VER FOTOS> |
Vitoria do Autos Rico UDC A sobre o CV Zalaeta B en partido disputado a partir das 20:30 do mércores 14, no Pavillón do Instituto que se saldou cun resultado de 2-3 para ás visitantes con parciais 26-24, 25-16, 22-25, 16-25 e 10-15. O encontro foi dirixido polos colexiados Borrás , Espasandín e Lago, e tivo unha duración de 01 h 52 m. Adestradores, local, Cueto e García de Dios, visitante, Ennes.
CV Zalaeta: 2 Paula, 17 Noa, 3 Lucia, 7 Susana, 8 Patri, 10 Jessy, 9 Rita, 6 Marta, 15 Andrea e 14 Tere.
Autos Rico UDC A: 3 Simón, 7 Piñeiro, 4 Gonzalez F., 9 Lago, 10 Gonzalez O., 5 Fernández, 8 Pérez, 2 Cobos, 1 Alcazar, 12 Prieto, 6 Amor e 11 Blanco.
CV Zalaeta: 2 Paula, 17 Noa, 3 Lucia, 7 Susana, 8 Patri, 10 Jessy, 9 Rita, 6 Marta, 15 Andrea e 14 Tere.
Autos Rico UDC A: 3 Simón, 7 Piñeiro, 4 Gonzalez F., 9 Lago, 10 Gonzalez O., 5 Fernández, 8 Pérez, 2 Cobos, 1 Alcazar, 12 Prieto, 6 Amor e 11 Blanco.
Comezaron moi ben o partido ás universitarias, cun parcial de 6-1 ante un Zalaeta con moitos fallos en recepción de saque e en defensa, e parecía que ían levar o set, pero pouco a pouco foi producíndose a reacción das xogadoras de Fernando e Asier que nun emocionante parcial lograron imporse finalmente 26-24. O 2º set foi claramente das locais, que corrixiron o fallos anteriores e retomaron o seu xogo de ataque para dominar o equipo contrario con seguridade e tamén o marcador. Cando todo parecía favorable ó Zalaeta, de novo a perda da concentración, provoca nas xogadoras un xogo inseguro con fallos que aproveita o UDC para remontar e levarse o parcial, asentándose na cancha e cunha gran defensa e bo xogo na rede conseguen gañar tamén un cuarto set, aproveitando as ocasións que cos seus fallos lle brindaban as xogadoras locais. Forzado así o “tie-break”, o Universitario resolveu ó seu favor o encontro, desbaratando o ataque das do instituto coa súa boa defensa.
Encontro emocionante ata o 5º set entre dous equipos que presentan as súas credenciais para gañar o título de liga, ambos os dous cun só partido perdido. De momento, provisionalmente, o Zalaeta encabeza a CLASIFICACIÓN.