/XORNADA 3/12/2011

XORNADA 3/12/2011

   Hoxe sábado 3 comenzou a xornada nº 6 de 1ª División Masculina na que se enfrentaron os equipos Mexillón de Ouro Vb Rianxo e Autos Cancela Zalaeta no municipal de Rianxo que se resolveu con un 3-2, con parciais 25-22, 25-20, 21-25, 16-25 e 15-5,  favorable os locais nun partido apretado no que o Zalaeta a punto estivo de dar a sorpresa. Comenzaron o encontro os de Rianxo moi forte poñéndose por diante no marcador e con un bo xogo na rede bloqueando o ataque dos coruñeses, que en este primeiro set tiveron a baixa por lesión do oposto Julián Piquín, pero que a pesar de elo, non deixaron de dar a cara para finalizar o set cun apretado 25-22. O segundo set foi un calco do primeiro, Rianxo seguía levando o ritmo do partido sin que o seu rival lograra impoñerse no marcador. A partir do 3º o Autos Cancela Zalaeta, que en este partido ven demostrando un xogo cada vez mais ordeado e eficaz, aproveita a entrada na cancha de Asier García, central recuperado da sua lesión e logra resolver ao seu favor facendo un gran xogo na rede que obriga o contrario a abrir mais o xogo para ser neutralizado por unha boa defensa.O cuarto set foi claramente do Zalaeta que se impuxo cómodamente a Rianxo para logo caer no “tie-break” por 15-5. Para o adestrador Angel Losada, ” foi un bon partido, marcado pola mala sorte da lesión de Julián, que logramos remontar con un xogo moi ordeado,  e un bo ataque no 3º e 4º set, pero no tie-break no soubemos superar un parcial de 5-0. O positivo, estes dous sets, e a incorporación de Asier e Miguel Angel”.
   Desexamos que a lesión Julián non revista importancia, e que pronto poida incorporarse os adestramentos.
TAGS: