/XORNADA 11-12/02/2012

XORNADA 11-12/02/2012

VER FOTOS>

   Breve xornada a deste fin de semán, que deu comenzo cun partido da Liga Zonal Cadete Feminino Grupo A, cun partido entre os equipos CV Zalaeta e CD Conxo B no P. I. Zalaeta ás 10:30, dirixido polo colexiado Duarte Borrás e que tivo unha duración 01h. 13m. O  resultado foi de 0-3 con parciais 16-25, 22-25 e 14-25. Adestradores, local  J. Díaz, e visitante Aboi.

   CV Zalaeta:  4 Feliz, 12 Conde, 13 Chao, 2 Ribeiro, 7 Arriaza L., 12 villaverde, 10 Lois, 5 Vega, 3 Arriaza N. e 8 De Piazza.
   CD Conxo:  6 Rodriguez An., 12 Alvite, 1 Rodriguez. 4 Mohamed, 13 Alvite I., 8 Lòpez, 9 Mariño, 3 Nogareda e 7 Molinero.
   O CD Conxo presentou un equipo conxuntado e ben ordeado na cancha que non tardou en facerse co 1º set xogando con poucos fallos e aproveitando ós das rivais, mentras que ás do Instituto tardaron en atoparse  na cancha. O segundo set as locais reaccionaron, correxiron os erros e a piques estiveron de dominar o marcador pero non lograron imporse ás santiaguesas, e deste modo cederon tamén o 3º. O equipo de Zalaeta botou en falta as xogadoras lesionadas e tivo que reforzarse con infantís, partido que lles aporta un pouco mais de experiencia na categoría deixando deste modo a CLASIFICACIÓN.
   Pola tarde na Cachada de Boiro tiña lugar un dos partidos de rivalidade galega na 1ª División Masculina entre os equipos Nautico Boiro Voleibol e Autos Cancela Zalaeta, partido dirixido polos colexiados Ares, Barrallo e Blanco que tivo unha duración de 01h. e 08m. e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais  25-17, 25-17 e 25-21.
VER FOTOS>

   Nautico Boiro Voleibol: 12 Álvarez, 1 Alves, 14 Souto, 15 Péres P., 5 Vázquez, 6 Agra, 3 Palacio, 4 Pérez A., 9 Taibo, 8 Abalo e 7 Suarez.

   Autos Cancela Zalaeta: 1 Losada, 6 Martinez, 3 García de Dios, 5 Gómez-Reino, 2 Villa, 5 Pereira, 10 Porrit, 13 Lendoiro, 12 De Valenzuela e 16 Espasandín.
   Partido de trámite para o Boiro que fixo un partido completo, moi ordeado e eficaz en defensa e con gran resolución en ataque ante un equipo coruñés que non tivo o seu mellor día, e estivo froxo en todas as facetas do xogo e tan só no 3º set se acercou ós locais no marcador. O Zalaeta non tivo moito que ver co equipo que lle gañou ó Burgos e de novo foi vítima dos erros e imprecisións que lle impiden remontar, mentres que o Boiro levou o partido mostrándose moi seguro, en particular cun saque moi eficiente, demostrando así o porqué da súa posición na CLASIFICACIÓN.

   O equipo que tiña a xornada mais apretada esta fin de semán, era o de Liga FEV Feminina que se desplazou as Illas Canarias para disputar dous partidos cos equipos da categoría da Illas. O primeiro tivo lugar no P. San Román de Las Palmas o sábado ás 13:00, sendo dirixido polos colexiados Sotos, Pérez e Cuenca, cunha duración de 01h. 13m., e con resultado de 3-0, con parciais 25-22, 25-17 e 25-19. Adestradores, local Martín, Guerra, e visitante Fernando Cueto.
   CV Playa de Las Canteras: 10 Martín MM, 1 Guerra Q., 3 Pérez, 8 Solana, 9 Valle, 2 Muñoz, 13 Izquierdo, 18 Becarés, 5 Nsungilina, 15 Suarez, 16 Manzano e 12 Santana.
   Fisiomás Zalaeta: 9 María, 17 Noa, 11 Irene, 6 Nancy, 2 Olalla, 1 Paula, 3 Sofi, 5 Patri, 13 MArta F. e 12 Maca.
  Partido marcado para o Fisiomás Zalaeta polas ausencias, incluido a do seu primeiro técnico, Jorge Barredo, que non puido viaxar neste desprazamento, así coma gran parte das xogadoras deste equipo que está a realizar unha tempada na que prácticamente vese forzado a cambiar en cada partido de formación titular. Nesta ocasión viaxaron a Las Palmas con 5 xogadoras do equipo xuvenil, de modo que se produxo o debú na categoría das xogadoras Patricia e Paula. Así, cun equipo moi xove, prantaron cara ó equipo local, que se reforzou para este partido con xogadoras habituais de Superliga, e fixeron un 1º set moi completo, que tan só se decantou nos derradeiros puntos polo conxunto de Las Canteras. No 2º set as pupilas de Fernando Cueto, viñéronse un pouco abaixo e non foron capaces de remontar para mellorar o xogo no 3º e deixar unha boa impresión a pesares da derrota.
   A continuación, o domingo ás 11:00, tocáballe o turno ó Arona Stop&Shop de Tenerife. Partido dirixido polos colexiados Galán, Mederos e García Raposo, tivo unha duración de 02h. 06m., e rematou cun resultado de 3-2 con parciais 21-25, 25-20, 28-30, 25-20 e 15-7. Adestradores, local Fernández e García, e visitante, Fernando Cueto.
   Arona Stop & Shop: 13 Acosta, 1 Díaz, 4 El Ammari, 3 Bello, 11 Hernández G., 5 Fernández, 2 Hernández H., 8 Ferrera,, 18 Korff, 12 Mohr, 10 Marcos e 15Vieni.
   Fisiomás Zalaeta: 9 María, 17 Noa, 6 Nancy, 2 Olalla, 11 Irene, 13 Marta F., 12 Maca, 5 Patri, 3 Sofi e 1 Paula.
   Partido de larga duración, no que foi necesario chegar ó “tie-break”, con marcadores moi axustados, que da idea da igualdade destes dous equipos que ocupan os postos baixos da CLASIFICACIÓN e que deste xeito repártense os puntos xa que as de Tenerife perderon na sua visita a cidade herculina.
   O próximo partido, na casa, o domingo 19 ás 12:00 no P. Sagrada Familia, precisamente diante do Playa de las Canteras. Unha boa ocasión para tomar a revancha aproveitando a vantaxe de xogar na casa.


                                         

Las canteras 3 Zalaeta 0 

Un bajón en el tercer set condena al Zalaeta ante Las Canteras. Las coruñesas, que viajaron con varias juveniles, juegan hoy ante el Arona.

https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2012/02/12/bajon-tercer-set-condena-zalaeta-canteras/579671.html 

TAGS: