/XORNADA 18-19/11/2011

XORNADA 18-19/11/2011

VER FOTOS>
   Hoxe vernes, ás 21:00,  celebrouse o partido correspondente a Xornada nº 7 de 2ª División A Feminina, entre os equipos Calasancias Coruña e CV Zalaeta B no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores. Foi dirixido polos colexiados Barrallo e Herrero e tivo unha duración de 01 h. e 35 m. Adestradores, local Rumbo e visitante Cueto. finalizou con resultado 1-3 con parciais 12-25, 11-25, 25-21 e 19-25.
   Calsancias Coruña: 1 Naveira, 3 Ferreiro, 18 Suero, 2 Trigo, 6 Afonso, 13 Crarga, 10 Morales e 16 Sánchez.
   CV Zalaeta: 2 Paula , 1 Paula M., 3 Lucía, 7 Susana, 11 Tere, 5 Sofi, 10 Jessy, 9 Rita, 8 Patri, 11 Amara e 15 Andrea.
   O partido comenzou con un Zalaeta moi forte, que combinaba moi ben a facía moito dano en ataque na defensa do equipo de Calasancias que non foi capaz de sair da presión  nos dous primeiros sets ante un equipo acostumado a gañar a ese ritmo e con un bon nivel de xogo. Pero no terceiro set, as do Instituto relaxáronse de mais e comenzaron a cometer fallos que foron ben aproveitados polas xogadoras de Calasancias que centraron o seu xogo, e con unha boa recepción e sen fallos comenzaron unha remontada moi ordeada, que se ben non lles costou o partido as de Zalaeta, si supuxo a perda da imbatibilidade na presente Liga. Con fallos na recepción e no saque, e con un ataque sen efectividade cederon o primeiro set da tempada ante un rival que aproveitou todalas oportunidades que lle deron para finalizar 25-21 e prantexarlle serios problemas ao lider tamén no 4º set, 19-25. Sufrida victoria do CV Zalaeta que lle permite continuar ao fronte da CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________

VER FOTOS>

    A xornada continuou o sábado
 co partido da Liga Zonal Cadetes Feminino Grupo A entre os equipos Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo e Fisomas Zalaeta no Municipal de Rianxo, dirixido polos colexiados Resua J. e Gómez M.A. tivo unha duración de 51 m .con un resultado de 3-0 e parciais 25-11, 25-18 e 25-10. Adestradores, local Matilla e visitante Noa Sánchez.
   Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo: 16 Coira, 15 Ordoñez R., 1 Fernández, 10 Piñeiro, 11 Cambeses,, 6 Ordoñez T., 2 Alcalde, 9 Fachado, 3 Calvo e 18 Ferreiros.
   Fisomas Zalaeta: 10 Helena, 1 Alejandra B., 13 Victoria, 6 Inés, 5 Alejandra V., 8 Celia, 7 Laura e 3 Natalia.
    O equipo local presentou na pista un conxunto ordeado  e con mais experiencia o que lle permitiu facerse co partido comodamente agás o 2º set no que as pupilas de Noa “presentaron mais resitencia, e puxeron en práctica o que aprenden nos adestramentos, e con menos fallos, puxeron en apretos ás de Rianxo ata case gañarlles o set. Seguimos aprendendo partido tras partido.” O próximo encontro, na casa diante o Narón Volea. 
   CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________

   O mesmo día, pero no Pavillón do Instituto, tivo lugar o encontro de Liga Galega Xuvenil Feminina correspondente á Xornada nº 6 entre os equipos Fisiomas Zalaeta  e CV Pontevedra con resultado favorable ás locais de 3-0, con parciais 25-21, 25-11 e 25-6. Comezou forte o equipo do Lérez, impoñéndose ó Zalaeta que tardou en reaccionar cometendo numerosos fallos que o rival soubo aproveitar, pero aínda así non conseguiron o set. A partir deste momento, as coruñesas centráronse no xogo e non deixaron en ningún intre que o Pontevedra se lles acercase no marcador, resolvendo o partido favorablemente e continuándo, provisionalmente, ao fronte da CLASIFICACIÓN. O próximo partido, derby coruñés contra Calasancias.
____________________________________________________________________________

   A continuación, xogábase o encontro de Liga Galega Cadete Feminina correspondente á 6ª Xornada entre o Fisomas Zalaeta e o IES Ames A con resultado de 3-0, con parciais de 25-19, 25-18 e 25-20. Encontro dirixido pola colexiada Laura Lago tivo unha duración de 01h. 10m. Adestradores, local F. Cueto e visitante Bouza.
   Fisiomas Zalaeta: 16 Andrea R., 3 Ana, 14 Laura, 7 Miluska, 1 Lucía, 3 Tabeayo, 9 Raquel, 13 Villaverde, 11 Paula e 19 Lydia.
  IES Ames A:16 Caamaño, 3 Baliñas, 1 Viano, 2 Sánchez, 7 Rodriguez F., 9 Rodriguez V., 18 Mas, 19 Santos e 12 Vaamonde. 
   Partido no que as xogadoras do IES Ames trataron de impoñerse ás locais, mostrando un bo saque e unha boa defensa, ademais de estar moi metidas no partido, pero todo isto  non foi suficiente para contrarrestar o xogo de ataque das coruñesas, que se impuxeron no partido. Desta forma acadan un cómodo cuarto posto na CLASIFICACIÓN. O próximo partido, derby local, contra Calasancias.
____________________________________________________________________________

  Nova derrota en 1ª División: Auria Vella Volei Ourense 3 Autos Cancela Zalaeta 1 (22-25, 25-15, 25-19 e 25-18); e tamén en categoría Xuvenil 3-0.
____________________________________________________________________________

 

   O sábado 19 xogouse en Ourense o partido de Liga Galega Xuvenil Masculina entre os equipos Auria Vella Volei Ourense e o Autos Cancela Zalaeta, dirixido polos colexiados Vázquez Cabano, Trillo Gonzalez e Martín Hernández con unha duración de 59 m. Adestradores, local, Yáñez e visitante J. Lendoiro. Resultado 3-0 con parciais de 25-14, 25-14 e 25-21.
    Auria Vella Volei Ourense:3 Prada, 13 Rabyer, 7 Soto, 8 Pardo, 2 De Francisco, 14 Méndez, 1 Conde e 18 Montes.
      Autos Cancela Zalaeta: 9 Espasandín, 7 García, 16 Martinez, 12 Fernández, 2 De La Viuda, 5 Gómez-Reino, 13 Gutierrez, 6 Muñiz e 15 Pérez.
   O partido foi claramente favorable ós locais que se impuxeron, gracias o seu xogo de ataque  con facilidade a un equipo coruñes floxo en case todalas facetas do xogo, e que só no 3º set foi quen de tratar de levantar o partido, 25-21, ofrecéndonos a mellor cara de este equipo en busca de asentarse na categoría. Para o adestrador Jorge Lendoiro, “acabamos sendo víctimas dos nosos propios erros, a falta de experiencia tradúcese en perda da concentración e fainos cometer demasiados erros non provocados. No 3º set atopamos a nosa liña de xogo, pero xa era tarde”.
   Partidos para adquirir experiencia e adestramento son vitais para manter a concentración e manter ese nivel de xogo mostrado no 3º set.
   CLASIFICACIÓN
____________________________________________________________________________
 
Cortesía de HOTEL CRUNIA.

TAGS: