte baixa da CLASIFICACIÓN, e que finalizou 3-2 con parciais 25-21, 25-22, 24-26, 20-25 e 15-13. O dominio inicial correspondeou os locais que comenzaron gañando os dous primeiros sets ben asentados na cancha e elaborando as xogadas de ataque foron superiores ó Voleyourense e non deixaron que se lles puxeran por diante. No terceiro set prodúcese a reacción dos visitantes que se levan o parcial moi xusto. Os cambios no funcionan e o Zalaeta non supera os seus fallos e ceden o 4º set para decidilo todo no “tie-break” que comenzan por debaixo no marcador. Aquí de novo, o Autos Cancela Zalaeta, reaccionou e demostrou que tamén sabe remontar, para finalizar nun apretado 15-13 que lle dá unha vitoria, a 2ª da tempada, moi importante.