VER FOTOS> |
Gran ambiente e moita diversión, o sábado 17, en torno ó Voleibol no Polideportivo do Monte das Moas, onde se disputan as Ligas Zonais Infantis e ás competicións de Deporte escolar Alevín. Neste marco , enfrontáronse na categoría Alevín, o Zalaeta co Valle Inclán Oleiros, que finalizou con vitoria do Zalaeta e una aperta entre os contendentes.
A Continuación, no mesmo esceario, tivo lugar o partido entre o Zalaeta Mixto e Eusebio da Guarda, de categoría infantil, dirixido pola colexiada Nuria Mahía, con una duración 45 m. Adestradores, local, Noa Sánchez e visitante Rumbo. O resultado foi de 3-0 con parciais de 25-15, 25-12 e 25-14.
Zalaeta Mixto: 11 Espada, 9 Jáudenes, 5 Rivas, 15 Díaz, 13 Rial, 6 Fernández, 10 Dans e 2 Arriaza.
Eusebio da Guarda: 6 Díaz del Ro, 8 Cabaleiro, 4 Sánchez, 1 Acevedo, 2 de Sa, 14 Pita, 5 Vázquez, 15 Freire, 9 Saravia, 7 Iglesias e 12 Santiago.
Nesta categoría o importante é xogar partidos para aprender e coller experiencia. Con esta vitoria o Zalaeta colócase o fronte da CLASIFICACIÓN.
___________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________
O domingo 18, xogouse o partido correspondente a Xornada nº 7 da Liga Zonal Cadete Feminino Grupo A, entre os equipos Bertamirans FC Voleibol e CV Zalaeta B no Municipal de Bertamirans, con resultado 1-3, con parciais 25-16, 17-25, 17-25 e 22-25, sendo dirixido pola colexiada Sánchez Tallón, con una duración de 01 h 29 m. Adestradores, local Sánchez, e visitante, Díaz.
Bertamirans FC Voleibol: 10 Caamaño, 17 Suárez, 13 Costoya, 11 Ordoñez, 8 Mosquera, 9 Del Castaño, 7 Parada, 1 Rodriguez, 2 Pan, 13 Bostan e 14 Blanco.
Fisiomas Zalaeta: 6 Rivas, 2 Lois, 10 Conde, 1 Bermudez, 15 Regueira, 12 Villaverde, 13 Chao, 7 Arriaza A., 3 Arriaza N., 5 Vera, 8 Jáudenese 4 Ribeiro.
Partido moi igualado que comenzou gañando Bertamirans o 1ª set, pero a reacción e o xogo ordeado das de Zalaeta, déronlle ás visitantes os 2º e 3º set, para finalizar gañando tamén o derradeiro de xeito axustado. O próximo partido, na casa diante do Boiro, otro implicado na CLASIFICACIÓN co Zalaeta.
___________________________________________________________________________
VER FOTOS> |
A xornada para as xogadoras do Fisiomas Zalaeta de liga FEV, foi completa, xa que esta fin de seman tiñan un dobre enfrontamento, o sábado contra o CV Goldcar Sant Joan, no que saíron derrotadas despois dun apretado partido no que sen dúbida mereceron outro resultado, pero no “Tie Break” foron inferiores ás rivais. O partido finalizou 2-3, con parciais 25-23, 26-24, 25-27, 20-25 e 7-15.
O domingo visitaba a cancha coruñesa o Voley Ciutat Cide, que está a ser o equipo mais potente nesta 1º parte da liga, ocupa o primeiro posto da CLASIFICACIÓN con un partido menos, e viña de gañar en Vigo ó Teis por 0-3. Partido complicado que se resolveu favorablemente ó equipo visitante, tamén 0-3. O equipo de Jorge Barrero intentouno, pero non lle sairon ben as cousas, os fallos propios, tanto en recepción coma ó saque non lles permitiron remontar ante un equipo moi sólido, con moi boa defensa e un bon ataque, que continúa invicto e só cedeu un set.
Finaliza así una primeira volta que só deixa pendente un partido na casa. A seguinte xornada, o 14 de Xaneiro contra o Universitario de Guadalajara en Guadalajara.
DOMINGO 19/12/2011
VOLEIBOL / LIGA FEV FEMENINA
El Zalaeta se queda en blanco contra el Voley Ciutat Cide